"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor teatral. Coñecido como Marcos Orsi, comezou a súa carreira en Galicia da man do grupo Ollomol Teatro Submarino, que máis tarde se converteu na compañía Ollomoltranvía. Participou na maioría das montaxes deste grupo, entre as que destacan Commedia: un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), Qui pro Quo (1998), ÑikiÑaque (2000) ou Policía (2001). Tamén traballou en diversas obras postas en escena polo CDG como O incerto señor Don Hamlet (1991) ou Un soño de verán (1992). Así mesmo, interpretou distintos papeis en series de televisión como Pratos combinados ou Fíos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor primario do fígado, derivado dunha transformación anómala dos hepatócitos. Xeralmente é consecuencia dunha enfermidade hepática de longa duración, como unha hepatite crónica ou unha cirrose. É o máis frecuente dos tumores malignos do fígado.
-
GALICIA
Maxistrado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi presidente do Tribunal de Revisión de Penas en Oviedo durante a Guerra Civil Española e, posteriormente, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial da Coruña (1961). Colaborou en diversas publicacións, como El Universal, La Esfera, El Mundo, El Noroeste, La Voz de Galicia e Vida Gallega. Publicou La vieja y memorable Marineda (1951) e Semblanzas del banquillo. Crónicas de Audiencia Pública (1957). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo oroxénico iniciado, segundo Stille, no Devónico Superior coa fase bretónica e acabado ao final do Pérmico Superior coa fase pfálzica. As cordilleiras montañosas formadas por esta oroxenia presentan dúas direccións predominantes: a armoricana, de NO a SL (Bretaña, o Macizo Central e o Macizo Galaico) e a chamada varisca, de NL a SO (Os Vosgos e a Selva Negra). A zona occidental da Península Ibérica esta ocupada polo macizo ibérico ou hespérico, de idade herciniana, que describe un grande arco cunha dirección NL en Cantabria ata unha dirección L-SL no O do río Gualdalquivir. Os macizos hercinianos foron erosionados e, nalgún caso, rexuvenecidos pola oroxenia alpina, como os Pireneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Herciniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas formadas durante o Herciniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral de cor negra, de fórmula FeAl2 O4, que pertence ao grupo da espinela e cristaliza no sistema cúbico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hertz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de alogamia que presentan certas plantas debido á presenza de mecanismos ou dispositivos especiais que impiden a autopolinización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que presentan hercogamia.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Nápoles, en Campania, Italia, situada na ladeira do Vesubio, entre Porticio e Torre del Greco, ao SL de Nápoles (54.699 h [2001]). Foi dominada polos romanos desde finais do s IV a C ata o ano 79, cando pola erupción do Vesubio quedou cuberta de cinzas, lava e lodo ata unha altura de 15 m. En 1709 produciuse o achado fortuíto da vila e iniciáronse unha serie de escavacións onde se puxeron ao descuberto numerosas insulae, o foro, o teatro e varios conxuntos termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Herculanus, derivado de Hercules ‘dedicado ou consagrado a Hércules’. Posiblemente sexa xa desde a antigüidade un exemplo de topónimo (antiga cidade de Herculaneum, en Campania) convertido en antropónimo. Levaron este nome un soldado mártir celebrado o 25 de setembro e o bispo e patrón de Perugia, celebrado o 1 de marzo ou o 7 de novembro.
-
PERSOEIRO
Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Perugia. Foi encarcerado, torturado e decapitado polo rei godo Totila durante o asedio de Perugia (549). Na iconografía represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo un coitelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Hércules.
-
-
Que esixe unha forza extraordinaria.
-
Que é extrordinariamente forte ou robusto.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Home dunha extraordinaria forza física ou dunha complexión robusta, como a de Hércules.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Hercules, equivalente ao grego Ἠ ρακλ ῆ ς ‘Heracles’. Posiblemente derive de hercer ‘pechar’, relacionado coa súa antiga función de defensa da propiedade. A forma grega chegou a través do latín e neste paso experimentou un cambio acentual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación do hemisferio boreal situada entre as de Lira, Dragón, Bover, Corona Boreal e Ofiuco. A súa estrela principal, α-Herculis, é un sistema binario. En Hércules atópase o cúmulo globular máis brillante do hemisferio norte, o M 13.
-
-
Heroe vinculado a unha serie de lendas romanas, sobre todo etiolóxicas e topográficas, como a loita de Hércules con Caco. Na historia mítica galega foi o fundador de Lugo, de Iria Flavia e o primeiro construtor do faro coruñés que leva o seu nome. Atribúenselle grandes traballos, como a construción dun dique e dunha vía de conexión entre o mar e o lago Lucrino, en Campania. Na iconografía represéntase espido, musculoso, barbado e en actitude de realizar un grande esforzo nalgún dos seus sonados traballos.
-
Figura empregada como un tenante que representa un home moi forte cunha pel de león nemeo nas costas e unha clava na man.
-