"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Médico psiquiatra e psicanalista. Licenciouse en medicina e cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1966) e especializouse en psiquiatría na Universidad de Madrid. Realizou o seu labor de médico en diferentes centros nacionais e estranxeiros. É presidente e fundador da Asociación Galega de Terapeutas de Autismo e Psíquicos de Galicia, presidente da Federación Autismo Galicia e director xeral e secretario da Fundación Menela para nenos autistas. Publicou diversos traballos científicos, artigos e os libros Control de natalidade. Métodos contraceptivos (1977), As voces de mármore. Autismo e psicoses infantís en Galicia (1987) e Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca da Estrada (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Formouse en Salamanca e Roma e, ao regresar a España, foi arcipreste de Uceda e recibiu a capelanía da catedral de Sigüenza en 1480. En 1484 ingresou no convento de franciscanos de Toledo, onde cambiou o seu nome, Gonzalo, polo de Francisco. Confesor desde 1492 de Isabel I a Católica, provincial dos franciscanos (1494) e arcebispo de Toledo desde 1495, impulsou a tarefa reformista para restablecer a pureza da orde de san Francisco e das ordes mendicantes e para frear as inmunidades e os privilexios do clero secular. En 1499 trasladouse a Granada, onde emprendeu unha política de conversión rápida dos mudéxares, que contribuíu a desencadear unha guerra de guerrillas en Las Alpujarras. Ao morrer a raíña (1504), converteuse na personalidade clave e moderadora nas desavinzas entre Fernando I o Católico e Filipe II de Aragón o Fermoso; ao finar este prematuramente (1506), como membro da rexencia, apurou a volta de Italia de Fernando I o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, avogado e político. Colaborador de diversas publicacións periódicas, dirixiu El Balón e Foro Gallego. No eido político exerceu como tenente de alcalde do concello da Coruña e creou, xunto con Cristino Álvarez, o trofeo Teresa Herrera de fútbol. Ademais, foi membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Doutor en Dereito (1953), despois dun breve período como ministro de Traballo (1977-1978) foi nomeado embaixador de España ante a OIT en Xenebra. Membro do Tribunal Constitucional desde 1995, en 2001 foi designado presidente do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia Medieval, foi profesor de historia medieval e moderna na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi membro fundador do novo Seminario de Estudos Galegos e secretario do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Especializado na historia medieval de Galicia, colaborou en diversas revistas especializadas e nos estudios La ciudad y el mundo urbano en la historia de Galicia (1988) e O pensamento galego na historia (1990). Publicou Guía para el estudo de la Edad Media gallega, 1100-1480 (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico xeriatra. Foi presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella Española na Coruña, director da Revista Española de Geriatría y Gerontología e profesor de xeriatría nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. É autor de diversos traballos e libros sobre a súa especialidade e publicou Iniciación a la Geriatría (1981) e Salud Pública y envejecimiento (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lírico. Foi un dos máximos expoñentes do modernismo en lingua castelá, que influíu decisivamente en xeracións de poetas posteriores. Interesado na obra dos simbolistas franceses e na de Rubén Darío, que acentuaron a súa inclinación cara a melancolía, en 1900 publicou os seus primeiros textos, cos títulos de Ninfeas e Almas de violeta. A súa obra poética, ademais de numerosa e independente, allea a calquera xeración e moda, está marcada por un afán constante de superación, case sempre retocando os seus poemas en sucesivas seleccións. Con Baladas de primavera (1910), La soledad sonora (1911) e Diario de un poeta recién casado (1917) inaugurou un novo estilo máis depurado, na procura da beleza absoluta, da poesía e do espírito que tenta fundir co seu lirismo esencial interior, mesturando elementos metafísicos e abstractos. Destacan tamén Arias tristes (1903), Eternidades (1918), Piedra y cielo (1919), Canción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Shandong, China (1.480.915 h [1990]). É un centro comercial e de transportes debido á proximidade da rexión agrícola do N de Shandong e é produtora de algodón, cacahuetes e tabaco. A partir de 1949 instaláronse fábricas de construción de maquinaria, produción téxtil, papel e cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangxi, China (148.583 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación privada vinculada ao concello de Barcelona, creada por Joan Miró en 1971. O edificio que a acolle, obra de Josep Lluís Sert, está situado no Parc de Montjuïc e abriuse ao público en xuño de 1975. Dedícase ao estudo e difusión da obra de Miró e á promoción da arte contemporánea de vangarda. O pintor dotouna cunha colección integrada por pinturas, esculturas, practicamente a colección completa da súa obra gráfica, e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista brasileiro. Foi un dos principais impulsores da renovación da música popular de Brasil, que na década de 1960 desembocou na bossa nova. Moitas das súas composicións, entre elas Garota de Ipanema, fixéronse famosas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Pertencente a unha familia burguesa de Santiago de Compostela, cultivou a súa poesía a partir de 1270 na corte de Afonso X e tal vez, tamén, de Sancho IV, onde se relacionou con Johan Vasquiz de Talaveira, con quen mantivo unha tenzón, e Per’ Eanes Marinho. Consérvase unha abondosa obra lírica da súa autoría, conformada por 81 composicións, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. O corpus componse de 47 cantigas de amigo, nas que se dá fundamentalmente unha adecuación ao xenero da cantiga de amor sen concesións a motivos popularizantes, 21 cantigas de amor (1 pastorela), 11 escarnios (6 persoais, 3 de amor e 2 sociais) e 2 tenzóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr ou segrel galego. Activo no segundo terzo do s XIII, viviu no último período do reinado de Fernando III e Afonso X. Estivo, probablemente, ao servizo de Rodrigo Gómez de Trastámara e, durante a expansión dos reinos cristiáns, participou nas campañas de Murcia (1242-1243) e Sevilla (1248). Tendo en conta certas referencias das súas cantigas de escarnio, así como as alusións á súa persoa por parte doutros trobadores, ademais da súa participación no ciclo satírico dedicado a Maria Perez a Balteira, pódese relacionar con Airas Perez Vuitoron, Pero Garcia d’Ambroa, Gonçal’Eanes do Vinhal, Pedr’Amigo de Sevilha, trobadores cos que debeu fomentar a súa relación durante os anos de expansión dos reinos cristiáns. Consérvanse 30 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 13 cantigas de amigo (3 dialogadas), que se caracterizan pola súa variedade temática, 7 cantigas de amor, que presentan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame organizado polo concello de Bueu desde 1995, que ten por obxectivo honrar a figura de Xosé Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, ao mesmo tempo que fomenta a cultura literaria en lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xograr galego. Activo no último cuarto do s XIII e comezos do s XIV. Consérvanse só 3 cantigas de amigo da súa autoría, en concreto de romaría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións teñen como escenario a ermida de San Mamede do Mar, situada na parroquia de Beluso (Bueu), e cada unha delas presenta un esquema métrico diferenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro portugués. Pertenceu á liñaxe de Maia. Nas rúbricas atributivas do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, aparece co título de “escudeyro”. Figura en Livros de Linhagens como “Johan Estevez de Gaia”, fillo de Estevan Anes e de Tareyia Migees, neto de Johan Anes. Aparece documentado nunha doazón (1287) e nunha herdanza (1319). Activo no último cuarto do s XIII e primeira metade do XIV (1287-1319?) na corte do conde de Barcelos, relacionouse con trobadores como Estevan da Guarda e Johan Fernandez d’Ardeleiro. A xulgar polas referencias históricas contidas nas súas cantigas, debeu estar en Lisboa desde finais do s XIII. Consérvanse 7 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 4 cantigas de amor e 3 escarnios persoais, que se caracterizan pola súa variedade de formas métricas, estróficas e rítmicas, e polo emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr galego. Aínda que tradicionalmente se considere activo a finais do s XIII, a xulgar pola súa colocación nos cancionieros, pódese encadrar entre o segundo e último cuarto dese século. Consérvanse da súa autoría 5 cantigas de amigo, en concreto de romaría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións, de refrán, fan referencia a unha ermida dedicada a Santa María de Faro, que talvez se poida identificar co santuario do mesmo nome situado na parroquia de Requeixo, en Chantada. Estilisticamente, caracterízanse pola súa variedade métrica pero pola pobreza dos seus esquemas rimáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro, probablemente de orixe galega. Desenvolveu a súa actividade en Portugal entre 1325 e 1350. Segundo a rúbrica da súa cantiga de escarnio tivo bens en Pavia, no distrito de Évora. Relacionouse con Johan de Gaia, Estevan da Guarda e o xograr Johan de León na corte do conde de Barcelos. Atribúenselle só dúas composicións recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor fragmentaria, que mantén os motivos tradicionais, e un escarnio político, que emprega o artificio das rimas macho-femia, un dos trazos característicos da escola galego-castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro. Activo no segundo e terceiro cuarto do s XIII, estivo ao servizo da liñaxe dos Sousa. Participou no “ciclo das Amas” (1240-1247), na corte castelá de Fernando III, onde coñeceu a trobadores como Johan Soarez Coelho e Lourenço. Logo estivo na corte de Afonso X, onde se relacionou con Pedr’ Amigo de Sevilha, Roi Queimado e Pero Mafaldo, e, finalmente, na de Afonso III. Despois da súa estancia en Castela volveu a Portugal e   asentouse no partido xudicial de Faria. Consérvanse 54 composicións da súa autoría pertencentes aos tres xéneros maiores, que están recollidas no Cancioneiro da Ajuda e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 17 cantigas de amigo (1 dialogada), 14 cantigas de amor (1 dialogada), 23 escarnios (5 de amor, 4 de amigo, 5 persoais, 5 literarios, dous deles tenzóns, e 4 sociais). Tanto nas cantigas de amor como nas de amigo, introduciu innovacións que practicarían autores máis tardíos como Johan...

    VER O DETALLE DO TERMO