Loreto
Loreto
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do topónimo italiano Loreto, derivado do latín Lauretum ‘lugar en que abundan os loureiros’, e este do substantivo laurus ‘loureiro’. Comparte a mesma etimoloxía ca os topónimos galegos Louredo e Lourido. Segundo unha tradición do s XV, a vila italiana de Loreto -preto do Adriático- custodia a casa de Nazaret onde vivira a Sagrada Familia. É patroa da arma de aviación e a súa festividade celébrase o 10 de decembro. A Virxe de Loreto é patroa do concello do Porto do Son, onde se celebra o 9 de setembro.