"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que ten carácter hebreo.

    2. Que ou quen practica a relixión xudía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Desenvolveu teorías e métodos de análise de datos estatísticos aplicables non só á economía senón tamén a outras ciencias sociais. Obtivo o Premio Nobel de Economía en 2000 xunto con D. McFadden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, sobriño do Cardeal Richelieu. Coñecido co pseudónimo de abbé d’Aubignac. Escribiu Pratique du théâtre (1657), onde define a traxedia neoclásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou na Falange Española (FE) en 1934 e participou nos preparativos do Alzamento de 1936, organizando a rebelión en Galicia. Nomeado xefe nacional da FE trala morte de J. A. Primo de Rivera, opúxose ao Decreto de Unificación cos tradicionalistas, asinado por Franco en abril de 1937. Foi detido e encarcerado (1937-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudiou Física na universidade de Berkeley onde se doutorou en 1961. Exerceu de profesor nas universidades de Santa Barbara, onde foi director do Instituto de Polímeros, e de Utah. En 1976 colaborou cos químicos A. Mcmiarmid e o xaponés H. Shirakawa nas investigacións con polímeros, descubrindo os polímeros condutores. Observaron que ao mesturalos con iodo se obtiña un polímero metálico, ríxido e cunha condutividade eléctrica similar á dos metais condutores. Este descubrimento ten importantes aplicacións na tecnoloxía da información, pois é o fundamento de compoñentes electrónicos formados por moléculas individuais. Recibiron o Premio Nobel de Química en 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. En Italia (1532-1536) asimilou o manierismo da escola romana, e en Haarlem, desde 1637, executou cartóns para tapices e vidreiras, e pintou retratos e naturezas mortas. Destaca o Retablo da Paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Audrey Hepburn, obtivo un Oscar en 1953 por Roman Holiday. Participou en numerosos filmes, dos que destacan, Sabrina (1954), War and Peace (1956), Breakfast at Tiffany’s (1961), My Fair Lady (1964), Two for the Road (1966) ou Always (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Heilongjiang, China, situada ao S dos Lasser Khingan (522.747 h [1990]). É un dos principais centros carboníferos do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica derivada do sistema hegeliano e que tivo unha influencia moi diversa posteriormente. Os discípulos de G. W. F. Hegel, continuadores das súas ideas e métodos, dividíronse entre unha dereita de tipo teísta, na que destacaron pensadores como Göschel e Daub; unha esquerda ateísta representada, entre outros, por A. Ruge, B. Bauer, L.A. Feuerbach e D. F. Strauss; e unha postura media entre ambas as dúas liderada por J. E. Erdmann, K. Fischer e J. K. F. Rosenkranz. Nun principio K. Marx simpatizou cos hegelianos da esquerda e, aínda que acabou polemizando con eles ao limitar a actividade crítica ao campo teórico, conservou de Hegel o método dialéctico. A publicación a comezos do s XX dos Escritos de xuventude de Hegel desencadeou en Alemaña e Italia un renacemento das súas doutrinas. En Italia o idealismo hegeliano estivo representado por B. Croce e M. G. Gentile, e en Alemaña por R. Kroner, S. Mark e A. Liebert. Cómpre destacar tamén a presenza das ideas hegelianas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a G. W. F. Hegel, á súa obra e aos seus seguidores.

    2. Que ou quen é partidario do hegelianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome chinés do río   Amur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China (453.300 km2; 36.890.000 h [2000]). A capital é Harbin. Está situado ao NL do país, na antiga Manchuria. O clima é continental. Nas zonas montañosas do SL e o NO dominan os bosques. A parte L e NL e os vales do Amur e do Songhua Jiang están dedicados aos cultivos (trigo, arroz e soia). Hai carbón preto de Jiamusi e Kisi, ouro ao N e petróleo e refinerías en Dajing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista alemán. Na liña do Sturm und Drang, escribiu Läidon oder die eleusinischen Geheimnisse (Laidón ou os misterios de Eleusis, 1774), Ardinghello und die glückseligen Inseln (Ardinghello e as illas afortunadas, 1787) e Hildegard von Hohenthal (1795-1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista neerlandés. Gran pensionario de Holanda (1689-1720), sostivo a política antifrancesa de Guillerme III de Inglaterra. Destacado promotor da Alianza da Haia (1701) contra Francia e España, á morte de Guillerme III (1702) asumiu o poder real holandés. Os sacrificios bélicos, non compensados polos termos dos tratados de paz de Utrecht e Rastatt (1713-1714) acabárono desacreditando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana. De nome Flavia Iulia Helena, foi concubina de Constancio I Cloro e nai de Constantino I o Grande. En 313 converteuse ao cristianismo, seguíu ao emperador a Palestina para buscar alí as reliquias de Cristo e ordenou a construción de basílicas en Roma, Constantinopla e Terra Santa. O seu fillo concedeulle o título de Augusta e gravou o nome dela nas moedas. Segundo a lenda, atopou a cruz de Cristo. Na iconografía viste como emperatriz romana con coroa real na cabeza, ou como as matronas romanas, con toucas mouras ou vestiduras de monxa, e leva como atributos persoais unha gran cruz, unha coroa de espiños e os tres cravos. É titular dunha parroquia e a súa festividade celébrase o 18 de agosto, e na Igrexa Bizantina o 21 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que heleniza.

    2. Que ten características gregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas pertencente á familia das cistáceas. Presenta complexidade por englobar moitas especies e gran número de híbridos interespecíficos. Presentan base leñosa, follas opostas de pequeno tamaño e flores pentámeras dispostas en acios, normalmente de color amarela, os froitos son casulos trivalvos. Destacan as especies H. ledifolium, H. hirtum, H. apenninum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, cultivadas ou adventicias pertencente á familia das compostas. Presenta follas opostas e xeralmente simples sen lanuxe, capítulos ligulados e pequenas flores estériles. Son orixinarias de Norte e Centroamérica. As especies máis relevantes son H. annus, xirasol, e H. tuberousus, alcachofa de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia colorante que se presenta en forma de cristais alaranxados. Emprégase como indicador de valoración ácido-base e tamén na estampación e na tinguidura de fibras téxtiles. Tamén se coñece como laranxa de metilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizado durante a persecución dos vándalos. A súa festivida de celébrase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO