loricífero -ra
loricífero -ra
-
adx
Relativo ou pertencente aos loricíferos.
-
s
m
[ANIMAL]
Invertebrado do filo dos loricíferos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Filo de animais invertebrados pseudocelomados e de simetría bilateral, próximos aos priapúlidos e aos quinorrincos. Presentan un esqueleto hidrostático e bandas musculares circulares ao redor da parede do corpo, que se dividen en tres rexións: unha anterior, ou cabeza, envaxinable e con espiñas; un pescozo curto segmentado e un tronco cuberto por unha loriga. Habitan nos insterticios dos sedimentos mariños profundos.