"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Enfermidade infecciosa crónica, de transmisión sexual, que está causada pola bacteria Treponema pallidum. Evoluciona en tres períodos: o primario, que comprende o chancro de inoculación, acompañado por adenopatías rexionais; o secundario, que se inicia tras seis ou sete semanas e que se caracteriza por unha erupción cutánea (ou mucosa) xeneralizada, e o terciario, que se caracteriza por lesións viscerais escleróticas, especialmente localizadas no fígado, no esqueleto, na aorta e no sistema nervioso. Transmítese xeralmente por contaxio directo ou sexual (sífilis adquirida), ou de nai a fillo (sífilis conxénita). A súa diagnose confírmase mediante diversas reaccións serolóxicas (de Wasserman, VDRL, proba de Nelson, entre outras). OBS: Tamén se denomina gálico, lúes, mal cativo, mal francés e mal ruín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sífilis.

    2. Que ou quen padece sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inoculación de sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (4.631 km2; 234.700 h [estim 2004]). A súa capital é Siliana (12.433 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado ‘sílice’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xenérica dos anións poliatómicos que teñen o silicio como átomo central, e dos compostos de natureza moi diversa que conteñen eses anións. Os silicatos poden obterse por fusión conxunta da sílice con carbonatos de metais alcalinos, en forma de mesturas complexas, e clasifícanse estruturalmente de acordo co número de osíxenos do tetraedro de SiO 4 que comparten. Cando non se comparte ningún, están os silicatos discretos, que conteñen o anión SiO 4 4- , coñecido como ortosilicato, e dos que destacan a torita (ThSiO 4 ), o circón (ZrSiO 4 ) e os granates. Cando a asociación se produce mediante un só átomo de osíxeno, fálase tamén de silicatos discretos que conteñen o anión Si 2 O 7 6- , coñecido como pirosilicato e que aparece na thortveitita ((Sc,Y) 2 Si 2 O 7 ) e na hemimorfita (Zn 4 (OH) 2 Si 2...

    2. Mineral formado esencialmente por grupos tetraédricos SiO 4 que están unidos entre eles directamente ou por catións. Os silicatos son os compoñentes máis importantes das rochas e constitúen, xunto co cuarzo, o 95% da parte coñecida da codia terrestre. Atópanse, en gran parte, como constituínte das rochas ígneas. Son exemplos de silicatos o cuarzo, os feldespatos e as micas. Nas condicións de formación das rochas metamórficas orixínanse unha serie de silicatos. Pola contra, nas rochas sedimentarias non hai formación destes minerais, senón que só hai fases de transformación deles, dos que son máis típicos as arxilas. Os silicatos clasifícanse segundo a disposición dos seus grupos SiO 4 en: nesosilicatos, sorosilicatos, inosilicatos, filosilicatos e tectosilicatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dióxido de silicio, de fórmula SiO 2 , que se dá na natureza tanto en forma pura (cuarzo ou cristobalita) coma nunha gran variedade de formas impuras (area, ágata, calcedonia ou ópalo). Aparece en forma de cristais incoloros ou pos cristalinos brancos, e a súa densidade oscila entre 2,65 e 2,80. A sílice presenta unha estrutura polimérica, constituída por tetraedros de SiO 4 cuxos vértices están ocupados por catro átomos de osíxeno. É abundante como compoñente das rochas e infusible e insoluble. Pode prepararse tamén sinteticamente a partir de silicatos solubles, por deshidratación e calcinación. A súa aplicación está fundamentalmente na industria do vidro e da cerámica, como abrasivo, na fabricación de refractarios, como materia prima para a preparación de silicio e silicatos e, en metalurxia, na preparación do ferro-silicio. OBS: Tamén se denomina dióxido de silicio.

    2. Ácido ortosílico obtido por precipitación a 300°C a partir dunha disolución de silicato sólido tratada cun ácido que se emprega como desecante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sílice.

    2. Que contén sílice.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao silicio.

    2. Que contén silicio.

    3. Conxunto de ácidos, como o ortosilícico ou o metasilícico que non se coñecen en estado libre, e dos que derivan formalmente os silicatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas ou comunidades vexetais que viven normalmente en solos ou substratos silíceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter algo en sílice.

    2. Impregnar algo con sílice.

    3. Intercalarse sílice na parede celular de certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 14, que pertence ao grupo IV A da táboa periódica. Foi illado por J. J. Berzelius en 1824 por redución con potasio do tetrafluoruro de silicio (SiF 4 ). É, despois do osíxeno, o elemento máis abundante da codia terrestre, da que constitúe un 26% en peso. Está formado por unha mestura de tres isótopos naturais estables con masas 28 (92,21%), 29 (4,70%) e 30 (3,09%), que determinan un peso atómico de 28,086. Coñécense tamén cinco radioisótopos artificiais do elemento, con masas que van de 25 a 32. O silicio está amplamente difundido na natureza, e está presente no Sol, nas estrelas e nos meteoritos. O método de obtención máis empregado comercialmente consiste na redución da sílice con carbono nun forno eléctrico. O silicio elemental cristalino presenta puntos de fusión e ebulición moi elevados, e é un semicondutor intrínseco. A característica química máis importante do silicio é a súa tendencia a combinarse co osíxeno para formar estruturas poliméricas...

    2. Sólido en forma de cristais negros de gran dureza, moi inertes, que se subliman con descomposición a 2.200°C. É un dos materiais más duros que se coñecen, e ten aplicación como refractario, abrasivo e, en forma de monocristal, como semicondutor.

    3. sílice.

    4. [

    5. Líquido incoloro, fumante, de olor sufocante, moi corrosivo, soluble nos medios apolares, que bole a 57,6°C. Ten aplicación como intermediario na purificación do silicio, na preparación de siliconas e na produción militar de cortinas de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto binario de silicio que ten elementos máis electropositivos ca el. Son compostos moi duros e refractarios, presentan similitudes cos carburos e gozan de estruturas semimetálicas.

    2. Anión Si 4- que se pode considerar formalmente derivado do silano por perda dos seus catro átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘silicio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula da mesoglea dos poríferos que dá orixe ás espículas silícicas que constitúen o seu esqueleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas que conteñen conxuntamente silicatos e carbonatos de calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás silicoflaxeladas.

    2. Alga da orde das silicoflaxeladas.

    3. Orde de algas, da clase das crisofíceas, que está constituída por algas unicelulares mariñas cun só flaxelo e un esqueleto interno silíceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de materiais de natureza polimérica, que están formados por cadeas constituídas por átomos de osíxeno e silicio alternos, unidos estes últimos a restos orgánicos. Historicamente, o desenvolvemento in-dustrial das siliconas comezou en EE UU na década de 1930-1940, cando se comezou a empregar como illante eléctrico resistente á calor. A súa preparación faise por hidrólise e posterior polimerización de alquihaloxenosilanos. En xeral, son bos illantes eléctricos, inertes aos axentes químicos, agás os ácidos e as bases fortes, e a súa toxicidade adoita ser pequena. Desde o punto de vista industrial e de utilización adoitan clasificarse en aceites de silicona, elastómeros de silicona e resinas de silicona. Os aceites de silicona están constituídos por polímeros lineais de peso molecular comprendido entre 4.000 e 25.000, líquidos a temperatura ambiente e xeralmente derivados do diclorodimetilsilano. Os aceites de silicona presentan unha moi pequena variación da súa viscosidade coa temperatura,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose causada pola inhalación de pos de sílice que produce un depósito de óxido de silicio nos pulmóns. Caracterízase pola aparición de cambios xeneralizados de tipo fibrótico-nodular visibles radioloxicamente e non ten tratamento específico, polo que é moi importante a súa prevención.

    VER O DETALLE DO TERMO