"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Pertencente ou relativo a Xeusalén ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Xerusalén.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo. Catedrático da Ciencia na Universidade Autónoma de Madrid, centrou os seus estudios en temas de semiótica, de lingüística e de epistemoloxía da linguaxe, para despois elaborar unha teoría filosófica do significado, o que implicou tratar o problema das relacións que ten a linguaxe coa lóxica, coa realidade e co suxeito falante. Ocupouse dos problemas das relacións entre a ideoloxía e a linguaxe. Explicou que é posible chegar a modificar as reglas do sistema da fala, semánticas, sintácticas ou morfofonémicas, por medio dunha práctica desviada suficientemente prolongada. Escribiu Problemas del análisis del lenguaje moral (1970), Principios de Filosofía del Lenguaje (1986) e Siginificado y verdad: ensayos de semántica filosófica (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Escocia e división administrativa do Reino Unido (25.783 km2; 208.600 h [estim 2000]). Comprende a zona de terras elevadas do N do país, en oposición ás áreas baixas ou Lowlands. A súa capital é Inverness. Constitúena un conxunto de macizos e altiplanos formados por materiais cristalinos e metamórficos. A depresión de Glen More divídea en dous grandes conxuntos: ao S os Montes Grampianos e ao N as Northern Highlands. Por mor da altitude o clima é rigoroso. A natureza do rochedo e as pendentes pronunciadas proporciónanlle solos pouco potentes, polo que o seu desenvolvemento agrario é pobre; estes mesmos factores topográficos inflúen negativamente no desenvolvemento das demais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Somalia (34.000 km2; 219.300 h [estim 1980]). A súa capital é Beledweyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que produce hilaridade.
-
Óxido nitroso que se emprega como anestésico e que se caracteriza polo feito de provocar hilaridade antes de insensibilizar.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (461-468). Arcediano de Roma, foi legado de León I no Sínodo de Éfeso (449). No seu pontificado reforzou a xeraquía da Igrexa na Galia e Hispania e apaciguou os enfrontamentos entre os bispos. A súa festividade celébrase o 28 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe. Discípulo de santo Antonio Abade, viviu como ermitán preto de Maiuma e fundou un mosteiro (329). Considérase precursor do monaquismo en Palestina. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás teorías de D. Hilbert.
-
espazo de Hilbert.
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou a talla directa e o relevo. Das súas obras destacan Figura de home (1884), a fonte de Wittelsbach (Múnic, 1890-1895) e a estatua ecuestre de Bismarck en Bremen. Escribiu Das Problem der Form (O problema da forma, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con C. Fontana e no Piemonte cos seguidores de G. Guarini. En Viena obtivo o título de enxeñeiro e fixo a colexiata de Göltweig, o palacio Schwarzenberg (1697-1715) e o palacio Dau-Kinsky (1713-1716), obras influenciadas pola monumentalidade do clasicismo italiano e francés. En 1720, foi nomeado arquitecto da corte e iniciou a construción do palacio do Belvedere (1720-1745). En Salzburgo proxectou a residencia de Würzburg e a reconstrución do castelo de Mirabell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bieita alemana. Coñecida como a sibila do Rin, fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen. Recolleu as súas visións no libro Sci vias Domini ou Liber Scivias (Coñece os camiños do Señor). Tamén escribiu o tratado de medicina Causae et curae. Na iconografía viste hábito de abadesa bieita e represéntase ditando a un escribán con cinco chamas vermellas sobre a testa. A súa festividade celébrase o 17 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e debuxante alemán. Pertenceu ao Grupo 47. É autor de destacadas obras radiofónicas, como Prinzessin Turandot (1954) e Das Opfer Helena (Helena a víctima, 1955); de teatro do absurdo, como Spiele, in denen es dunkel wird (Xogos, nos que se fai de noite, 1958), de novelas, como Lieblose Legenden (Narracións sen amor, 1952), Tyunset (1965) e Marbot (1981); e de reflexións, como Nachlese (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo inglés. Estudiou, a partir de 1910, a condución nerviosa, a transmisión neuromuscular e os fenómenos fisiolóxicos, bioquímicos e biofísicos relacionados. En 1922 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Otto Meyerhof, polas súas achegas ao coñecemento da actividade muscular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas da familia das himantaliáceas. Na costa galega atópase a especie H. elongata, que se caracteriza por presentar discos basais que lle permiten fixarse ao substrato, frondes longas amodo de cintas e con ramificación dicótoma. É de cor verde olivácea e pode alcanzar os 2 m de lonxitude. Atópase sobre substratos rochosos na zona do infralitoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, que presentan tubérculo sen dividir e influorescencias en acio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos recurvirróstridos, ao que pertence a patuda.
-
REXIÓNS
Rexión de Indostán constituída pola chaira indoganxética dende o delta do Ganxes ata Punjab.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Hindustān ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Hindustān.
-
Lingua franca de India setentrional antes da súa partición (1947). Ten dúas variantes principais, con alfabetos diferentes e influencias lingüísticas diversas: o hindi e o urdu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hindustani.