"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Curtis (concello homónimo), Cidadela (concello de Sobrado) e Curtis (concello de Vilasantar). O seu cumio acada os 602 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abandonar un grupo de abellas o seu enxame e constituír outro novo.
-
Instalarse un enxame de abellas nun trobo ou noutro lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na antiga cidade de Epidauro sobre unha ladeira, construíuno Policleto o Novo cara ao 360 a C. Cunha capacidade de 14.000 espectadores, destaca pola súa acústica, que permite escoitar calquera son emitido, dende un murmurio ata a rachadura dun papel, dende a orquestra circular en calquera lugar da bancada. Dende 1954 celébrase un festival de teatro clásico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prominencia da parte inferior e interna do úmero, sobre a tróclea, en que se insire o tendón común dos músculos pronador redondo, palmar maior e menor, cubital anterior, e flexor común superficial dos dedos.
-
-
-
Poema narrativo extenso que desenvolve accións heroicas, a miúdo lendarias ( épica).
-
Xénero dos poemas que constitúen a tradición épica dun pobo.
-
-
Conxunto de feitos heroicos dignos de ser cantados epicamente.
-
Feito ou acción que se realiza con grandes sufrimentos ou superando moitas dificultades.
-
-
PERSOEIRO
Teórico e realizador cinematográfico. Iniciou a súa filmografía con L’auberge rouge (A pousada vermella, 1923) e con La chute de la maison Usher (A caída da casa Usher, 1928), e chegou a ser un dos máximos expoñentes da vangarda francesa. Da súa obra teórica destaca Bonjour cinéma (Bos días cine, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación popular das plantas do xénero Echinacea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo de pintores formado en València ao redor de 1965 e integrado por Jordi Ballester i Bonilla e Joan Cardells i Alemán. Aínda que Cardells abandonouno en 1976, Ballester continuou ata 1977 con outros colaboradores. Nacidos da Estampa Popular Valenciana, entenderon o proceso de creación pictórica como un traballo colectivo e servíronse das técnicas cinematográficas nas súas montaxes para conseguir grandes contrastes temáticos. Nalgunhas series, a asimilación de determinadas tendencias da pop art levounos a elaborar uns recursos comunicativos próximos aos medios de comunicación de masas. Destacan, entre outras, as series Hogar, dulce hogar, Retrato del retrato de un retrato, Del antiguo y ropajes, Cuadros de Historia e Hazañas Bélicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das fabáceas, ao que pertence a especie E. anthyllis, de pólas transformadas en espiñas e follas pequenas e trifoliadas con folíolos de ata 7 mm, e flores, de cálice de corola azul de ata 18 mm de longo, dispostas en grupos de tres. Constitúe un elemento fundamental das matogueiras da montaña calcaria, por riba dos 1.200 m, da rexión mediterránea da Península Ibérica.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África Oriental, que limita ao L co Mar Vermello, ao SL con Xibuti, ao N e O con Sudán e ao S con Etiopia (121.143 km2; 3.850.000 h [estim 2000]). Esténdese entre os 18° e 12° de latitude N e os 36° e 43° de lonxitude L. A capital é Asmara.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo de Eritrea pódese dividir en catro sectores: o primeiro deles correspóndese cunha estreita banda no litoral do Mar Vermello, que se prolonga máis de 1.000 km; a seguir érguese a meseta elevada do S, que supera os 2.500 m de altitude, separada por unha liña de fractura que a divide de N a S. Rodeando o altiplano están as chairas orientais, como a depresión do deserto de Danakil, cunha extensión de 80 km2, situada por debaixo do nivel do mar e cuberta de capas de lava terciarias, como consecuencia da actividade volcánica. As chairas do O, divididas por vales de orixe fluvial, presentan desniveis combinados con pequenas chairas.
Hidrografía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das asteráceas, ao que pertence a centáurea menor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gomarresina que se extrae do rizoma da raíz da planta herbácea Convulus scammonia, planta que a contén aproximadamente nun 80%. Emprégase como medicamento de acción purgante. O principio activo máis importante é un glucósido denominado escamonium, que se administra en forma de emulsión en leite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen escamotea.
-
-
Facer desaparecer algo utilizando a habilidade ou algún truco.
-
Roubar algo a alguén con habilidade e sen que se decate.
-
Evitar con habilidade algo que resulta molesto ou dificultoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de escanear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar polo escáner.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbear’.
-
-
Que está dividido en cadros coma os do taboleiro de xadrez.
-
-
Aplícase ao escudo co campo dividido por dous trazos verticais e tres horizontais, formando doce cadrados con esmaltes alternos, coma nun taboleiro de xadrez, e que se denominan puntos.
-
Aplícase ás pezas ou figuras do escudo que están divididas en escaques. A diferencia das componadas -en que alternan un metal e unha cor nunha soa tira-, as pezas escaqueadas teñen que ter polo menos dúas disposicións.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer cárcavas as correntes de auga de chuvia.