"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Manuel Gutiérrez Aragón, estudiou dirección na Escuela Oficial de Cinematografía. Debutou como realizador da man do produtor Elías Querejeta co filme Habla, mudita (1973). Escribiu todos os guións das súas películas e colaborou en moitos outros. En 1993 foi elixido presidente da Sociedad General de Autores de España. Dentro da súa filmografía destacan as películas Camada negra (1977), Sonámbulos (1978), El corazón del bosque (1978), Maravillas (1980), Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986), Cosas que dejé en La Habana (1997), Visionarios (2001) e La vida que te espera (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Viviu en Santander desde 1909 ata 1917, data na que regresou a Madrid. Realizou a súa primeira mostra individual no Museo de Arte Moderno de Madrid (1927). Participou na mostra colectiva de arte española do Jeu de Paume (1936) e no pavillón da República na Exposición de París de 1937. Durante a Guerra Civil viviu na casa da cultura establecida polo goberno republicano en València. A súa obra é un testemuño dos ambientes populares que coñeceu a través das súas viaxes por España. Froito desta afección foron os seus libros de viaxes Madrid. Escenas y costumbres (1913), do que realizou unha segunda parte en 1918, La España negra (1920), Dos pueblos de Castilla (1924), e a novela Florencio Cornejo (1926). O seu expresionismo caracterizouse pola forza interior e pola intensidade vital dos personaxes. Das súas obras destacan Los caídos (1915), La tertulia de Pombo (1920), La vuelta de la pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Físico. Foi profesor da Escola Politécnica Superior do exército, director de asuntos xerais do Centro de Estudios Técnicos de Materiais Especiais, director de calidade na Empresa Nacional Santa Bárbara, vogal da comisión de normalización de certificación (AENOR) e vogal da sección de Defensa da Asociación Española para a Calidade. Ten varias obras, entre elas Dibuxo técnico (teoría e problemas), Tecnoloxía do metal e diversos artigos en revistas e congresos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante do PCE (1966-1991), foi elixido secretario xeral de CC OO no IV congreso confederal (1987), cargo no que permaneceu ata o ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión meridional de Luxemburgo, no macizo das Ardenas (1.758 km2). Atravesada polo río Alzette, ao SL hai un sector un pouco montañoso aberto sobre o gran val do Mosela, que limita con Alemaña. Posúe cultivos intensivos hortofrutícolas, florais e de viticultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do NL de América do Sur, que limita ao N co Océano Atlántico, ao L con Suriname, ao S e SO con Brasil e ao O con Venezuela (215.083 km2; 865.000 h [estim 2001]). A capital é Georgetown.
    Xeografía
    Situada sobre o macizo paleozoico da Güiana, ofrece un relevo que se eleva suavemente cara ao límite con Brasil e Venezuela. Ao S, outro macizo granítico elévase a 1.500 m de altitude na Serra de Acarí, fronteiriza con Brasil. De clima ecuatorial, a superficie que se dedica á agricultura é unha mínima franxa costeira, que pola fertilidade dos aluvións, obtén boas colleitas de raíces e tubérculos, hortalizas e froita; pero, sobre todo, produce cana de azucre, e arroz nos deltas. O bosque cobre máis das tres cuartas partes do territorio, pero só unha cuarta parte é accesible por río. A pesca satisfai as necesidades internas e incluso permite a exportación de gambas. O subsolo é particularmente rico en bauxita, ouro e diamantes. Tamén hai xacementos de cobre, molibdeno,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento francés de ultramar situado ao NL de América do Sur, que ocupa unha parte do macizo da Güiana (83.534 km2; 157.213 h [1999]). A capital é Cayenne (50.594 h [1999]). Ten un clima ecuatorial moi marcado. A maior parte do territorio está cuberto pola selva ecuatorial (88%). A poboación, distribuída moi desigualmente, é sobre todo mestiza e fala linguas caribes, como o wayana, o wayampí e o kari’nya, e o francés, a lingua oficial. As principais producións agrícolas son a cana de azucre, o café, o cacao, o millo, o tabaco, a mandioca e os plátanos. A riqueza mineira céntrase no ouro e na bauxita. A capital é famosa polo seu penal. Colonizada desde 1604, a industria do azucre foi a base da economía, pero despois dunha etapa moi próspera (1827-1846) sufriu unha recesión pola abolición da escravitude (1849). En 1855 descubríronse xacementos de ouro. Transformouse en departamento de ultramar francés en 1949. O goberno está formado por un prefecto ou gobernador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante francés. Loitou en Grecia (1823) e en Francia converteuse en oficial de dragóns (1830). Foi cronista gráfico e correspondente de Illustrated London News. Converteuse en cronista da alta sociedade e cultivou a acuarela e a augada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe visigoda. Posiblemente veña do gótico gods ‘bo’ e de manna ‘home’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre castelá orixinaria de Guzmán (Burgos). As súas orixes remóntanse a Ordoño I de Asturias, quen casou coa herdeira do castelo de Guzmán e tivo como neto a Rui Núñez de Guzmán (s XII), magnate da corte de Afonso VIII. No medievo, destacaron, entre outros membros, san Domingos de Guzmán e Leonor de Guzmán y Ponce de León (1311-1350), amante de Afonso XI, co que tivo dous fillos que iniciaron a dinastía ilexítima dos Trastámara e a liña dos Pérez de Guzmán. Entre os Pérez de Guzmán destacaron Fernán Pérez de Guzmán y de Ayala (?-1460), autor de Mar de Historias e de Generaciones y semblanzas, e Alonso Pérez de Guzmán , o Bo. Este alcume pasou posteriormente como apelido aos descendentes na liña dos duques de Niebla e Medina Sidonia, entre os que destacaron Alonso Pérez de Guzmán   y de Sotomayor , Enrique de Guzmán y Conchillos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, diplomático e escritor, segundo marqués de La Mina, grande de España, conde de Pezuela de Torres e cabaleiro das ordes de Calatrava e do Vélaro de Ouro. Loitou na Guerra de Sucesión a favor de Filipe V, participou nas expedicións de Sardeña e Sicilia (1717-1720) e na toma de Orán (1732). Embaixador en París, foi nomeado en 1742 capitán xeneral de Catalunya. Foi ademais autor, entre outras obras, de Máximas para la guerra (1767) e Memorias sobre la guerra de Cerdeña y Sicilia en los años 1717 a 1720 y guerra de Lombardía en los de 1734 a 1736 (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, diplomático e militar, segundo conde de Olivares, fillo de Pedro de Guzmán y Zúñiga. Ao servizo de Carlos I, acompañou ao futuro Filipe II na embaixada a Inglaterra que concretou o casamento do infante con María I de Inglaterra (1554). Participou na Batalla de Saint-Quentin (1557) e foi embaixador en Roma (1582-1590) e vicerrei de Sicilia (1591-1594) e Nápoles (1595-1599). De volta a Madrid, foi membro dos consellos de Estado e de Guerra e presidente da Cámara de Contas de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Medina de Torres (1626-1668) e marqués de Toral. En 1625 casou con María de Guzmán, filla do conde-duque de Olivares, o que o converteu en protexido deste. Foi tesoureiro do consello de Aragón, presidente do consello de Italia e vicerrei de Nápoles (1637-1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe IV (1623-1643), terceiro conde de Olivares (1607-1645), duque de Sanlúcar de Barrameda e grande de España, fillo de Enrique de Guzmán y Conchillos. Coñecido como conde-duque de Olivares, estudiou dereito na Universidad de Salamanca. Elixido xentilhome da cámara do príncipe (1615), ocupou trala subida ao trono de Filipe IV os cargos de sumiller de corps (1621) e cabaleirizo maior (1622), antes de se converter, trala morte do seu tío e protector Baltasar de Zúñiga, en valido do rei. Malia intitularse conselleiro real, presidiu todos os consellos e xuntas de Estado e creou unha ampla rede de favores, mediante o reparto de distincións sociais e recompensas económicas, o que lle permitiu acabar con posibles competidores. Herdeiro ideolóxico do arbitrismo e da tradición imperial, concibiu un programa político baseado en manter a hexemonía dos Habsburgo hispánicos en Europa, para o que era necesario unha serie de reformas. A súa política reformista, recollida no Memorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista mexicano. Membro da Academia de la Lengua Mexicana, os seus discursos recolléronse en Tradición, Independencia, Libertad (1959). Entre outras obras publicou El águila y la serpiente (1928) e La sombra del caudillo (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Converteuse no cronista cinematográfico do goberno de Unidad Popular, con documentais como El primer año (1972), La respuesta de octubre (1973) e a triloxía La batalla de Chile (1975-1979). Tamén dirixiu Chile, la memoria obstinada (1997) e El caso Pinochet (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Acerbaixán, situada á beira do río G’andžčaj, afluente do Kura (282.200 h [1991]). Segundo centro industrial e cultural do país, despois de Bakú. Ten unha industria téxtil moi desenvolvida, con fábricas de aparatos de precisión, de aluminio e de porcelana. Fundada no s VI, estivo baixo dominio persa desde o s XVII ata a conquista rusa (1804), cando pasou a denominarse Elisabetspol. Trala Revolución Rusa recuperou o seu primitivo nome, pero en 1935 este cambiouse por Kirovabad en memoria de S. M. Kirov. Dende 1991 volveu ser coñecida por Gyandzha. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da tumba do poeta Nizami (s XII) e a mesquita de Abbas (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da Siberia Occidental, Rusia. Predominantemente plana, está formada por sedimentos cuaternarios. O clima é ártico. Cuberta case totalmente por mofos e liques, no extremo N está ocupada pola tundra ártica, e ao S existe un bosque-tundra foliácea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam, creada en 1991 a partir da provincia de Ha Tuyen (7.831 km2; 520.400 h [estim 1993]). A súa capital é Ha Giang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelisz.

    VER O DETALLE DO TERMO