tuareg
-
adx
Relativo ou pertencente aos tuaregs ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tuareg.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo norteafricano de raza bérber con forte mestizaxe con negros sudaneses. Dedicados á gandaría nómade e secularmente á pillaxe de caravanas que atravesaban o deserto, forman un total de oito confederacións tribais. Divídense en tribos nobres e vasalas e teñen escravos gandeiros e agricultores. Son gobernados por un xefe supremo (amēno-kal), determinado xeralmente por sucesión hereditaria e normalmente sobre a liña matrilineal. O seu illamento permitiulles conservar a lingua bérber na forma máis pura (tamahaq) e o alfabeto tifinag, os costumes e a indumentaria peculiar (o velo ou liṭām as mulleres e a túnica azul e o turbante, entre os homes). Viven distribuídos entre Alxeria, Libia, Mali, Níxer e Sudán. A colonización e o contacto co mundo occidental produciron cambios importantes nas formas de vida tradicional e, eventualmente, a desaparición dalgunhas delas.
-
s
m
[LING]
Lingua bérber do phylum afroasiático que fala o pobo tuareg.