"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Excrecencia rugosa en forma de bóla, orixinada pola presenza de himenópteros parasitos, que aparecen nas pólas tenras do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de cómic da autoría do humorista Xosé Lois publicado nos xornais La Región e Atlántico Diario, e no semanario A Nosa Terra. Trátase dun ser atemporal, que parte do enxebre para satirizar con ironía sutil asuntos moi modernos, cunha linguaxe chea de frases e modos actuais e acompañada de numerosos xogos lingüísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato de madeira consistente nunha roda dentada que bate cunha ou varias láminas e que produce un ruído moi característico, úsase nas igrexas na Semana Santa e tamén como xoguete para os nenos.

    2. Roda dentada de determinados mecanismos e ferramentas que unicamente permite que esta xire sempre na mesma dirección.

    3. Peza de ferro do muíño situada sobre o pau do rodicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Buque de gran tonelaxe que a partir do s XIII se destinou á carga e ao transporte de tropas. Era redondo e só navegaba a vela. Máis tarde foi provisto de artillería. A súa capacidade oscilaba entre as duascentas e as seiscentas toneladas; nos ss XVI e XVII os holandeses construírono de dúas mil toneladas para empregalo no tráfico coas Indias Orientais.

      2. Barco falto de calidade, lento ou moi vello.

      1. Vehículo lento e deteriorado.

      2. Obxecto ou aparato avariado e inútil.

    1. Persoa vella que goza de pouca saúde e ten moitos achaques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores boloñeses. A súa pintura caracterízase por un forte contido poético, que atopou a súa base na natureza e o seu instrumento no debuxo. Na súa obra son fundamentais a herdanza de Il Correggio, a contribución veneciana e a análise da arte de Raffaello Sanzio. Substituíron o simbolismo dos manieristas por unha alegoría de doada comprensión e fixaron e esquematizaron a iconografía da arte católica. Entre 1585 e 1588 fundaron a Accademia dei Desiderosi, chamada despois degli Incamminati. Ludovico Carracci (Boloña 1555 - 1619), pintor e gravador, foi discípulo de Próspero Fontana. Entre as súas obras destacan Martirio de santo Anxo (1598) e Predicación do Bautista (1592). O seu curmán, Agostino Carracci (Boloña 1557 - Parma 1602) foi gravador, pintor e poeta. Cultivou a pintura relixiosa plasmada en A derradeira comuñón de san Xerome (1592). O seu irmán, Annibale Carracci (Boloña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, na Comunidade Autónoma de Castela e León (3.533 h [1996]). Situado ao O de Ponferrada, está drenado polo río Cua. A economía local está baseada na agricultura e na gandería. Respecto á primeira, cultívanse cereais, froiteiras, legumes e hortalizas, ademais de vide. Deste último cultivo proceden as uvas empregadas na elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe do Bierzo. Tamén se elaboran licores e conservas de froitas. Con respecto á gandería, destacan os armentíos ovino, bovino e porcino. No termo municipal, concretamente no lugar de Carracedo del Monasterio, atópase o recinto do mosteiro de Santa María, cenobio beneditino fundado en 990 polo Rei Vermudo II baixo a advocación de San Salvador, que foi destruído polos musulmáns e posteriormente restaurado polo Emperador Afonso VII (1138), quen o doou aos monxes cistercienses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Camba pola dereita. Nace na vertente setentrional da Serra Seca, na parroquia de Carracedo da Serra, concello da Gudiña. Cun curso de dirección S-N, actúa de colector de varios regos que drenan a serra e penetra na parroquia de Fornelos de Fiollás, no concello de Viana do Bolo, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre o latín tardío carriceu (derivado do latín vulgar *cariceu) ‘carrizo ou cana silvestre dos pantanos’. Documéntase no século XIII: “Petrus Fernandez ditus Carracedo” (doc ano 1200 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 102).

    2. Liñaxe que trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun lobo andante de sable. Outra variante leva, en campo de prata, unha aspa de azul e xefe de azul con tres coxíns de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Gudiña baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arácnido da orde dos ácaros, de corpo aplanado e sen segmentación visible. Os adultos presentan catro pares de patas (nalgunhas especies só dous pares) e tres as larvas, e o cefalotórax ou o prosoma fusionado co abdome. Aínda que miden normalmente uns poucos milímetros, acadan os 3 cm logo de alimentarse debido á dilatación que sofre o seu corpo. Existen unhas 700 especies de carrachas que constitúen parasitos externos de anfibios, aves, mamíferos e réptiles, dos que obteñen sangue grazas aos quelíceros, propios dos arácnidos, que aparecen como pequenas coitelas coas que corta a epiderme, á vez que segregan substancias anticoagulantes. Respiran por traqueas con dous estigmas e presentan debaixo da boca unha estrutura alongada, ou hipóstoma, provista de pequenos garfos que suxeitan o animal ao hospedeiro. Portan no extremo das patas unhas pequenas ventosas. Algunhas especies, principalmente as que afectan ao gando doméstico, poden picar ao home e ser transmisoras de protozoos, ricketsias,...

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘faba’, ‘xudía’ e ‘feixón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carracha.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘botón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi membro fundador da Academia Literaria de Santiago de Compostela e colaborou na prensa galega da época como La Aurora de Galicia e El Idólatra de Galicia. Publicou, entre outras obras: El sensualismo considerado en sus relaciones ideológicas, morales y políticas (1842), Observaciones sobre el drama titulado “Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo Don Suero” (1842) e Observaciones sobre la doctrina de Macarel relativa a la libertad de cultos (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carga que leva ou pode levar un carro en cada viaxe que fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido artisticamente como David Carradine, conseguiu un dos seus maiores éxitos na serie de televisión Kung Fu (1972-1974). Traballou con directores de renome, como Ingmar Bergman ou Martin Scorsese, e realizou traballos como guionista, realizador, produtor e incluso, compositor de bandas sonoras. Interpretou, entre outras películas: Taggart (1964), The Serpent Egge (O ovo da serpe, 1978), Río abajo (1984), Bird on a Wire (Dous paxaros a tiro, 1990) e The Robinson’s New Adventure (As novas aventuras da familia Robinson, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Formouse na State University de Colorado. Pertence á saga familiar dos Carradine e estivo moi ligado aos círculos liberais de Broadway. Interpretou, entre outros filmes: A Gunfight (O gran duelo, 1971), Welcome to the L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), The Long Riders (Foraxidos de lenda, 1980), The Ballad of Sad Cafe (A balada do Sad Café, 1991) e A Thousand Acres (Douscentos acres, 1998). Gañou un Oscar á mellor canción pola longametraxe titulada Nashville (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como John Carradine, traballou xunto co director John Ford e fundou unha saga familiar de actores coñecidos a nivel mundial. Interpretou, entre outros filmes: The Sign of the Cross (O signo da cruz, 1932), The Garden of Allah (O xardín de Alá, 1936), Drums Along the Mohawk (Corazóns indomables, 1939), The Hound of the Baskervilles (O can dos Baskerville, 1939), The Grapes of Wrath (As uvas da ira, 1940), House of Dracula (A mansión de Drácula, 1945), The Adventures of Huckleberry Finn (As aventuras de Huckleberry Finn, 1960), The seven minutes (Os sete minutos, 1971), The Sentinel (A sentinela, 1977), Revenge (Vinganza, 1986) e Buried Alive (Enterrado vivo, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO