"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • ENCORO

    Encoro no río Columbia, no estado de Washington, EE UU. Rematouse de construír en 1942, e é un dos máis importantes do país en produción de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (17.029 km2; 109.000 h [estim 1986]). A capital é Zwedru (6.094 h [1974].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Seine-Maritime, en Normandie, Francia (26.983 h [1996]). Posúe industria metalúrxica, siderúrxica, refinerías de petróleo e de construción naval. Fundada no s X, pertenceu ata 1793 aos señores de Sazilly. Do seu patrimonio cultural destacan o celeiro de Grand Aulnay (s XIII), o castelo de Montmorency (s XVIII), os baños municipais (1937) e o mercado cuberto (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU, preto do lago Michigan (189.130 h [1990]). Situada nunha fértil rexión agrícola, constitúe un centro importante de comercialización dos produtos hortícolas e de floricultura. Foi fundada en 1826 polos franceses como centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de montaña dos Alpes Peninos, situado na fronteira entre Suíza e Italia (2.477 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos catro torneos de tenis máis importantes do mundo: Aberto de Australia (Australian Open), Roland Garros (París), Wimbledon (Londres) e Aberto dos EE UU (US Open).

    2. Distinción honorífica que obtén o xogador que é quen de gañar estes catro campionatos.

    3. Denominación que recibe calquera outro circuíto de grandes torneos doutra especialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecía a viaxe que realizaba, en compañía dun titor, un gentleman inglés no s XVIII, principalmente por Francia, os Países Baixos e Italia. Considerada necesaria para a súa educación, tiña unha duración dun ano. Contribuíu á creación de numerosas coleccións artísticas e á expansión do neoclasicismo e do palladianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero teatral que se desenvolveu en Francia entre finais do s XIX e principios do XX. Destacou polas súas temáticas, vinculadas cos sucesos violentos e coa morte, e polos seus efectos especiais, normalmente asociados ao derramamento de sangue. En Galicia tivo un certo eco na obra dramática de Antón Villar Ponte, que se baseou neste xénero para escribir Entre dous abismos (1920) e Nouturnio de medo e morte (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito da illa Mauricio (260 km2; 105.900 h [estim 1998]). A capital é Mahébourg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Eirón (Mazaricos) e Campolongo (Negreira). O seu cumio acada os 422 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao trigo temperán.

    2. Aplícase a unha variedade de mazás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, na comarca do Alto Navia, á beira do río Navia (1.271 h [2001]). Localízase á beira do camiño asturiano de peregrinación a Santiago. En 1945 comezaron as obras de construción do encoro de Salime, que, inaugurado en 1954, asulagou a vila homónima, capital do concello desde 1836 ata daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Da súa produción destacan Les îles de la nuit (1946), Rivages de l’homme (1948), Poèmes (1944-1957) (1963) e Visages du monde (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ocupa moito espazo ou moita superficie. Na tradición oral recóllense ditos como: “Canto máis grande máis burro. De río grande, grande peixe. Vale máis pequeno e agudo, que grande e burro”.

      2. Que ten un tamaño excesivo con respecto a outro. Na tradición oral recóllese o dito: “O peixe grande sempre come ao pequeno”.

      3. Aplícase, nalgunhas especies zoolóxicas, como especificador.

    1. Que é moi alto ou forte.

    2. Aplícase á persoa adulta ou á que ten máis idade ca outra.

      1. Que é moi forte ou intenso. OBS: Emprégase, fronte á forma apocopada gran, diante dos nomes en plural ou que comezan por vocal.

      2. Aplícase co significado de ‘maior’, cando este se emprega con sentido non material. Na tradición oral recóllense ditos como: “Canto máis grande é a fortuna, está menos segura. O máis grande inimigo do home foi sempre o home”.

    3. Que está en moito número ou cantidade. OBS: Emprégase, fronte á forma apocopada gran, diante dos nomes en plural ou que comezan por vocal.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace en Baio (no concello de Zas) da confluencia de varios regos que baixan dos montes do Couso, na Terra de Soneira. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que circula pola vertente meridional da serra de Pena Forcada, no N do concello de Vimianzo (parroquias de Salto, Calo e Carantoña). Finalmente serve de límite aos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía, para desembocar na ría de Camariñas despois de percorrer 39 km e drenar unha conca de 282,9 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil (1.450 km). Nace na Serra de Mantiqueira e é un dos ramais principais do río Paraná.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Haití (3.310 km2; 641.399 h [estim 1995]). A capital é Jérémie (43.277 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO