"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente ao ano.
-
Situado preto do ano.
-
Segundo Freud e os psicanalistas, é o segundo estadio da evolución da libido (desexo sexual instintivo) que comprende, aproximadamente, dende os dous ata os tres anos de vida dos nenos e nenas. Os impulsos libidinosos estrutúranse baixo a primacía da zona anal e as funcións de excreción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non cambia de forma por inversión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten alantoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato aluminicosódico hidratado, NaAlSi2O6·H2O, tectosilicato do grupo das zeolitas. Cristaliza no sistema cúbico, e os cristais poden estar illados, reunidos en drusa ou en agregados compactos ou terrosos. É de exfoliación pouco clara e a súa cor é branca, rosa ou gris. Ten unha dureza de 5,5 e un peso específico de 2,24. Aparece nas cavidades dos basaltos como produto da transformación da nefelina e a leucita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de fragmentos literarios escollidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a obra na que se recollen as Conversas de Confucio.
-
-
Relativo ou pertencente ás analectas.
-
Aplícase a unha cousa que se fixo en base a seleccións ou escolmas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxección ortográfica do xiro celeste sobre o plano do meridiano. Permite determinar a altura dun astro nun certo momento. Aplicado ao Sol permite determinar simultaneamente a declinación solar e a ecuación do tempo para cada día do ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anacronía que retoma acontecementos pasados ao momento actual do discurso, rompendo a orde sucesiva do relato. O fenómeno contrario denomínase prolepse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recuperación das forzas despois dunha enfermidade.
-
-
Que dá forzas, que restablece as forzas.
-
Estimulante do sistema nervioso central, en especial do bulbo raquídeo e particularmente dos centros respiratorio e vasomotor. Ten unha acción preponderante sobre o aparello circulatorio periférico, que fai aumentar inmediatamente o volume de sangue circulante e que mellora, deste xeito, a osixenación dos tecidos e dos órganos principais. Os empregados actualmente son derivados, entre outros, dos tetrazólicos, da efedrina ou do ácido nicotínico. Empréganse como tónicos cardíacos e estimulantes en casos de shock, colapso, intoxicación ou asfixia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Narcís Feliu de la Penya na que recolle en tres volumes a historia de Catalunya dende a prehistoria ata o ano 1709; o seu obxecto era difundir unha versión catalá sobre a historia do Principado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de economía fundada no ano 1941 en Madrid. Órgano do Instituto Sancho de Montcada do CSIC.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Historia dos reinos da Coroa Aragonesa do historiador aragonés Jerónimo Zurita. Dividida en 30 libros, os 20 primeiros conteñen a historia da Coroa de Aragón dende o s VIII ata o fin do s XV. Os outros 10 forman a Historia del rey Fernando el Católico. A primeira edición é do 1562, que suscitou fortes polémicas. Está considerada como unha das obras fundamentais da historiografía catalano-aragonesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subtitulada como “Publicación del Magisterio”, editouse en Lugo no ano 1870. Contiña información de carácter educativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra en dous tomos publicados respectivamente nos anos 1733 e 1736 en Santiago de Compostela. Constitúen unha serie de relatos baseados en lendas e antigos cronicóns sen aval de rigor científico. O seu autor foi Francisco Manuel de la Huerta (1697-1752). Froito das súas viaxes son os Anales, nos que recompilou cantos datos puido sobre xeografía, historia e arqueoloxía de Galicia. O seu carácter barroco revélase na súa inclinación polo fantástico. Pese a ser un home estudoso da historia, a súa obra foi cualificada polos ilustrados da época como moi pouco acertada e fiable, chea de tópicos xa desterrados. O Padre Sarmiento afirmaría do seu autor que semellaba escribir sobre Galicia dende a Patagonia ou California. A obra foille dedicada ao Apostolo Santiago, o que valeu ao seu autor a gratificación e recoñecemento do Cabido catedralicio de Compostela.
-
-
Estado ou característica propia do analfabeto.
-
Fenómeno social que existe como consecuencia dunha insuficiente escolarizacion. Por regra xeral, debido a que a maioría das leis de escolarización obrigatoria son bastante recentes, está máis espallado nas poboacións rurais, máis pobres e dispersas ca as urbanas, entre a poboación feminina e tamén entre os adultos, máis que entre os novos. Segundo datos da UNESCO, prevese que para o ano 2000 haxa aproximadamente 1.000 millóns de iletrados no mundo. Na actualidade, moitos países occidentais están a considerar un novo tipo de analfabetismo funcional, xurdido da incapacidade de aplicar na vida real as nocións aprendidas e relativas á escritura ou lectura.
-
Fenómeno social caracterizado pola existencia de persoas que non saben empregar aparellos informáticos.
-
Proporción de analfabetos sobre a poboación total considerada. Adoita expresarse de xeito porcentual sobre o total de maiores de 15 anos e distingue a poboación feminina da masculina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non sabe escribir ou ler dun xeito comprensivo, que non entende explicacións referentes á vida cotiá.