"AIX" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 193.

  • Museo situado en Camariñas, fundado en 1996 por iniciativa do concello e dedicado ao encaixe. Os obxectivos que persegue son promover o coñecemento e a difusión do encaixe de palillos, unha actividade tradicional no concello e na comarca de Terra de Soneira; a recuperación de pezas antigas e tradicionais e deseños característicos da zona; a potenciación do desenvolvemento e evolución do sector encaixeiro, así como servir de centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe en Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa noroccidental, que limita ao O e ao N co mar do Norte, ao L con Alemaña e ao S con Bélxica (41.526 km2; 16.044.000 h [estim 2001]). A súa capital é Amsterdam.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Unha parte, case a metade, de Países Baixos, forma parte da gran chaira de Alemaña setentrional, mentres que a outra metade se identifica co delta do Rin e do Mosa. Un 50% do territorio neerlandés atópase baixo o nivel do mar (ata 7 m) e o resto está formado por rexións planas ou lixeiramente onduladas, ata 50 m, que se elevan leve e progresivamente cara ao S, onde se atopa, en Limburg, o punto máis alto con 322 m de altitude; e cara ao L. Xeoloxicamente, corresponde a unha zona de afundimento desde o Paleozoico, onde se acumularon grandes capas de sedimentos. O litoral tivo un papel de primeira orde na vida do país. Esténdese ao longo de case 1.000 km e está formado por un cordón de dunas que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos Países Baixos do Sur para designalos durante o tempo en que estiveron baixo a dominación de Austria (1713-1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que enfrontou, entre 1568 e 1648 os Habsburgo hispánicos coas súas posesións no territorio coñecido historicamente como Países Baixos (Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Artois), cando estas se rebelaron na busca da súa independencia con respecto á monarquía hispánica. Posesión de Carlos V desde 1515, Países Baixos iniciou o enfrontamento baixo o reinado do seu fillo Filipe II. Buscaban a independencia, tanto a nivel político, como económico - pois era un dos eixes comerciais máis importantes do momento- e relixioso, xa que eran partidarios do calvinismo, fronte ao catolicismo ferreamente defendido por Filipe II. Os primeiros saqueos a cidades e conventos déronse en 1566, polo que o monarca decidiu (1588) enviar un exército comandado por Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel. Pero nin el, nin o seu substituto Luis de Requesens Zúñiga conseguiron frear a revolta -liderada por Guillerme I de Orange-Nassau- e a súa duración tivo como consecuencia un endebedamento crónico da Coroa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral cantábrico que está situada entre os areais de Sarrido e de Augadoce, na parroquia de Foz, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de sufrimentos e humillacións de Xesús desde o seu apresamento ata a súa morte.

      2. Conxunto de relatos sobre o apresamento, o xuízo, a condena e a crucifixión de Xesús. É o tema fundamental da primeira predicación. Das numerosas narracións que se fixeron, incluídos os evanxeos apócrifos, catro foron aceptadas como canónicas nos Evanxeos. OBS: ;Adoita escribirse ne maiúscula.

      3. Composición musical sobre a narración evanxélica dos acontecementos que precederon e acompañaron a morte de Xesús. Na Idade Media representouse cantada en canto plano. Nos ss XVII e XVIII cultivouse especialmente en Alemaña coa introdución de corais, arias e coros e destacaron, sobre todo, as de H. Schütz (1667). No s XVIII convertéronse en verdadeiros oratorios e os máis destacados foron os de J. S. Bach.

      4. Representación da paixón de Xesús procedente do drama litúrxico medieval (misterio) e, en último termo, do canto litúrxico da paixón. Entre as máis coñecidas está a de Oberammergau en Baviera.

      1. Celebración litúrxica conmemorativa da paixón e morte de Xesús durante a Semana Santa, inaugurada o domingo de Ramos ou de Paixón, e que culmina o Venres Santo, ou día da Paixón e Morte do Señor, en que se le a Paixón e se observa o rito antigo da adoración da cruz.

      2. tempo de paixón

        Dúas últimas semanas de Coresma, antes da reforma do ano litúrxico (1969).

      1. Categoría aristotélica, contraposta á acción, que expresa o estado dun ente afectado pola acción doutro.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de porbaixar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Introducir na terra a rama dunha planta, especialmede da vide, para que saque novas raíces e forme unha nova planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. Está composto por 20 parroquias matrices e 2 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario outorgado pola entidade bancaria Caixanova e dirixido a autores de textos poéticos. Convocado por vez primeira en 2002, constitúe o premio poético de maior dotación económica de Galicia. Foron galardoados Xavier Seoane, con Dársenas do ocaso (2003), María do Cebreiro, con Non queres que o poema te coñeza (2004) e Román Raña con A metamorfose do túnel (2005), que se incluíron na colección Arte de Trobar, editada por Caixanova e o PEN Club de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rebaixar o prezo dalgunha cousa.

    2. Cantidade que se desconta no prezo dunha cousa.

    3. enda de produtos a un prezo menor ca o establecido.

    4. Espazo de tempo en que se fai esta venda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que rebaixa.

    2. Coitela con folla de aceiro e dous mangos, un a cada costado da folla, que empregan os carpinteiros para rebaixar superficies, especialmente as cóncavas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de rebaixar ou rebaixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis baixo o nivel, a altura ou o grao dalgunha cousa.

    2. Diminuír o prezo de algo que está á venda.

    3. Reducir unha parte dunha cantidade.

    4. Poñer a alguén nun cargo máis baixo do que ten diminuíndo a súa categoría.

    5. Facer perder a dignidade a alguén.

    6. Dispensar a alguén de certos servizos, especialmente no exército.

    7. Restar forza ou intensidade a algunha cousa.

    8. Perder alguén a dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución das medidas dunha cousa.

    2. Parte do bordo dun obxecto en que diminuíu o grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alegre e divertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e coa forma desta. No traxe tradicional galego confecciónase con baeta e tamén se emprega como peza exterior. Neste caso leva como adorno unhas tiras horizontais de veludo na parte inferior. Polo xeral é de cor vermella ou amarela. No traxe coñecido como muradán é unha das pezas fundamentais, xa que se pon por debaixo do mantelo para que se vexa por detrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de recuperación da lingua e a literatura catalás a partir da segunda metade do s XIX. Influíu o movemento romántico, coa súa revaloración da lingua e historia propias ou os costumes populares, e a consolidación da burguesía. Nun primeiro momento, a nova clase burguesa mantívose afastada do movemento renaixentista literario en si, ata que en 1874 os Xogos Florais de Barcelona -palestra pública do movemento e un dos medios da súa popularización- fixeron unha chamada á burguesía para que contribuíse co seu apoio económico ao seu mantemento e consolidación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rías que se corresponden coa parte S da costa atlántica galega. Entre os concellos de Muros, ao N, e Baiona ao S, ábrense as ría de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, Aldán e Vigo. Xeomorfoloxicamente son rías transversais, tanto no que respecta á costa, como na orientación dos antigos dobramentos. A ría de Muros e Noia ten unha morfoloxía típica de fractura que se alonga en dirección SO-NL. A súa marxe dereita é máis recortada ca a esquerda, e as áreas chairas son menos frecuentes. A dinámica fluvial de arroios como o Valdexeira e o Cernados, creou un relevo recortado no que son frecuentes antigos niveis mariños, sobre todo entre Muros e punta Carreiro. No fondo da ría e no sector meridional dos ríos Donas e Santaballa, modeláronse distintos glacis cunha dirección N-S, a mesma que seguen pequenas fracturas aproveitadas polos diferentes leitos de auga. Na marxe esquerda da ría, entre a vila de Noia e Corrubedo, a morfoloxía aparece dominada polo nivel costeiro de 100 m, que enlaza...

    VER O DETALLE DO TERMO