"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de manganeso, de fórmula Mn3O4. Cristaliza no sistema tetragonal. Presenta exfoliación perfecta, é de cor marrón ou negra e brillo graxo. Ten dureza 5,5 e peso específico 4,83-4,85.
-
PERSOEIRO
Reformista alemán. Coñecido como Johannes Oecolampadius, adheriuse ás proclamas luteranas, pero en 1520 abandonou a Lutero e entrou nun mosteiro, do que saíu en 1522 e volveu de novo cos reformistas. Afianzou a Reforma en Basilea e en Berna. En Marburg (1529) defendeu a doutrina eucarística de Zwingli.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Coñecido como o barón Haussman, foi prefecto do departamento de Seine (1853-1869) e encargou os traballos da reestruturación urbanística de París: un esquema circular próximo ao urbanismo barroco, que satisfixo as necesidades hixiénicas e de orde pública. Intuíu a necesidade dun poder público forte para organizar as cidades modernas e as súas propostas influíron na formulación urbanística do resto de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e poeta. Fundou con R. Huelsenbeck o movemento dadá de Berlín e editou a revista Du Dada (1919). Creou a fotomontaxe, coa que procuraba unha reacción fragmentaria do espectador. A súa semellanza Cabeza de Madeira (1918) converteuse nun dos principais emblemas do dadaísmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés. Coñecido como Leclerc, foi xefe do Estado Maior da infantería (1939), capturárono os alemáns pero evadiuse e fuxiu a Reino Unido. Reorganizou as tropas francesas en África Ecuatorial e reconquistou sucesivamente Camerún e Chad (1942). Ascendeu a xeneral de brigada e integrouse nas forzas de Montgomery que loitaban no N de África. En 1944 dirixiu a segunda division blindada no desembarco de Normandie e liberou París en agosto dese ano. Foi comandante xeneral das tropas francesas en Indochina (1945) e inspector das forzas francesas en África do N (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro estado e idade do Cretáceo inferior, situado sobre o Valanginia e baixo o Barremia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Hauteriviano.
-
CIDADES
Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra (116.300 h [estim 1989]). Situada ao NL de Portsmouth, é un centro agrícola e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico alemán. Investigador de física e química, foi condenado a morte en 1943 polo réxime nazi, pero aprazaron a súa execución para aproveitar as súas investigacións. Comunista, interesouse polo aspecto humanista do marxismo. Escribiu Dialektik ohne Dogma (Dialéctica sen dogma, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Geoffrey De Havilland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Olivia De Havilland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alta presión de orixe dinámica situada ao NO do Oceáno Pacífico, sobre o arquipélago das Hawaii.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Hawaii ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Hawaii.
-
-
Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións sen explosións e pola emanación de lavas moi fluídas que orixinan un cono volcánico de pendente moi feble e de decenas de quilómetros de diámetro.
-
-
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Göttingen. Foi profesor de química nas de St. Andrews (1912), Durham (1920) e Birmingham (1925). Estudiou a estrutura molecular de diversas moléculas coma a glicosa, a celulosa ou o glicóxeno. Determinou a constitución da vitamina C e sintetizouna por primeira vez no 1934, e deulle o nome de ácido ascórbico. Entre as súas obras destaca The constitution of sugars (1929). Compartiu o Premio Nobel de Química (1937) con P. Karrer, polos seus descubrimentos sobre a estrutura dos glícidos e a vitamina C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Gracias a amizades do mundo musical vienés (Gluck, Metastasio e o seu mestre N. Porpora) foi aceptado como director da orquestra privada do conde Morzin (1759-1761), para a que escribiu as primeiras sinfonías. Cando se desfixo a orquestra, pasou ao servizo de Pál Antal Esterházy de Galántha (1761) e, ao ano seguinte, ao do seu irmán e herdeiro Miklós Jószaf, que o nomeou kapellmeister (1766) da súa orquestra privada, unha das mellores de Europa. Isto permitiulle compoñer obras de dimensións pouco usuais na época e óperas. Tamén compuxo música eclesiástica, como o Stabat Mater (1767) e a Missa Sanctae Ceciliae (1773). Especialmente importante é o gran número de sinfonías deste período, nas que se quixo ver o antecedente do movemento Sturm und Drang. Os cuartetos de corda acadaron xa cos do opus 20 un alto grao de perfección, ata o punto de que se ben non foi o creador do cuarteto, si un dos seus máximos impulsores. Convidado por J....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e físico árabe. Coñecido en Occidente como Alhazen, no seu tratado de óptica describiu o ollo cunha grande exactitude. Desenvolveu a idea de que os raios rectilíneos emanaban de cada un dos puntos dunha superficie iluminada, sendo o globo ocular un receptor. Trasladouse a Exipto, chamado polo Califa Hakim, onde propuxo un sistema para regular as enchentes do Nilo, que non funcionou. É autor de numerosas obras en distintos campos das ciencias, moitas delas perdidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edythe Marrener.
-
PERSOEIRO
Historiador hispanoárabe. É autor do Muqtabis, colección de textos historiográficos, e da crónica al-Matīn, conservada parcialmente na Daẖira de ibn Bassām e considerada a primeira obra histórica andalusí.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Desenvolveu o seu labor docente na Harvard University (1984) e foi catedrático de Poesía na Oxford University (1989-1994). A súa obra, moi influenciada pola situación política e social que vive Irlanda do Norte, contextualízase nos mesmos espacios físicos da súa infancia, tal e como se reflicte en North (1975). Da súa obra tamén destacan Death of a naturalist (1966), Isola stazione (1984), The Haw Lantern (1987) e The Government of the Tongue (1988). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e editor estadounidense. Influíu na política nacional a través dunha cadea de xornais, revistas e axencias de información, sobre todo a partir da adquisición do Morning Journal en 1895. Explotou as novas técnicas gráficas e os temas políticos sensacionalistas. Orson Welles inspirouse nel para crear o seu filme Citizen Kane (1941).
VER O DETALLE DO TERMO