"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Antropónimo feminino que vén do xermánico irmin ‘grande, poderoso’, epíteto do deus xermano Tiwaz ou Ziu. É unha das variantes italianas de Herminia. Santa Irma ou Irmina, fundadora da abadía bieita de Echternach, celébrase o 24 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.

      2. Parente colateral de segundo grao civil. Segundo o dereito tradicional, os irmáns só teñen dereito á lexítima a falta de descendentes e de ascendentes, se o irmán defunto os declarara persona turpis, aínda que esta particularidade desapareceu actualmente.

      3. irmán bastardo

        Fillo natural respecto ao lexítimo.

      4. irmán carnal

        Respecto a outra persoa, fillo dos mesmos pai e nai.

      5. irmán consanguíneo

        Respecto a outra persoa, fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente.

      6. irmán de leite

        Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.

      7. irmán uterino

        Respecto a outra persoa, fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente.

      8. medio irmán [cast: hermanastro, -tra; ingl: stepbrother, stepsister]

        Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.

    1. Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.

    2. Asociación de persoas vinculadas por un labor, unhas ideas, etc, comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.

    3. Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais. Apareceron a finais do s XII, pero non adquiriron importancia ata finais dos ss XIV e XV, como consecuencia das guerras civís que debilitaron o poder público. Destacaron as de Toledo (1300), formada para perseguir bandoleiros; Segovia, impulsada e regulamentada por Enrique IV de Castela (1473); e a do Cantábrico, constituída a finais do s XIII, que administraba e gobernaba libremente as poboacións asociadas, ata o punto de que chegou a adquirir unha notable independencia respecto da coroa e a manter relacións directas con Inglaterra e Francia. Os Reis Católicos crearon a Santa Hermandad, a imaxe destas, que participou na Guerra de Granada e que foi perdendo as súas atribucións ata que desapareceu no s XVII. En Galicia constituíuse en 1458 a Irmandade Galega, formada polos...

      1. Confraría de carácter piadoso.

      2. Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas gracias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Caracas a partir de marzo de 1965. Subtitulouse “Boletín mensual de la Hermandad Gallega”. Dirixiuna inicialmente Celso E. Ferreiro, que en 1968 foi substituído por Gabriel Arcos. Voceira da Hermandad Gallega venezolana -que integraba o Centro Galego, a Casa de Galicia e o Lar Galego-, contou coa colaboración de destacados escritores galegos. Entre finais de 1970 e 1976 atravesou unha segunda etapa, que se interrompeu ata 1983, ano en que saíu como “Revista trimestral da Irmandade Galega de Venezuela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade cuadrimestral editada en Xenebra a partir de 1977. Exerceu como voceira da Irmandade Galega en Suíza. Ademais da información societaria, incluíu diversos traballos de carácter cultural nas seccións “Follas culturais do noso pobo” e “Voces na cultura galega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardóns outorgados pola Federación de Libreiros de Galicia, nos que se recoñece o labor realizado en favor do libro, a lectura e a cultura galega. Anualmente distínguense diferentes premios dirixidos ao autor, ao mellor libro galego, a un centro de ensino, a un medio de comunicación e a un libreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou un sector das Irmandades da Fala, dirixido por Vicente Risco na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos (1922). Publicou o boletín Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación galeguista que naceu a partir dunha reunión celebrada nos salóns da Real Academia Galega na Coruña o 18 de maio de 1916, convocada por Antón Villar Ponte. Os seus antecedentes foron as actividades dun grupo de galegos residentes en Madrid, que promoveron a revista Estudios Gallegos, e a publicación de Nacionalismo gallego: nuestra afirmación regional (1906), de Antón Villar Ponte, na que chamaba á creación dunha organización que defendese a lingua galega e o espallamento do seu uso. A esta primeira reunión asistiron Ramón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire, César Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Rodrigo Sanz López e Francisco Tettamancy, entre outros. Nela aprobáronse uns estatutos nos que se sinalaban dous órganos de goberno colexiados, a Xunta Xeral e o Consello, e elixiuse como primeiro conselleiro a Antón Villar Ponte. Pouco despois, o 28 de maio, fundouse a Irmandade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Luís Porteiro Garea e na que xa se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer unha alianza de amizade entre unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.

    2. Facer compatible unha cousa con outra de forma harmónica.

    3. Unirse por vínculos fraternais unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.

    4. Conciliarse dúas cousas de forma harmónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento antiseñorial que tivo lugar en Galicia no s XIV. Desenvolveuse no contexto da crise xeral da Baixa Idade Media, en especial pola excesiva señorialización do medio agrario e a situación política de anarquía da Coroa de Castela. As orixes do conflito atópanse na loita dinástica entre Pedro I e Enrique de Trastámara e a vitoria deste, que recompensou os nobres que o apoiaran con importantes mercedes e creou en Galicia unha nova nobreza, de orixe foránea, que asumiu os cargos de poder. O abuso do poder dos señores e a débil situación socioeconómica, provocada polas malas colleitas e as consecuencias da Peste Negra, provocaron o levantamento de labregos, artesáns e comerciantes. Antes do levantamento de 1431 producíranse movementos antiseñoriais dirixidos, principalmente, contra o señorío eclesiástico. En 1422, ante a ausencia de Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela, un grupo de artesáns e cabaleiros iniciou unha revolta coa finalidade de converter a vila nunha cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás Guerras Irmandiñas.

    2. Cada un dos membros das diversas irmandades creadas en Galicia ao longo da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1934. Cesou a súa edición o 1 de xaneiro de 1936. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rosgal. Voceiro da Irmandade Galeguista do Uruguay e relacionada co Partido Galeguista, incluíu información política de orientación nacionalista. Colaboraron nela destacados políticos e escritores, como Alexandre Bóveda e Afonso Castelao. Na súa segunda época, entre xuño de 1958 e xuño de 1961, foi dirixida por Xosé L. Villaverde e Miguel V. Valiño e seguiu os mesmos postulados políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en Bos Aires a partir do 1 de agosto de 1990. Editado pola Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina e dirixida por José M. Romero, incluíu, ademais de información de carácter societario, artigos sobre o Día das Letras Galegas e referencias a persoeiros da cultura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Igrexa evanxélica nacida en Plymouth en 1830 para tentar reunir membros de diversas confesións protestantes. Foron os seus dirixentes o pastor anglicano John N. Darby e o filántropo George Muller. En breve producíronse as primeiras divisións: Darby encabezou os exclusivistas ou pechados, que rexeitaban toda relación con outras confesións evanxélicas e coa práctica do bautismo dos nenos; mentres que os abertos, entre os que figuraba Muller, bautizaban por inmersión os crentes adultos, colaboraban cos protestantes doutras confesións e destacaban polo seu entusiasmo misioneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘irmán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode reformar.

    VER O DETALLE DO TERMO