"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, o que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace (por exemplo, o recoñecemento de Orestes por Electra). A anagnórise pasou a outros xéneros e foi chamada tamén agnición e recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada no 1988. A través das súas páxinas e duns diálogos vivos e ocorrentes, a autora conta a experiencia de Nicolau Arís, un rapaz que un día decide marchar a Madrid en auto-stop, fuxindo dos seus problemas persoais, para encontrarse cuns amigos relacionados co mundo das drogas. A viaxe faina cunha muller, Xulia Andrade, que o recolle ao pé da estrada; na súa compaña coñécese a si mesmo mergullando no seu interior, aprende a gozar da vida e a valorar as cousas e as persoas e descobre o que é o amor, a amizade e a morte. Foi editado por Galaxia na colección Árbore (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da ovella ou da cabra que non pasa dun ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interpretación da Biblia pola que se lle dá aos textos sagrados un sentido que se refire ás realidades celestiais. Así, un dos catro significados das Escrituras, xunto co literal, o alegórico e o moral (ou tropolóxico), é o anagóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anagoxía.

    2. Tendencia construtiva que impulsa cara a aquilo que é excelso e ideal. Segundo Jung, a moral, a relixión e, a miúdo, a consciencia de ter cumprido unha misión histórica baséanse nesta tendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou frase formados pola transposición das letras doutra palabra ou frase. Este artificio xa era coñecido na antigüidade con finalidades diversas: adular aos soberanos; atribuír sentidos enrevesados a palabras (Romaamor) e frases determinadas (quid est veritas?, ‘que é a verdade?’ dá est vir qui adest ‘o home aquí presente’, resposta de Xesús a Pilatos); para encubrir fórmulas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un anagrama.

    2. Que contén un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai anagramas.

    2. Persoa que esconde a súa auténtica identidade baixo un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, ao S dos Ánxeles (282.133 h [1994]). Centro agrícola (cítricos) e industrial (fabricación de equipos electrónicos). Parque de atraccións de Disneyland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa iraniana da fertilidade e da choiva durante a época aqueménida. O seu culto foi asociado ao de Mitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano volcánico do centro de México; a súa altura media é superior aos 2.000 m. Nun principio o nome de Anahuac era o que se utilizaba para designar a rexión dos lagos, onde se atopaba Tenochtitlán, a capital dos aztecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grafía tradicional de Annauir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo procedente do vasco Anai(a) ‘irmán’, que na Idade Media chegou a significar ‘señor’. En Galicia deu o topónimo Casdenaia. Non hai ningún santo con este nome.

    2. Liñaxe oriúnda do couto de Anaia, en terras de Deza e do partido xudicial de Chantada. Procede probablemente dun cabaleiro alemán que viu a loitar na Reconquista. Como apelido xa aparece documentado no ano 830 nunha doazón feita por Afonso II o Casto á igrexa de Lugo. Outras apelidos relacionados con esta caste son Anae e Anaidez; tamén pode aparecer coa variante gráfica castelanizada Anaya. Espallouse a outras terras da Península como Madrid, Salamanca, Cuenca, Murcia, Málaga ou Jaén. Algúns do Grove asentáronse no Novo Reino de Granada. A esta caste pertenceron numerosas dignidades, cóengos e bispos; moitos cabaleiros ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava ou San Xoán de Xerusalén. Os Anaia emparentaron cos Alvarez Maldonado por casamento de Catalina de Anaia con Rodrigo Alvarez Maldonado, xermolo dunha ilustre e abondosa descendencia que entroncou con outras familias nobres galegas coma os Figueroa. As súas armas primitivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da India, ao S dos Ghats Occidentais (2.695 m). Está considerado como o punto máis alto do Indostán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrolar con cariño de nai.

    2. Namorar con palabras afagadoras.

    3. Adularse mutuamente dúas persoas que están namoradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición de feitos históricos concretos, de forma breve e seguindo unha orde estritamente cronolóxica. Un dos máis antigos anais coñecidos procede da biblioteca de Assurbanipal. Empregados en Grecia e Roma, os Pais da Igrexa transmitíronos á Idade Media, sobre todo a través de Eusebio de Cesarea, que ten unha obra que vén sendo unha ciencia eclesiástica dende a creación ata o 325 d C (foi traducida ao latín e prolongada ata o 378 por Xerónimo e, ata o 469, por Próspero de Aquitania e Idaci). Na Alta Idade Media, a referencia cronolóxica dábana as táboas de Páscoa, ilustradas con breves noticias de feitos diversos: sucesións de príncipes, bispos ou abades, batallas ou sucesos curiosos referentes a unha rexión ou localidade. Desde o s VIII os anais independizáronse das táboas de Páscoa e adquiriron unha forma máis evolucionada, cunha mellor disposición esquemática. Xurdiron as grandes familias (stemma) do ciclo carolinxio, e produciuse a forma narrativa dos grandes mosteiros, ata...

    2. Revista, xornal ou publicación semellante de carácter anual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra do historiador romano Publio Cornelio Tácito escrita entre os anos 14 e 68 d C. Comprende dezaseis libros e perdéronse do VII ao X e o XIV está incompleto. Neles cóntase a historia de Roma dende a morte de Augusto ata o reinado de Nerón.

    VER O DETALLE DO TERMO