"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
GALICIA
Nadador. Especializado na modalidade de bolboreta, foi campión de España en 100 m (1998) e finalista da Copa do Mundo en 200 m (1997). Posúe as marcas nacionais en 200 m bolboreta, 50 m costas e 100 m estilos. Recibiu a Carabela de Plata en 1996 e 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lupus Servatus.
-
GALICIA
Etnógrafo e historiador. Coñecido como Xocas, foi alumno de R. Otero Pedrayo en Ourense e estudiou filosofía e letras en Santiago de Compostela e Zaragoza. Incorporado ao Grupo Nós, colaborou asiduamente na revista Nós, ademais doutras publicacións galegas e do estranxeiro. Ao comezo da Guerra Civil Española ferírono e durante a súa convalecencia formouse no seu domicilio un destacado parladoiro ao que acudían R. Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e González Salgado. Ademais, durante esa etapa aproveitou para ler numerosos clásicos galegos e portugueses cos que foi enriquecendo a súa formación intelectual. Posteriormente, exerceu a docencia en Ourense, primeiramente no Instituto e logo no colexio Cardenal Cisneros, e investigou principalmente nos eidos da etnografía, o folclore e a prehistoria de Galicia. Apoiado por Florentino Cuevillas e polo profesor Lluís Pericot realizou diversas escavacións en castros, como a do castro de san Cibrao de Las (1948-1949), en mámoas e...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos loricíferos.
-
Invertebrado do filo dos loricíferos.
-
Filo de animais invertebrados pseudocelomados e de simetría bilateral, próximos aos priapúlidos e aos quinorrincos. Presentan un esqueleto hidrostático e bandas musculares circulares ao redor da parede do corpo, que se dividen en tres rexións: unha anterior, ou cabeza, envaxinable e con espiñas; un pescozo curto segmentado e un tronco cuberto por unha loriga. Habitan nos insterticios dos sedimentos mariños profundos.
-
-
GALICIA
Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciouse en diversos espectáculos coa Escola Dramática Galega. Co CDG participou en diversas obras, como Agasallo de sombras (1984), Caderno de bitácora (1985), Espectros (1988), As alegres casadas (1989) e Valle-Inclán 98 (1998). Tamén realizou traballos con Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste e Teatro da Salamántiga. Colaborou como axudante de dirección no espectáculo Os vellos non deben de namorarse, realizado polo CDG, e dirixiu varios traballos coas compañías Alba Teatro e Teatro do Noroeste. Traballou en cine e televisión, como a serie A familia Pita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de tendencia anarcosindicalista, editado na imprenta de M. Villuendas de Betanzos, desde agosto de 1932 ata abril de 1933. Exerceu de voceiro dos ferroviarios da Compañía do Oeste, afiliados á CNT durante os 17 números coñecidos da publicación, que dirixiu o cadro do Sindicato de Profesiones Varias da CNT betanceira e o factor da Estación de Betanzos-Infesta, Miguel Navarro Mijón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoita recibir o príncipe dos demos. Con este nome latino a Vulgata traduce a palabra hebrea helel ‘estrela brillante’, que Isaías lle aplicou ao rei de Babilonia. Na Idade Media interpretouse que o texto se refería a Satanás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que cataliza a oxidación da luciferina e provoca a bioluminiscencia. Está presente en todos os organismos luminiscentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia responsable da emisión luminosa producida por algúns seres vivos.
-
-
Relativo ou pertencente a Lucifer.
-
Que é malo ou perverso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é luminoso ou resplandecente.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou en 1952 no semanario Destino, do que foi director (1958-1975). Dirixiu tamén Historia i vida, e especializouse en gastronomía e tauromaquia, sobre as que publicou De toros y toreros (1946), Historia del toreo (1967), Libro de la cocina española (1970), en colaboración con J. Perucho e El libro de la cocina española (1977). A finais da década de 1980 comezou unha prolífica etapa como novelista, que se centrou na recreación de ambientes e personaxes históricos, e da que destacan: Decidnos, quién mató al conde? (Premio Plaza i Janés, 1987), Por ver mi Estrella María (1988), La puerta de oro (Premio Encuentro de Extremadura y América, 1990) e Los espejos paralelos (1991). Recibiu a Creu de Sant Jordi e foi oficial de L’ordre des Arts et des Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa causada pola espiroqueta Borrelia burgdorferi e transmitida polas carrachas do xénero Ixodes. Afecta á pel e propágase cara ás articulacións e o sistema nervioso, e pode afectar a outros órganos en etapas máis avanzadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversas de paz celebradas no Palacio de El Retiro de Madrid entre o representante de Luís XIV, Hugues de Lionne, e o ministro de Filipe IV, Luis de Haro, entre xullo e setembro de 1656. Filipe IV negouse a ceder Catalunya a Francia. Non obstante , en 1659 viuse obrigado a aceptalo no Tratado dos Pireneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión diplomática celebrada de maio a xullo de 1880 en Madrid para determinar a situación de Marrocos fronte ás potencias coloniais. Reino Unido conseguiu unha limitación da penetración francesa e italiana e un aumento da autoridade militar sobre tribos do interior. Estivo vixente ata a Conferencia de Algeciras en 1906.
-
PERSOEIRO
Navegante. De orixe nobre, en 1505 participou na expedición do vicerrei Francisco de Almeida en India. Navegou por Extremo Oriente e colaborou co vicerrei Alburquerque ata 1513, que volveu a Portugal. Combateu en Marrocos (1514) e en contacto co Rei Carlos I, suxeriu chegar as illas Molucas seguindo a ruta occidental pola demarcación castelá. En 1518 foi nomeado capitán xeneral da flota e gobernador das terras que descubrira. Partiu de Sevilla un ano despois con cinco naves e navegou ata Rio de Janeiro e Patagonia, e dirixiuse ao S onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Iniciou a travesía do Pacífico con tres naves e en marzo de 1521 chegou as illas Marianas. Días despois arribou á illa de Cebu en Filipinas e percorreu outras como a de Mactán, onde morreu a mans dun grupo indíxena. A expedición continuou a viaxe, que acabou a nave Victoria, comandada por Juan Sebastián Elcano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo que construíu Otto von Guericke (1654) para mostrar os efectos da presión atmosférica. Consiste en dous hemisferios metálicos baleiros, duns 70 cm de diámetro, colocados formando unha esfera da que se extraeu o aire, e que custa moito separalos debido a que os mantén unidos a presión atmosférica non contrarrestada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao mineral ou á rocha que contén magnesio.