"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de colonias francesas en India durante o período 1664-1954, que comprendía Pondicherry, Kārikāl, Chandannagar, Māhe e Yanam.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso Nacional Indio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos tecidos de algodón, ou de algodón con mestura doutras fibras vexetais ou artificiais, estampadas por unha soa cara e cunha ou máis cores. Inicialmente procedía de India, pero despois tamén se fabricou en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, situado entre o lago Michigan ao N e o río Ohio ao S (93.719 km2; 6.080.485 h [2000]). A súa capital é Indianapolis. Situado nunha área chaira, o seu relevo tan só se ve perturbado por acumulacións de depósitos glaciarios. Os seus principais ríos son o Wabash e o White. O clima é continental húmido e a vexetación predominante é a pradería e o bosque caducifolio no N. A poboación é maioritariamente urbana (83%) e o seu crecemento viuse favorecido polo seu propio desenvolvemento endóxeno (baseado na explotación dos recursos minerais, fundamentalmente carbón, gas natural e petróleo, que permitiu a instalación de industria siderúrxica), así como pola proximidade dos núcleos urbanos da beira dos Grandes Lagos, que expandiron a súa influencia cara á zona setentrional do estado. O francés Robert Cavallier de la Salle explorou o territorio entre 1679 e 1680, e polo Tratado de París (1763) pasou ao poder do Reino Unido, que o cedeu a EE UU (1783). Estado federal...
-
CAPITAIS
Capital do estado de Indiana, EE UU, situado na confluencia do río Fall co White (791.926 h [2000]). Fundada en 1820, converteuse en capital do estado en 1821. É un importante mercado e núcleo industrial. O seu circuíto automobilístico, inaugurado en 1909, é o principal escenario dos deportes de motor no país, onde se celebra cada ano, entre outras probas, as 500 millas de Indianapolis.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estudio das linguas e literatura de India.
-
Palabra ou expresión hindú utilizada noutra lingua.
-
-
-
Que idealiza na literatura os temas relativos aos indios.
-
Persoa que estudia a lingua e a literatura de India.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás Indias ou aos indianos.
-
Natural, pero non aborixe, das Indias Occidentais.
-
Persoa que emigrou a América e que volveu rica.
-
-
-
Ácido libre inestable que se atopa na urina e no plasma sanguíneo dos mamíferos.
-
Principio activo illado da Indigofera e do Polygonium tinctorium por extracción con acetona.
-
Fenol derivado do indol, producido pola putrefacción da albumina dos intestinos, que aparece na urina en caso de insuficiencia hepática e que se fai ostensible no sangue cando hai insuficiencia renal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia dunha cantidade excesiva de indicán na urina. É sinal de insuficiencias hepáticas ou de fermentacións intestinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicador agregado de tres elementos ou indicadores básicos (educación ou escolarización, representado polo nivel de alfabetización adulta e o número medio de anos de escolaridade; saúde e lonxevidade, representada pola media de esperanza de vida ao nacemento; e nivel de vida, representado polo ingreso nacional per capita ou pola paridade do poder adquisitivo do PNB) considerados como críticos para determinar o nivel de desenvolvemento humano. Exprésase nunha escala que vai do 0 ao 1, de xeito que o 1 daría o máximo grao de desenvolvemento humano. Calcúlao o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento desde 1990.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica fundada por Jaume Vicens i Vives en 1953. Publicada primeiro pola Editorial Teide, posteriormente pasou a depender da facultade de Xeografía e Historia da Universitat de Barcelona. Reflite publicacións históricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Océano comprendido entre Asia, ao N, África, ao O, Indonesia e Australia, ao L, e o Océano Antártico, ao S. É o terceiro océano do mundo en extensión (74.900.000 km2) despois do Atlántico e do Pacífico. Comprende o mar de Arabia, o Mar Vermello, o Golfo Pérsico, o golfo de Bengala, o mar de Andaman e o mar de Timor. Inclúe no seu interior as illas de Madagascar, Seychelles, Comores, Mascareñas, Lakshadweep, Maldivas, Chagos e Kerguelen. As teorías da deriva continental e a tectónica de placas explican a orixe xeolóxica do Océano Índico. Según Mckenzie e Sclater, o subcontinente índico foi desprazado preto de 5.000 km en dirección SO-NL. Inicialmente, America do Sur, África, India, Antártida e Australia estaban unidas formando o continente de Gondwana. Non obstante , hai 180 millóns de anos, ao final do Triásico, América do Sur, África, India e Antártida (aínda unida a Australia) xa se separaran. Parcialmente coñecido polos gregos de Alexandre o Grande e percorrido ata...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que indigna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira sedimentaria que une a península do Deccan co Himalaia. É unha conca aluvial formada desde o Terciario e recuberta de materiais procendentes da erosión do Himalaia. Esténdese entre o golfo de Bengala e o mar de Arabia. Drénana os ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra.
-
-
Relativo ou pertencente á familia lingüístico-étnica dos indios e dos iranios.
-
Familia de linguas do phylum indoeuropeo que comprende as linguas indoarias e as iranias.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza indomelánida.
-
Individuo da raza indomelánida.
-
Raza do grupo melanodermo integrada por individuos dolicocéfalos de talle baixo, beizos grosos, pero non eversivos, cara afiada e nariz non moi ancho. Ocupa basicamente a metade S de India.
-
-
PENÍNSULAS
Península do S de Asia, situada entre Afganistán, ao O, o Himalaia, ao N, o Arakan Yoma e o golfo de Bengala, ao L, o Océano Índico, ao S, e o mar de Arabia, ao O. Está dividida entre os estados de Paquistán, India e Bangladesh, pero considérase unha unidade xeográfica, un subcontinente, que adopta o seu nome do río Indo. Este subcontinente pódese dividir en tres rexións: as rexións gondwanianas, o arco do Himalaia e a Chaira Indoganxética. As rexións gondwanianas correspóndense co bloque vello da India peninsular, de rochas antigas cun relevo que se orixinou por fracturas serodias. No Deccan os encaixamentos e basculamentos de bloques orixinaron un relevo moi diverso: aos relevos disimétricos das aliñacións en sentido L-O do N opóñense os horsts dos Ghates Occidentais e dos Ghates Orientais. O arco do Himalaia, conxunto montañoso do N, non é homoxéneo. ; Así, as cordilleiras baixas das fronteiras persa, ao O, e birmana, ao L, contrastan coa gran masa do Himalaia, enorme cordilleira...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
hindustani.
-
-
Propiedade dun circuíto eléctrico en virtude da que se produce unha fem por indución.
-
-
Magnitude que expresa a propiedade da indutancia.
-
inductancia mutua [M]
Relación entre o fluxo magnético que se produce nun circuíto a causa da corrente que circula por outro próximo, e esta corrente. A unidade de medida é o henry.
-
inductancia propia [L]
Relación entre o fluxo magnético total que abrangue un circuíto eléctrico e a corrente que circula. L é igual a Nφ/I, sendo N o número de espiras, φ o fluxo dunha espira e I a corrente. A unidade de medida é o henry.
-
-