"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
INBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público do Estado español fundado en 1935 en substitución das Cámaras Oficiais do Libro de Madrid e Barcelona. Refundouse trala Guerra Civil (1941) coa denominación definitiva. Controlaba a circulación comercial do libro en España, o cumprimento das leis, a publicación das recompilacións bibliográficas e a organización de feiras e congresos. Desapareceu o 21 de marzo de 1986.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo dependente da Deputación de Ourense creado en 1987 co obxectivo de procurar o desenvolvemento económico da provincia en todos os ámbitos. Entre as súas actividades inclúense a colaboración na procura de emprego, o apoio ás iniciativas empresariais e a formación e asesoramento aos empresarios. Encárgase da xestión do Padroado Provincial de Turismo de Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1941, dependente do Patronato Raimundo Lulio do CSIC. A súa principal finalidade é o estudo e investigación da pedagoxía e a súa historia, metodoloxía, organización docente e todos os aspectos que atinxen á educación. En 1943 comezou a editar a Revista Española de Pedagogía e, en 1949, creou a Sociedad Española de Pedagogía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de estudios teolóxicos adscrito á facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca. Herdeiro da Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1897-1932), creouse por iniciativa do arcebispo A. Suquía; en 1978 obtivo a vinculación provisional á universidade salmantina coa facultade de impartir as clases do grao de bacharel en Teoloxía. En 1980 a Sagrada Congregación para a Educación Cristiana aprobou os seus estatutos, de xeito que en 1981 comezou a funcionar como Instituto Teológico Compostelano, baixo a supervisión dunha xunta integrada polos bispos de Galicia e presidida polo arcebispo de Santiago. En 1986 o arcebispo A. Rouco Varela inaugurou as instalacións do ITC no mosteiro de San Martiño Pinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensaio pedagóxico para a reforma do segundo ensino, creado en Madrid polo Real Decreto de 10 de maio de 1918, con Santiago Alba no Ministerio de Instrución Pública. Dirixido pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, o seu plan de estudios caracterizábase pola continuidade no estudo das materias, con programas cíclicos e estudios comúns e obrigatorios ata os 15 anos, coa posibilidade de poder especializarse posteriormente nos dous cursos seguintes. O alumno distribuíase en dúas seccións, a primeira de carácter preparatorio para os comprendidos entre os 8 e os 10 anos. Ampliábase o abano de materias incluíndo o grego, as linguas modernas, o ensino artístico, o ensino manual e a música. O profesorado estaba composto por catedráticos numerarios de instituto, mestres de grao superior e aspirantes ao maxisterio secundario. Os seus principios poden buscarse na filosofía de Giner de los Ríos, na defensa da unidade do primeiro e segundo ensino, no ensino cíclico, na relación...
-
GALICIA
Pintor. Estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se especializou en debuxo, e aprendeu a técnica do gravado en Lugo. Realizou as ilustracións de La tierra y el mar e participou en numerosas mostras. En 1946 recibiu o primeiro premio do Concurso Provincial de Pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo e psicólogo. En 1983 fundou a revista de educación especial QUINESIA, única neste ámbito en Galicia. É profesor asociado da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. É autor de O profesor e o ensino da lectura (1996) e Orientación escolar en Galicia (1997); ademais é coautor de Determinantes da integración escolar (1986), Eidos de intervención en psicoloxía (1987) e Formación, transición e emprego (1995), e tamén colaborou en Psicopedagoxía da lectura (1991) e coordinou Adaptacións curriculares para alumnos con necesidades educativas especiais (1997). É membro fundador (1996) e presidente da Fundación QUINESIA para a Integración Social das Persoas con Discapacidades. Dirixiu (1998-2001) o Proxecto IUVENIS de Inserción Laboral de Xoves con Discapacidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten pouca ou ningunha substancia.
-
-
Calidade de insubstancial.
-
Cousa insubstancial.
-
-
-
Que insulta.
-
Que constitúe un insulto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de intanxible.
-
-
Que non se debe ou non se pode tocar.
-
Que é inviolable e obxecto de máximo respecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen integra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
intemperado.
-
-
Calidade de intemperante.
-
Dito ou feito propio dunha persoa intemperante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado entre consoantes.