"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Relativo ou pertencente aos tuaregs ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo tuareg.

    3. Pobo norteafricano de raza bérber con forte mestizaxe con negros sudaneses. Dedicados á gandaría nómade e secularmente á pillaxe de caravanas que atravesaban o deserto, forman un total de oito confederacións tribais. Divídense en tribos nobres e vasalas e teñen escravos gandeiros e agricultores. Son gobernados por un xefe supremo (amēno-kal), determinado xeralmente por sucesión hereditaria e normalmente sobre a liña matrilineal. O seu illamento permitiulles conservar a lingua bérber na forma máis pura (tamahaq) e o alfabeto tifinag, os costumes e a indumentaria peculiar (o velo ou liṭām as mulleres e a túnica azul e o turbante, entre os homes). Viven distribuídos entre Alxeria, Libia, Mali, Níxer e Sudán. A colonización e o contacto co mundo occidental produciron cambios importantes nas formas de vida tradicional e, eventualmente, a desaparición dalgunhas delas.

    4. Lingua bérber do phylum afroasiático que fala o pobo tuareg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infeccioso-contaxiosa que está producida polo bacilo Pasteurella tularensis, que se transmite ao home polo contacto con animais roedores enfermos ou por picaduras de insectos ou carrachos. É unha enfermidade propia do N de Europa, de EE UU e de Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante lírico. En 1866 conseguiu a praza de baixo na catedral de Santiago. Debutou en Florencia coa ópera La Africana. Destacou a súa interpretación nas óperas Norma, Hernani, Moisés ou Fausto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Publicou os poemarios Pluma y alma (1913), Ecos de la tragedia (1914) e De la vida (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Fundou o xornal Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia cómica e publicou Arlequinada (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. En 1912 viaxou a París, onde se relacionou con G. Apollinaire, Charles Péguy e P. Valéry. Iniciado no simbolismo, evolucionou cara a unha poética propia e atrevida, que culminou na introspección e na reflexión sobre o destino do home e a morte. Publicou Il porto sepolto (1916), Sentimiento del Tempo (1933), Il dolore (1947), La terra promessa (9150) ou Il taccuino del vecchio (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardo Accolti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Universidade creada polo cardeal Cisneros mediante bula pontificia concedida polo Papa Alexandre VI en 1499 que permitía converter o Estudio General existente na universidade, denominada Universitas Complutensis por Complutum (‘confluencia de dous ríos’) nome latino de Alcalá. A mediados do s XIX trasladouse a Madrid onde pasou a denominarse Universidad Central (1936) co monopolio de expedición de títulos de doutor. Cara a 1951, a instancia da Universidad de Salamanca, perdeu este monopolio e cambiou o nome de Universidad Central polo de Complutense. En 1975 dividiuse en dúas: o ensino de ciencias experimentais, ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades agrupáronse na Universidad Complutense de Madrid, mentres que as escolas superiores de ensinos técnicos se agruparon na Universidad Politécnica de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Dignatario dos príncipes valacos, recolleu os seus recordos persoais en Istorie a preaputernicilor împărati otomani (1863). A súa obra principal é un tratado de gramática romanesa, publicado en 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outes baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa da Frouxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Masma que nace na parroquia de Sasdónigas e desemboca na de Santiago de Mondoñedo, ambas as dúas no concello de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo axadrezado de ouro e goles, de corenta e dúas pezas (6x7). Outro, escudo axadrezado de ouro e azul, de corenta e dúas pezas; bordo de ouro, cheo. Outro, escudo partido: 1, de azul, cun león de prata; 2, axadrezado de 21 pezas de prata e goles (3x7).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), foi xefe superior de Administración Civil, ata que en 1866 decidiu retirarse da función pública. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como El Eco de Galicia, Galicia, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela, contribuíu á elaboración do Dicionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, en especial no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. No ámbito da etnografía recolleu datos sobre folclore galego que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, inédito ata 1970) e Novo apéndice ao Cantigueiro popular (1887). Destacou o seu labor como gramático con Elementos de gramática gallega (datado en 1892, pero inédito ata 1970) e, sobre todo, como lexicográfico coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Madrid e na Escola de Canteiros de Poio, onde se converteu na primeira muller en obter o título de mestre canteiro, e en Carrara. Desde 1990 organiza no Grove o Simposio Internacional de Escultura. Realiza esculturas tanto de pequeno tamaño como monumentais e esculturas públicas, en que a luz e a forma son as protagonistas. Traballa o mármore, o granito e outras pedras. Das súas obra destacan Arco do Atlántico (Baiona, 1993), Fervenza de auga (Maltatal, Austria, 1993), Pegada dunha vida (Maalot, Israel, 1993), Battaglia di Tassera (Como, Italia, 1994) e Herida breve (Guadalajara, México, 1996)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terzo de infantaría fundado en 1643 por Fernando de Valladares e Sarmiento e composto por 11 compañías formadas por xente de Vigo e a súa comarca. Durante o s XVII participou nas guerras contra Portugal e Flandres. En 1702 foi destinado ao exército do Baixo Rhin e interveu na campaña do Palatinado. Volveu a Vigo en 1710 e en 1714 tomou parte no sitio de Barcelona, incorporado ao exército do duque Bermick. Desapareceu en 1715, coa reforma da infantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO