"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Movemento literario de filiación liberal (Nova Alemaña), ao que a Dieta federal prohibiu a publicación de calquera escrito (1835). Eran individualistas, racionalistas e inimigos da reacción política; rexeitaban os prexuízos morais e sociais, e preconizaban a emancipación das mulleres e a liberdade sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Carl-Gustav Jung e ás súas teorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Establecido en Castela ao redor de 1533, instalouse en Valladolid. Xunto con Alonso Berruguete é o representante principal da escola castelá do segundo terzo do s XVI. É autor de dous Santo Entierro (Valladolid, 1539; catedral de Segovia, 1571), do retablo da igrexa de La Antigua de Valladolid (1545-1562), e do de Burgo de Osma (1550-1554). En Galicia atribúenselle a Virxe da Esperanza, de Santiago de Allariz, e a Inmaculada, do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Coñeceu a Napoleón I Bonaparte no Sitio de Toulon e distinguiuse nas campañas de Italia e Exipto, onde acadou o grao de xeneral (1798). Gobernador de París (1804) e embaixador en Lisboa (1805), dirixiu o exército que ocupou Portugal (1807), polo que recibiu o título de duque de Abrantes e foi nomeado gobernador do país. Vencido por Arthur Wellesley en Vimeiro (1808), tivo que capitular en Sintra e abandonar Portugal. Malia que xa manifestaba síntomas de demencia, Napoleón confioulle o goberno das Provincias Ilirias (1813) e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario dalgúns sectores da oposición antifranquista, creado en 1947 baixo o impulso básico do PCE e coa adhesión gradual de CC OO, Partido Socialista Popular, PTE, Alianza Socialista de Andalucía e independentes. En 1976 fusionouse coa Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, na denominada Platajunta ou Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Formouse na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Traballou como actor e director en diversos colectivos, ata orientar a súa carreira profesional cara á realización de espectáculos para cine, televisión e teatro, ao tempo que iniciou a súa andaina como dramaturgo. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Hay que deshacer la casa (1983), Sólo, sólo para mujeres (1993), Trato carnal (1995), Ausencias (1994) ou Contracuerpo (1996). A súa obra ten unha orientación clásica, na que a crítica de costumes se presenta a través de comedias solidamente construídas. En 1983 recibiu o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que se corresponde co dos condes de Occidente durante a Idade Media, nos países eslavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano situado en Baviera, Alemaña. Está formado por rochas calcarias do Xurásico, atravesado por profundos vales dos afluentes do Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor persa. Autor da primeira epopea cabaleiresca en lingua persa, titulada Wīs u-Rāmīn (1048). Esta obra constitúe o primeiro punto de unión entre o antigo mundo iraniano e o islámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Membro do partido comunista desde 1932 e secretario xeral do comité central desde 1943, converteuse en xefe de goberno, trala intervención en Hungría do exército soviético (1956-1958). Foi novamente primeiro ministro en 1961-1965 e secretario xeral do partido en 1956-1988. Flexibilizou a economía e promoveu a liberalización política e cultural. A crise económica da década de 1980 fixo diminuír sensiblemente a súa popularidade e levou á súa destitución (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído pola obra de Kierkegaard, Ibsen e o naturalismo, estudiou as ideas sociolóxicas de A. Weber e a filosofía de Franz Brentano. Está considerado un dos precursores do expresionismo e do surrealismo. Na súa concepción da vida uniu a visión existencialista do mundo co substrato hebraico do seu contorno social: o non entendemento por parte das personaxes do mundo que os rodea e a loita contra o inalcanzable, reflicten a tensión do xudeu que quere integrarse nunha sociedade que o menospreza. En vida publicou en alemán a narración Beschreibung eines Kampfes (Descrición dunha loita, 1909), a colección de textos e narracións Betrachtung (Contemplación, 1910), o primeiro capítulo de Amerika, as narracións de Das Urteil (A condena, 1913), Die Verwandlung (A metamorfose, 1915), In der Strafkolonie (Na colonia penal, 1919) e a colección de narracións Ein Landarzt (Un médico rural, 1919), entre outras. Max Brod, o seu amigo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Franz Kafka ou ás súas obras.

    2. Que resulta angustioso ou sumamente desorientador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británico. Profesor na Cambridge University (1951-1972). En 1931 introduciu o concepto de multiplicador do emprego, recollido máis tarde por J. M. Keynes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Profesor nas universidades de Princeton, Berkeley e Columbia, recibiu o Premio Nobel de Economía en 2002, xunto con Vernon Lomax Smith, polo seu labor na integración da investigación sociolóxica na ciencia económica, especialmente na toma de decisións en situacións de incertidume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante e tratadista de arte. En 1907 abriu en París a súa primeira galería. Relacionouse cos fauves e descubriu e promocionou a Van Dongen, Picasso, Braque, Juan Gris, Léger e Manolo Hugué. En 1920 abriu a Galeria Simon (despois Louise Leiris) e comprometeuse con diversos artistas, como Henri Laurens e André Masson. Foi o máximo difusor do cubismo. Escribiu Der Weg zum Kubismus (1920), Juan Gris (1943) e Mes galeries et mes peintres (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (14.680 km2; 1.025.241 h [1997]). A súa capital é Kahramanmaraş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (303.594 h [1997]). A actividade económica máis importante é a explotación das minas de ferro e plata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Kairouan, Tunisia (102.634 h [1994]). Fundada en 670 por ‘Uqba ibn Nāfi’, gobernador de Ifrīquiya, acadou un gran desenvolvemento como capital da dinastía aglábida (s IX). Pola súa situación xeográfica, foi codiciada polos bérberes e conquistada polos normandos en 1148. Co traslado da capital a Mahdia (947) comezou a decadencia que non superou ata mediados do s XVIII, baixo os reis husenitas. A mesquita, fundada por ‘Uqba (s VII) e reconstruída (836) por Ziyādat Allāh, é de estrutura andalusí. A UNESCO declarou a cidade Patrimonio da Humanidade en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (6.712 km2; 563.200 h [estim 2000]). A súa capital é   Kairouan.

    VER O DETALLE DO TERMO