"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Xénero de árbores, da familia das eleagnáceas, ao que pertence a árbore do paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade situada na costa italiana do Mar Tirreno, ao S da Campania, coñecida tamén como Veleia. Fundada entre o 535 e o 530 a C por colonos gregos de orixe focio, formaba parte da Magna Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica presocrática formada por Xenófanes de Colofón, Parménides, Zenón de Elea e Meliso de Samos na cidade de Elea, no S de Italia. Propugnou a unidade de todo o que existe e a concepción continua do Universo. Foron os primeiros en formular temas de metafísica e, en particular, a relación entre a realidade e a razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás eleagnáceas.

    2. Planta da familia das eleagnáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, da orde das proteais, de follas enteiras e flores hermafroditas, actinomorfas e tetrámeras, que dan lugar a froitos en aquenio ou drupa. A familia está composta por unhas 50 especies, pertencentes aos xéneros Hippophae, Elaeagnus e Shepherdia, propias das zonas temperadas do hemisferio norte, da costa de Australia e das illas do sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Elea ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Elea.

    3. Relativo ou pertencente á escola filosófica de Elea.

    4. Membro da escola de Elea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe hebrea El’azar (‘Deus axudou’), nome composto por El ‘Deus’ e azar ‘axudar’, e adaptado ao grego e ao latín como Eleazar. Presenta o hipocorístico Laíño. Eleazar é un nome bíblico e levárono diversos personaxes da historia dos xudeus, como o terceiro fillo de Arón, un dos tres valentes do Rei David que loitou contra os filisteos, un sacerdote do tempo de Nehemías, o pai de Xasón, ou un xefe das forzas xudeas que loitaron contra os romanos acaudillados por Flavio Silva. Entre todos eles, destaca Eleazar o Vello, mártir xudeu baixo o goberno de Antíoco IV Epifanes (s II a C). Como nome do Antigo Testamento é frecuente entre cristiáns evanxélicos. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote xudeu, fillo de Onías. Envioulle a Ptolomeo Filadelfo os 72 anciáns que fixeron a tradución ao grego dos libros sagrados hebreos, a Biblia dos Setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote, terceiro fillo de Arón. Consagrado sacerdote por Moisés xunto co seu pai e os seus irmáns, estivo á fronte da tribo de Leví; por esta razón, recibiu o alcume de príncipe dos príncipes dos levitas. Trala morte do seu pai foi investido sumo sacerdote por Moisés, dignidade que quedou vinculada á súa descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xudeu. Foi un dos escribas máis destacados do seu tempo. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos. Xa ancián, foi martirizado (167 a C) pouco antes do levantamento dos macabeos contra a dominación de Antíoco IV Epifanes, rei helenizado de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador das relixións. Estudiou filosofía na Universidade de Bucarest e en 1928 trasladouse á India, onde foi discípulo de Surendranath Dasgupta e aprendeu alí sánscrito e filosofía india. Á volta doutorouse en Filosofía (1933) e publicou Yoga: Essai sur l’origine de la mystique Indienne (Ioga: ensaio sobre a orixe da mística india). Profesor asistente na Universidade de Bucarest (1933-1939), impartiu filosofía hindú e historia das relixións. Arrestado pola súa vinculación coa Garda de Ferro, destinárono posteriormente ás embaixadas de Londres e Lisboa (1941-1944). Despois da Segunda Guerra Mundial trasladouse a París e traballou como profesor visitante na École des Hautes Études da Sorbonne (1946). Profesor visitante de historia das relixións na University of Chicago (1956), converteuse en profesor titular ao ano seguinte. Fundou as revistas Zalmoxis (1939-1940-1944), Antaios (1961-1972) e History of Religions (1961). Entre as súas obras científicas destacan Traité d’histoire des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e crítico norteamericano. Estudiou filosofía en Harvard e París, e sánscrito e hindi en Harvard. Fundou e dirixiu a revista The Criterion (1922-1939) e foi o renovador da poesía inglesa moderna xunto con E. Pound. Da súa produción poética sobresae The Love Song of Alfred Prufrock (A canción de amor de Alfred Prufrock, 1915), The Waste Land (A terra erma, 1922), The Hollow Men (O home oco, 1925), Ash Wednesday (Mércores de cinza, 1930) e Four Quartets (Catro cuartetos, 1945). A súa obra dramática, escrita en verso, iniciouse con Murder in the Cathedral (Asasinato na catedral, 1935) e continuou con The Cocktail Party (1950) e The Confidential Clerk (O empregado de confianza, 1954). Como ensaísta publicou Dante (1929), Elizabethan Essays (Ensaios isabelinos, 1934) e The Music of Poetry (1942). Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas acuáticas, da familia das hidrocaritáceas, de talo longo, que pode acadar varios metros de altura, e ramificado, con follas alongadas e ovadas, dispostas en verticilos, que miden 2,5 mm de ancho e entre 5 e 10 mm de longo, translúcidas, verde escuras, serradas e rematadas en punta. Propias de zonas temperadas e tropicais, en Galicia -e noutros países europeos- introduciuse a especie E. canadensis, orixinaria de Norteamérica, en principio como planta ornamental en acuarios, estanques de parques e xardíns, e logo da súa aclimatación en zonas húmidas naturais, onde pode supoñer un perigo ecolóxico debido á capacidade de proliferación, principalmente de xeito vexetativo, que fai que cubra os fondos e desprace a vexetación autóctona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1990 na Coruña por Manuel Lourenzo e no que realizaron os seus primeiros traballos actores como Xesús Balboa, Iván Tojeiro ou Pablo Rodríguez, a partir de textos escritos polo seu director, como O avión paranoico, A velada de Londres, A estratexia do Narco ou O regreso. A compañía tamén foi responsable da revista Cadernos de Teatro, dirixida por Francisco Pillado Mayor, que presentou un total de nove entregas, con textos de Xoán da Cova, Xesús Pisón, Paulino Pereiro, Joan Cavallé, Louis Aragón ou André Breton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxeitar con veos ou varas a parte superior dun palleiro para evitar que o vento o estrague.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir ou tapar algo con bosta, principalmente a eira onde se malla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestir ou pintar algunha cousa cunha capa de brea.

    VER O DETALLE DO TERMO