"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro mecánico austríaco. Especializado en turbinas hidráulicas, perfeccionou as de hélice a fin de obter velocidades de rotación altas. Inventou a turbina hidráulica que leva o seu nome, a turbina Kaplan.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego, conde de Kapodistrias. En 1809 entrou ao servizo do tsar Alexandre de Rusia e en 1816-1822 foi o seu conselleiro en política exterior. En 1828 foi elixido presidente de Grecia, e tres anos máis tarde foi asasinado nun atentado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político montenegrino. En 1990 fundou o Partido Democrático Serbio (Srpska Demokratska Stranka, SDS) e converteuse no dirixente da autoproclamada República Serbia de Bosnia durante a guerra da antiga Iugoslavia. Desde 1996 está reclamado polo Tribunal da Haia, acusado de crimes contra a humanidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast´ homónima, Kazakhstán (436.900 h [1999]). É o centro dunha conca hulleira, o que fai que a súa economía estea baseada na industria extractiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast´ de Kazakhstán (428.000 km2; 1.411.401 h [1999]). A súa capital é Karaganda.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra austríaco. Dirixiu a Staatsoper de Berlín (1939-1944), a orquestra sinfónica de Viena, a orquestra filharmónica de Berlín (1955-1989) e a Staatsoper de Viena (1956-1964). Desde 1965 dirixiu o festival de Salzburgo. Gravou moitos discos, especialmente de Beethoven e outros autores románticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República Autónoma de Uzbekistán (164.900 hm2; 1.343.000 h [estim 1993]). A capital é Nukus. Sometida polos rusos a finais do s XIX, pasou o control dos soviéticos en 1920. Rexión Autónoma de Karakalpaquistán desde 1925, en 1932 converteuse en república autónoma. En 1936 foi transferida á República Socialista Soviética Uzbeca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il situado en Turquía (9.163 km2; 227.269 h [1997]). A súa capital é Karaman.
-
DINASTIAS
Dinastía turcomana que dominou (ss XIII-XV) a rexión de Karaman, no S de Asia Menor, como emirato. A mediados do s XV o emirato foi absorbido polo Imperio Otomano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político grego. Foi primeiro ministro entre 1955-1963 e, tras un período de exilio en París, regresou a Grecia en 1974 ocupando novamente o cargo de primeiro ministro (1974-1980) e o de presidente da República (1980-1985; 1990-1995). Preocupouse pola restauración do sistema democrático e pola integración de Grecia no panorama europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Última das grandes novelas de Dostojevskij, publicada por vez primeira entre 1878 e 1880. É a historia dun parricidio, e constitúe a “novela síntese” do pensamento e da arte de Dostojevskij.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira alpina que forma o extremo oriental dos Alpes, entre Austria e Eslovenia, e constitúe unha prolongación dos Alpes Cárnicos. Separa os vales do Drava e do Sava. Atravésaa un túnel de 8 km, aberto en 1909, que une Austria con Ljubljana e Trieste por ferrocarril. Un segundo túnel, acabado en 1991, une por estrada Austria e Eslovenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Espiritista francés. De nome Hippolyte Léon Denizart Rivail, fundou a revista Spirite e escribiu Le livre des esprits (1857), Le livre des médiums e L’Évangile selon le spiritisme (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica danesa. Obtivo o premio de interpretación no Festival de Berlín de 1961 por Une femme est une femme. Outros filmes seus son Le petit soldat (1961), Pierrot, le fou (1965), Chaussette surprise (1978), L’Ami de Vincent (1983) e L’oeuvre au noir (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Autor de O mendigo (1899), de carácter popular, e da obra realista O arqueólogo (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico húngaro. Diplomado pola Universidade de Budapest en 1902 e pola de Göttingen en 1908, foi profesor en Aquisgrán entre 1912 e 1921, e no CIT (California Institut of Technology) e dirixiu o Guggenheim Aeronautical Laboratory do CIT en Pasadena, entre 1930 e 1949. Deseñou as roscas Karman, que diminúen a interacción aerodinámica entre a á e a fuselaxe. A súa obra céntrase principalmente na aerodinámica, propulsión a chorro e os foguetes. Participou nos programas de investigación espacial de EEUU e desenvolveu o primeiro foguete teledirixido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico e realizador cinematográfico ucraíno. Operador durante a Guerra Civil española (Ispanija, 1939), rodou tamén en China, V Kitaje (A China, 1942), en Vietnam, Vietnam (1954), e en América Latina, Continente en llamas (1971-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xadrecista. Aos 18 anos gañou o título mundial xuvenil. Dous anos máis tarde comezou unha gran carreira internacional na que o primeiro galardón foi o título de Gran Mestre que conseguiu en Caracas. En 1975 acadou o título mundial por renuncia do estadounidense Robert Fischer. Defendeuno contra Korčnoj en Filipinas en 1978 e en Italia en 1981. Mantivo o título ata 1985, cando o perdeu fronte a Gary Kasparov. En 1993 gañou o campionato do mundo da Federación Internacional de Xadrez, logo de que Kasparov crease unha organización paralela, a Asociación Profesional de Xadrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado no extremo occidental da provincia, no límite con Cantabria (2.887 h [2001]). Pasan pola localidade varios regatos que desembocan no río Karrantza. A súa capital é La Concha e a poboación está fortemente diseminada. Destaca a gandería bovina e porcina e a avicultura. As principais industrias dedícanse á elaboración de derivados lácteos e á fabricación de pensos. Posúe xacementos de chumbo, fluorita e blenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Xeorxia ou ás linguas de Xeorxia.
-
Grupo de linguas caucásicas do sur. Comprende o xeorxiano, o mingrelio e o svanuri.
-