"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

      1. Acción e efecto de desacentuar.

      2. desacentuación rítmica

        Fenómeno métrico que consiste na supresión do acento que lle corresponde a unha palabra para adecuala ao ritmo imposto na composición.

    1. Operación inversa á da preacentuación, mediante a que se restitúe a forma orixinal do espectro transmitido. Efectúase no receptor e é moi frecuente en FM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de eliminación dun grupo acetilo CH3CO- dunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desacidificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desaclimatar ou desaclimatarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desactivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de desafecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder o afecto ou a afección por unha persoa ou cousa.

    2. Perder o afecto ou a afección por unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desafectar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desafinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desagregar ou desagregarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desbasificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de obtención de auga potable a partir de auga que, pola concentración de ións, non é apta para usos industriais ou domésticos. A desalinización realízase, principalmente, en zonas litorais onde existe unha carencia total de auga potable. Hai dúas clases de desalinización; a primeira inclúe os métodos que separan o disolvente da auga salgada: destilización con múltiple efecto, compresión de vapor e conxelación con refrixerante inmiscible; a segunda inclúe os métodos que separan o sal da disolución e son os baseados na electrodiálise, no intercambio iónico e na osmose. O método da destilación con múltiple efecto baséase na evaporación e é o máis empregado. As primeiras unidades de desalinización por destilación simple instaláronse en barcos, mentres que a primeira planta en terra firme construíuse en Exipto en 1912.

    2. Acción de disolver ou simplemente eliminar a concentración salina dun terreo, como a que se dá en rexións de clima árido ou semiárido, á beira do mar ou dun lago salino, nos que se dan poucos cultivos.

    3. Eliminación do sal que contén en disolución o petróleo en bruto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento interpretativo que consiste na aclaración dos significados escuros ou ambiguos que poida presentar unha palabra ou unha construción gramatical para evitar confusións. Normalmente, conséguese por medio da contextualización da secuencia no marco conceptual que lle corresponde ou pola coherencia comunicativa. No discurso literario, a ambigüidade dos textos é a miúdo intencionada, de xeito que non sempre se pode determinar un único sentido entre os distintos que suxire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación do grupo amida -CONH2 dun composto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminación do grupo amino -NH 2 dun composto orgánico. É unha reacción importante no metabolismo dos aminoácidos, que ten lugar principalmente nos riles e no fígado.

    2. Reacción enzimática na que un grupo amino -NH 2 se substitúe por un átomo de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desamortizar.

    2. Proceso político e económico polo que o Estado nacionalizou propiedades e bens amortizados de diversos tipos (rústicos e urbanos, censos e foros), que pertencían a entidades eclesiásticas e civís (mans mortas) e que se prolongou en España entre 1766 e 1924. Deste xeito, as institucións que tiñan bens amortizados dispoñían das rendas que producían aqueles, feito que lles garantía a súa estabilidade, pero non podían usar o capital.
      A orixe do proceso
      Na Península Ibérica, xa dende a época visigoda, existiu unha tendencia a limitar a acumulación de propiedades nas mans da Igrexa, pero non foi ata a chegada do reformismo borbónico cando se iniciou o proceso, ao conseguir Filipe V que os eclesiásticos tributasen por calquera propiedade que adquirisen a partir daquel momento (1737). Logo da expulsión da Compañía de Xesús (1767), a desamortización aplicouse por primeira vez ao vender a metade dos seus bens, mentres que a outra metade foi administrada pola coroa e polas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desanimar ou desanimarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desaprobar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desarborizar.

    VER O DETALLE DO TERMO