"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Festa parroquial e feira anual propias dos Países Baixos e Flandres.

    2. Xénero pictórico que representa estas festas. Destaca a Kermesse de P. P. Rubens (1635-1638).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. As súas obras reflicten un afán incansable de loita pola liberdade, a tolerancia e a xustiza. Publicou novelas como Josef sucht die Freiheit (Josef busca a liberdade, 1927), Glückliche Menschen (Homes felices, 1931), Ferdinand und Isabela (1936) e Die Zeit der Narren (O tempo dos necios, 1966). Ademais, cómpre salientar Dichter Cafe (1959) e o seu primeiro libro de poemas Ich bin der ich bin (Son o que son, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán, conde de Keyserling. Centrou o seu pensamento na busca do sentido da realidade, que se pode descubrir nas diversas culturas da humanidade, e que habería de conducir o home desde o “coñecemento creador” á autorrealización. Entre as súas obras destacan Das gefüge der Welt (A articulación do mundo, 1906), Schöpferische Erkentniss (Coñecemento creador, 1922) e Kritik des Denkens (Crítica do pensamento, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo revolucionario camboxano que se constituíu como o brazo armado do Partido Comunista Khmer. Dirixidos por Pol Pot, derrocaron o réxime do príncipe Lon Nol e proclamaron a República Democrática de Kâmpuchéa en 1975. Entre 1975 e 1979 estableceron un réxime represivo ao que puxo fin a intervención vietnamita, pero os Khmeres continuaron coa guerra de guerrillas desde as zonas montañosas na fronteira tailandesa. Baixo a nova dirección de Khieu Samphan (1985) e trala retirada do exército vietnamita (1989), integráronse nun consello nacional destinado á pacificación do país (1991), que abandonaron en breve para continuar coa guerra de guerrillas, ata a súa derrota definitiva en 1998. En 2001 foi sancionada en Camboxa a lei que permite xulgar o réxime dos Khmeres Vermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río da península de Anatolia, Turquía. Desemboca no Mar Negro, na baía de Bafra despois dun curso de 1.150 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sankt Veit an der Gla, Estiria 1892 - Graz, Estiria 1970) Médico austríaco. Famoso, sobre todo, polas investigacións sobre os períodos fecundos da muller, estableceu xunto co médico xaponés Kyusako Ogino o método contraconceptivo natural chamado método de Ogino-Knaus (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Clausthal 1843 - Baden-Baden 1910) Médico e microbiólogo alemán. Sendo novo exerceu a medicina rural ata que os seus traballos de laboratorio chamaron a atención dalgúns sabios coetáneos, como F. Cohn ou J. Cohnheim, e lle valeron un cargo importante no departamento imperial de hixiene de Berlín, onde proseguiu as súas investigacións e creou novos métodos de cultivo de bacterias. Descubriu o bacilo da tuberculose (1882) e o virus colérico (1883). Estableceu a lei que leva o seu nome para saber se un microbio é axente causal dunha enfermidade. Profesor na Universidade de Berlín, publicou importantes traballos sobre a teoría xeral da enfermidade infecciosa e, en particular, sobre a tuberculose. En 1890 obtivo a tuberculina que non respondeu ás esperanzas creadas ao redor do mundo como remedio infalible, pero que foi utilizada con éxito no diagnóstico precoz da tuberculose. Tamén inventou novas técnicas de cultivo de microorganismos, atopou os microorganismos causantes da disentería amébica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Elliehausen, Baixa Saxonia 1818 - Leipzig 1884) Químico alemán. Foi discípulo de Wöhler e Bunsen. Sintetizou o ácido acético e o ácido salicílico e, xunto co R. Schmidt, descubriu a síntese que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficina de Información dos Partidos Comunistas e Obreiros, creada en Varsovia en 1947, coa función de coordinar as tarefas políticas dos partidos do bloque comunista, á que se uniron os líderes comunistas de Francia e Italia. A escisión do réxime de Tito en Iugoslavia (1948) e a morte de Stalin (1953) provocaron a súa decadencia, ata a disolución definitiva en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug de Rusia (32.900 km2; 151.400 h [estim 1999]). A súa capital é Kudymkar (33.451 h [1995]). As principais actividades económicas son a explotación forestal, a agricultura e a gandería bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Donets’k, Ucraína (70.000 h [1987]). A súa economía baséase na extracción de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Breslau, actual Wroclaw 1827 - Dresden 1916) Fotógrafo polaco. Pioneiro neste campo, en 1843 construíu a súa propia cámara, equipada con lentes biconvexas acromáticas, coa que realizou calotipos e diversas investigacións. En 1851 fotografou unha eclipse de sol. Da súa obra, cómpre salientar os retratos realizados no seu estudio de Dresde, as paisaxes do L de Alemaña e a eclipse de Venus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wilda, Poznań 1897 - Wetzlar 1985) Fotógrafa polaca. Estudiou fotografía en Múnic e en 1920 instalou o seu propio estudo en Berlín. Colaboradora de diversas revistas internacionais, traballou en París (1924) como fotógrafa de modas. Participou nalgunhas publicacións xunto a Delaunay, Man Ray e André Kertész. Ademais foi correspondente de guerra en Indochina (1946). Publicou Metal (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bos Aires 1961) Pintor. As súas obras representan un universo persoal formado por planos de departamentos, cidades e salas de espectáculos, e obxectos concretos perfectamente identificables. Foi tamén autor e director teatral. Entre outras series destacan Nadie olvida nada (1982), Puro teatro (1995-1997) e La tetralogía de Wagner (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. En 1848 destacou na Guerra da Independencia italiana. Ministro da Guerra (1849-1859), reestruturou e modernizou o exército. Durante a Guerra de Crimea comandou as forzas piamontesas e foi nomeado xefe do Estado Maior na campaña de 1859. Entre 1859 e 1866 ocupou diversos cargos políticos, entre eles o de gobernador de Nápoles. Durante a Guerra Franco-prusiana foi francófilo e, despois da anexión de 1870, foi nomeado lugartenente do rei en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que ten a propiedade de coagular a caseína do leite e que se atopa especialmente no estómago dos animais novos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de labirinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de lagarto.

    VER O DETALLE DO TERMO