"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Poeta grego. Coñecido como Romos Filiras, foi o cantor da natureza e do amor. Publicou Κλεψύδρα (Clepsidra, 1921) e Πιερρότος (Pierrot, 1922), testemuños da angustiosa insatisfacción interior do autor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos il-khans.
-
Dinastía mongólica que gobernou Persia desde 1256 a 1335. Fundada por Hülegü, adoptaron este título para indicar a súa dependencia do gran khan de Pequín. O seu goberno representou unha época de prosperidade económica e de gran desenvolvemento cultural e artístico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hsien de Taiwán (2.137 km2; 465.095 h [2000]). A súa capital é Ilan (81.751 h [1995]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore perenne da orde das magnoliáceas. De orixe asiática, utilízase en perfumería, fitoterapia e farmacoloxía.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo. Discípulo de santo Isidoro, sucedeu o seu tío santo Uxío na sé episcopal de Toledo (657), por orde de Recesvinto, rei dos godos. É un dos santos antigos no culto hispánico (s VIII) e distinguiuse polo seu ardor na devoción da Virxe. Escribiu, entre outras obras, De viris ilustribus e De cognitione baptismi. Na iconografía viste a capa ou o palio dos arcebispos, con mitra e báculo e leva como atributos unha pequena escultura da Virxe cun veo na man; a representación máis repetida é a da Virxe dándolle a casula. A súa festividade celébrase o 23 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Essonne, Hauts-de-Seine, París, Seine-et-Marne, Seine-Saint-Denis, Val-de-Marne, Val-d’Oise e Yvelines (12.012 km2; 10.952.011 h [1999]). A capital é París. Ata a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) constituía o núcleo territorial do Reino de Francia, baixo o dominio real dos Capetos. No s XVI converteuse en provincia francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que se lle daba aos membros da dinastía turca musulmá dos qarakhanida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estrato (e idade) do Eoceno inferior mariño, situado entre o Tanetiano e o Cuisiano. O estrato tipo está na conca de Tremp.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ilerdiano.
-
-
Relativo ou pertencente a Ilici, actual Elx, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ilici, actual Elx.
-
-
CIDADES
Cidade e porto situado na illa de Mindanao, Filipinas (285.061 [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ilio e á pube.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de ouro, tres bandas (ou tres faixas) de goles, bordo axadrezado de azul e ouro, de dúas ordes. Algúns traen, en campo de ouro, un león rampante de goles. Outros, en campo de prata, un león de sable e bordo endentado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva de forma ovada e aplanada.
-
-
Aplícase ao que illa.
-
Aplícase á substancia destinada a impedir o paso da corrente de condución.Utilízanse dieléctricos, de alta resistividade e, polo tanto, de condutividade practicamente nula. Poden ser sólidos, líquidos e gasosos. Os illantes, a diferenza dos condutores, teñen os electróns ligados, pero só en condicións determinadas poden perder electróns, é dicir, que se ionicen, converténdose así en condutores. Os illantes gasosos son gases poliatómicos: N 2 , H 2 , SF 6 , e, sobre todo, o aire. Os illantes líquidos serven para aumentar a rixidez dieléctrica e evacuar a calor producida polas perdas eléctricas ou magnéticas. Empréganse especialmente os aceites minerais, derivados do petróleo, ou ben os sintéticos. Os illantes sólidos, os máis correntes, serven de soporte mecánico dos condutores e permiten a transmisión dos esforzos e da calor. Poden ser compostos naturais (minerais ou orgánicos) ou ben sintéticos. Pódense dividir en clases: O, A, B, C. Os máis empregados...
-
Aplícase á substancia capaz de soportar un gradiente de potencial de calquera tipo.
-
Materiais celulares derivados de polímeros, que teñen, entre outras propiedades, as de illantes térmicos e insonorizantes. O seu comportamento depende da densidade, da rixidez e das dimensión e estrutura da célula (aberta ou pechada). Presentan unhas propiedades comúns en todos eles: son inalterables pola humidade e polos insectos, impermeables á auga (se a célula está pechada), non propagan as chamas, son de pouco peso e teñen características iguais en todas as direccións. As series máis importantes son as resinas de urea-formaldehido, nas que a escuma pode ser cargada con fibra de vidro ou amianto, e son empregadas como insonorizantes; as resinas fenólicas, con dous tipos de escuma de grande estabilidade térmica: a reactiva (construcións isotérmicas) e a sindiotáctica; as resinas epoxi, con métodos de obtención que permiten aplicalas a pistola; as resinas de poliuretano, con moitas variedades, cunha rixidez que depende dos compoñentes e do grao de reticulación, e que se empregan en construción,...
-
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Realizou estudios eclesiásticos de filosofía e teoloxía en Roma e doutorouse en Historia na Universidade de Salzburgo. En 1951 foi a EE UU, onde exerceu de sacerdote católico durante cinco anos. De 1956 a 1960 foi vicerrector da Universidad Católica de Puerto Rico, en Ponce, de onde foi a México (1961) e fundou en Cuernavaca o Centro Intercultural de Documentación (CIDIC). Desde o CIDIC abriu unha perspectiva crítica de análise dos sistemas e das políticas educativas capitalistas, propoñendo que se deberían instaurar novas iniciativas de desenvolvemento cultural educativo nos países do Terceiro Mundo. Nesa orientación, destaca a súa obra Deschooling Society (1970), que acadou un grande impacto mundial pola creatividade e riqueza crítica das súas análises.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.
-
-
-
Corpo que ten a propiedade de atraer o ferro. Na natureza hai determinados minerais, como a magnetita, que presentan esta propiedade (imáns naturais). Outros, como o ferro, o níquel e o cobalto, son capaces de imantarse artificialmente, por rozamento con imáns naturais ou por acción dunha corrente eléctrica que atravesa unha bobina, como é o caso do electroimán (imáns artificiais). Os puntos dun imán en que a atracción do ferro se manifesta dunha maneira máis intensa son denominados polos, que se repelen se son do mesmo signo e se atraen se presentan o signo contrario. A Terra compórtase coma un imán xigante, de xeito que, ao abandonar libremente un imán sobre a superficie da Terra, un extremo oriéntase cara ao polo norte e o outro cara ao sur. As leis físicas sobre as propiedades dos imáns constitúen o magnetismo.
-
imáns directores
Conxunto de imáns da agulla náutica que poden orientarse sempre na dirección N-S magnética.
-
-
Persoa ou cousa que ten o poder de atraer a atención doutras persoas debido ao seu encanto intrínseco. OBS: Adoita construírse co verbo ter.
-