"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Escultor. A súa formación foi autodidacta. Realiza unha obra de caracter figurativo, na que traballa a madeira, a pedra e o bronce cunha valoración do oco e do espacio. As súas últimas obras, realizadas en madeira e pedra, son multiposicionais, pois cada peza pode ter varias posicións. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, en Les Salons des Nations à Paris (1983), Galicia Terra Única (1997) e Colectiva Galaico Portuguesa (Chaves, 2002). Recibiu o Primer Premio del Instituto Social de Tiempo Libre (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante do PCE desde 1936, foi elixido membro do Comité Central en 1954. Exiliado desde a fin da Guerra Civil, volveu a España en 1959 e fíxose cargo da dirección do partido na clandestinidade. Detido en 1962, foi condenado a morte e executado, acción que deu lugar a fortes protestas da comunidade internacional contra o réxime de Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou medicina na Universidad de València e despois marchou a EE UU, onde colaborou con Severo Ochoa e Arthur Kornberg nas investigacións sobre os ácidos nucleicos. Foi profesor de medicina e bioquímica da Universidade de Kansas (1959), profesor visitante na Universidade de California (1960-1970), profesor e xefe do departamento de bioquímica e bioloxía molecular da facultade de Medicina da Universidade de Kansas (1962-1973), e fundador e director da Escola de Formación de Investigadores. Publicou máis de 350 traballos de investigación en revistas de prestixio internacional, con contribucións en diversos campos como a fixación do CO2 na síntese da urea, o metabolismo do fosfoglicerato, a degradación de pirimidinas (descubriu, identificou e purificou os enzimas que interveñen neste proceso), e a regulación enzimática. É doutor honoris causa pola Universidade de Kansas e a Universitat Politècnica de València. Foi proposto en diversas ocasións para o premio Nobel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (116 km de lonxitude e 3.127 km2 de conca). Recolle as augas da depresión de Bobadilla e transpórtaas ata o Mediterráneo, poucos quilómetros ao S de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador cinematográfico. Autor de diversas obras sobre os medios de comunicación audiovisual: La televisión (1965), Historia del cine (1969), McCarthy, la caza de brujas (1970), El lenguaje de los cómics (1972), Comunicación y cultura de masas (1977) ou 100 años de cine (1982). Codirixiu, con Vicente Aranda, a película Brillante porvenir. En 1990 foi nomeado presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine. Foi guionista de Espérame en el cielo (1987) e El llarg hivern (1991). Foi galardoado co Premi de Cinematografia da la Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Fundador do diario demócrata El Porvenir (1860) e de La Redención del Pueblo (1868) en Reus, en Madrid foi redactor de La Democracia (1864) e director de La Discusión (1873) e El Pueblo Español (1878). Colaborou tamén en L’Esquella de la Torratxa e El Poble Català. Publicou El regionalismo en la nación (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xardín realizado por Antoni Gaudi en Barcelona, na vertente S do outeiro do Carmel (1900-1914), por encargo de Eusebi Güell i Bacigalupi. Foi a primeira experiencia de cidade xardín. Dispuxo unha serie de edificios e construcións, dos que destaca a gran praza sostida por unha columnata de inspiración dórica e coroada por unha gran varanda-banco serpenteante, recuberta de pequenos ladrillos de diferentes cores. É parque municipal e acolle o Museu Gaudi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, primeiro conde de Revillagigedo (1749-1768). Durante a súa xestión como capitán xeral de Cuba (1734-1746), fundou a Compañía de Comercio de La Habana (1739-1740) e conseguiu expulsar os británicos da illa. Vicerrei de Nova España (1746-1755), ditou unha serie de medidas liberalizadoras do comercio e reprimiu o contrabando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Revillagigedo, fillo de J. F. Guemes de Horcasitas. Vicerrei de Nova España (1789-1794), o seu goberno caracterizouse por completar a división en intendencias, fomentar a rede viaria, mellorar o sistema educativo e dos correos e patrocinar numerosas expedicións de carácter científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. De nome Giovanni Francesco Barbieri, foi discípulo de L. Carraci e influído polos pintores venecianos, utilizou fortes contrastes lumínicos. Traballou en Roma (1621) para o Papa Gregorio XV e realizou La Aurora che scaccia la notte no teito do casino Ludovisi (1621). Posteriormente, decantouse cara a un certo clasicismo e pasou por unha etapa próxima á obra de Guido Reni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Experimentou coa telegrafía sen fíos (1914). Director de Radiosola, realizou a primeira demostración radiofónica en Barcelona (1923). Creou a Asociación Nacional de Radiodifusión e foi o fundador técnico de Radio Barcelona (1923). Con C. Lemoine e F. Elías Riquelme fundou Orphea Films, os primeiros estudios cinematográficos sonoros en España (1932). Dirixiu tamén a Revista Electrotécnica en Barcelona (1931-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero natural que se obtén do látex de certas plantas tropicais dos xéneros Palaquium e Palayena, da familia das sapotáceas. A gutapercha é unha substancia dura a temperatura ambiente, que se volve branda e moi plástica cando se quenta. Ten unha grande aplicación na industria, e emprégase para fabricar teas impermeables, como illante e tamén en medicina (próteses dentais ou ortopédicas). A gutapercha é unha substancia moi semellante ao caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor asociado na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2003). Colaborou   na Enciclopedia Galega Universal na materia de literatura medieval, e en diversos proxectos de investigación como Arquivo Galicia Medieval do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1997-2000), O léxico do sufrimento nos trobadores do Ministerio de Ciencia y Tecnología (2001-2002), “Investigación Notas Literarias de Angelo Colocci” da Universidade de Santiago de Compostela (1996-1998) ou “Bases metodológicas para una Historia comparada de las literaturas en la Península Ibérica” da Universidade de Santiago de Compostela (2002-2005). Traduciu e realizou o estudo introdutorio de Lanzarote ou o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes (2000) e a edición crítica de Josifón (2003). Escribiu Merlín e a súa historia (1997), Merlín en Geoffrey de Monmouth y en los romans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de igrexa gótica na que todas as naves teñen a mesma altura e anchura e están cubertas co mesmo teito. A nave central recibe claridade a través das fiestras das naves laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista, botánico, fisiólogo, médico e poeta. Tiveron moita relevancia en medicina os seus estudios sobre a contractilidade do tecido muscular e a sensibilidade do sistema nervioso. Ademais, foi un dos primeiros en establecer unha relación directa entre o bocio endémico e a xeoloxía da rexión. Como botánico, escribiu unha crítica libre sobre a obra de Linné e creou as bases dun sistema de clasificación fundamental no parentesco natural. Como poeta é autor de diferentes libros de poesía lírica e descritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (826?-863?). Loitou contra os fillos de Godofredo I de Dinamarca axudado por Ludovico Pío, a cambio da súa conversión ao cristianismo. Bautizado xunto coa súa familia no 826, facilitou a chegada a Dinamarca de santo Anscario, que evanxelizou o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (940?-986?), fillo de Gorm o Vello. Estendeu a soberanía danesa ao S de Noruega e rexeitou os vendos no Hoder. Tolerante co cristianismo ao que se converteu no 966, foi vencido por un grupo de nobres rivais entre os que se encontraba o seu fillo Sven I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático francés, marqués e duque de Harcourt e mariscal e par de Francia. Embaixador francés na corte española en 1698, foi o artífice da redacción do último testamento de Carlos II o Enfeitizado, en que se recoñecía como herdeiro a Filipe de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Como presidente de EE UU (1877-1881) tentou unha política de conciliación cos estados do Sur. Mediou na delimitación da fronteira entre Arxentina e Paraguay (1878) e lexislou con acerto en materia económica.

    VER O DETALLE DO TERMO