"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico holandés. Destacou no campo da física de baixas temperaturas (crioxenia), e fixo estudios da supercondutividade e sobre o magnetismo. En 1947 acadou a temperatura de 0,002 K mediante a desimantación de sales paramagnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital de Cuba e da provincia homónima, situada no NO da illa, na costa do estreito que une a badía de La Habana co mar (2.189.716 h [1999]). A súa expansión demográfica comezou no s XIX cos colonos españois emigrados desde outros países hispanoamericanos; sen embargo, ata o triunfo da Revolución Cubana, o desenvolvemento urbano da cidade foi totalmente espontáneo e non se guiou por unha planificación consciente. Trátase dun núcleo industrial importante e as manufacturas de tabaco e as refinerías de azucre constitúen a principal actividade. O seu porto é o máis importante do país, e tamén destacan as refinerías de petróleo, as industrias químicas, os estaleiros e a industria papeleira. Fundada en 1514, converteuse na cidade principal de Cuba. Porto clave para o tráfico comercial entre América e a Península Ibérica, foi ocupado polos ingleses (1762-1763). Tralo estoupido do navío estadounidense Maine no seu porto (1898), EE UU declaroulle a guerra a España e fíxose co control da illa. Desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (5.731 km2; 2.900.000 h [estim 1998]). A capital é La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a La Habana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza e canción de aire crioulo antillano, de ritmo lento e compás de 6/8. Adoita estar acompañada de diferentes instrumentos de percusión. Sebastián Iradier escribiu moitas habaneras de tipo popular, como La Paloma e El arreglito. Foi adaptada á Península Ibérica desde mediados do s XIX. Celébranse festivais de habaneras en diferentes lugares da Costa Brava e en Torrevieja. Incorporárona á música culta Saint-Saéns, Bizet, Albéniz e Montsalvatge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cigarro puro elaborado en Cuba con follas de tabaco do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que habita nunha casa, nunha localidade ou territorio.

    2. Que habitan nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación literaria e cultural editada na Coruña a partir do outono de 1984. Cesou en 1985 (nº5). Subtitulouse “Revista de criazón e ensaio”. Coordinada polo colectivo homónimo, incluíu colaboracións poéticas, un relato por entregas e varias pezas dramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Gene Hackman, empezou a súa carreira no teatro, pero o seu éxito chegou con The French Connection (Oscar ao mellor actor 1971), Scarecrow (1973) e The Conversation (1974). A partir de aquí protagonizou moitas películas, como Night Moves (1975), Bite the Bullet (1975), Under Fire (1983), Mississippi Burning (1988), Another Woman (1988), Class Action (1991), Unforgiven (1992, Oscar ao mellor actor secundario 1993), The Birdcage (1996) e Runaway Jury (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón (166.512 h [1997]). Situada ao SO de Toquio, forma parte da súa aglomeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das amarilidáceas. Son plantas herbáceas bulbosas con follas estreitadas nun pecíolo curto, onduladas e carnosas de 15 a 25 cm e dunha cor verde brillante, teñen seis nervacións situadas a cada un dos lados do nervio principal; inflorescencias en forma de umbela, sostidas por grosos escapos dunha coloración que vai desde o escarlata ao branco. Proceden de África meridional e plántanse en tarros e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización paramilitar dos xudeus en Palestina antes da creación do Estado de Israel. Comezou a funcionar en 1917 para defender os asentamentos xudeus dos ataques árabes e constituíu o primeiro núcleo do exército regular de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Estudiou medicina, química e mineraloxía. Fundador da homeopatía, descubriu que todos os medicamentos eran hidrosolubilizables por frega (suspensión coloidal). Na epidemia de cólera de 1831 foi o primeiro en describir a causa como unha pequena estrutura vivente, e introduciu o tratamento antiséptico para combatela. Descubriu, xunto con outros homeópatas, a utilidade dos sales inorgánicos para a recuperación da saúde. Publicou Fragmenta de viribus medicamentorum positivis (1805), Reine Arzneimittellehre (1811-1820) e Die Kronische Krankheiten, ihre eigentümlige Natur und Heilung (1828-1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado por Austria, Holanda e Inglaterra en setembro de 1701, ao que en 1703 se uniron Portugal e o Ducado de Savoia, co fin de impedir o acceso de Filipe de Anjou ao trono dos reinos hispánicos para o que apoiaron a candidatura do arquiduque Carlos de Habsburgo. A intervención militar produciuse en 1702 no marco da Guerra de Sucesión Española (1702 - 1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Haia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Haia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxas de interferencia orixinadas ao incidir un feixe diverxente sobre unha película de dieléctrico. Teñen a mesma inclinación e obsérvanse en láminas transparentes de caras paralelas. Recibe o nome do seu descubridor, Wilhelm von Haidinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político estadounidense. Foi conselleiro militar da presidencia de EE UU (1973-1974), comandante en xefe da OTAN (1974-1979) e secretario de estado (1980-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia insular de China, na rexión do Centro-Sur (34.000 km2; 7.870.000 h [estim 1999]). A súa capital é Haikou (280.153 h [2000]). Está separada da península de Liuzhou polo estreito de Qiongzhou. O centro e o S, de montañas de granito, están ocupados polos hakka e os maios e a rexión costeira e o N por chineses (2/3 da poboación). A súa economía baséase en explotacións forestais, xacementos de ferro, ouro, estaño e uranio, e cultivos de arroz, caucho, azucre, tabaco, ananás, café e té.

    VER O DETALLE DO TERMO