"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Filólogo e lexicógrafo británico. De 1855 a 1885 dedicouse ao ensino. Membro e presidente da Philological Society de Londres, iniciou, en 1876, xunto con H. Bradley, W. A. Craigie e C. T. Onions, a tarefa de redactar o Oxford English Ditionary (orixinalmente New English Ditionary on Historical Principles), que dirixiu ata a súa morte. Os traballos de recompilación de materiais para esta obra comezaron en 1858, coa colaboración R. Ch. Trench, H. Coleridge e F. Furnivall, e o primeiro fascículo publicouse en 1884. Tamén escribiu The Dialect of the Southern Counties of Scotland (1873) e preparou edicións para a Early English Text Society das obras de David Lyndesay e Thomas de Ercildoune.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de educación física canadense. Foi profesor na YMCA Training School de Springfield, Massachusetts (1891) e buscou unha actividade para desenvolver nun recinto cuberto cando o mal tempo non permitía practicar deporte ao aire libre. Así, colocou unhas canastras que se empregaban para recoller pexegos a 3,05 m altura, onde había que meter un balón, o que deu lugar ao baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Destacou pola súa interpretación do modelo de individuo inglés tradicional, lúcido, autoirónico e absurdo, tanto en comedias coma en dramas. Da súa filmografía destacan Raffles (1939), Around the World in Eighty Days (1956), Separate Tables (1958, Oscar ao mellor actor 1959), The Guns of Navarone (1960), The Pink Panther (1963), Casino Royal (1966), Death on the Nile (1978) e Better Late Than Never (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte inglés. Formouse con J. Reynolds e viviu en Roma (1777-1780). Cultivou o retrato e a pintura de historia, ilustrando obras de W. Shakespeare, destinadas á Boydell’s Shakespeare Gallery de Londres. Como historiador da arte publicou Life of Sir Joshua Reynolds (1813) e Life of Titien (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trompetista de jazz estadounidense. Coñecido como Sy Oliver, formou parte de bandas como a Cliff Barnett’s Club Royal Serenaders ou a Chocolate Beau Brummels. Adquiriu sona como adaptador de grandes orquestras e foi considerado un dos mellores da época do swing. Gravou os discos Annie Laura (1960) e Easy Walker (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. No intento de atopar novas formas escénicas, tratou temas moi ambiciosos, como a crítica da orde establecida ou o drama histórico de investigación psicolóxica. Coa estrea da obra Look back in Anger (1956), que presentaba unha nova clase social en escena, conseguiu que o seu grupo teatral Angry young man fose recoñecido en Reino Unido. Das súas obras destacan The Entertainer (1957), Luther (1961), Patriot for Me (1965), Inadmissible Evidence (1965), West of Suez (1971) e Watch It Come Down (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Jesse Owens, foi especialista nas probas de velocidade e en salto de lonxitude. En 1935 estableceu unha marca de salto de lonxitude (8,13 m) que non foi batida ata 1960. Conseguiu catro medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Berlín (1936), nas probas de 100 m, 200 m, 4 x 100 m remudas e salto de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Considerado como un dos escritores máis importantes do Renacemento literario irlandés, destacou polas súas versións inglesas das lendas irlandesas. Da súa produción cómpre salientar History of Ireland: Heroic Period (dous volumes, 1878-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Al Pacino, converteuse nun dos intérpretes máis afamados de Hollywood ao protagonizar a triloxía de F. F. Coppola The Godfather (1972), The Godfather, Part II (1974) e The Godfather, Part III (1990). Entre 1985 e 1989 afastouse de Hollywood pero produciu, escribiu, interpretou e codirixiu The Local Stigmatic (1989), un filme de vangarda. Destaca a súa participación nos filmes Serpico (1974), Cruising (1980), Scarface (1983), Frankie and Johnny (1991), Glengarry Glen Ross (1992), Scent of a Woman (1992, Oscar ao mellor actor 1993), Carlito’s Way (1993), Heat (1995), City Hall (1996), Chinese Coffee (2000) e The Merchant of Venice (2004). Recibiu o Leone d’Oro honorario (1994) e o Premio Donostia (1996) en recoñecemento á súa carreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián inglés. É coñecido por dúas enfermidades que estudou e que hoxe levan o seu nome: unha osteíte deformante e un tipo de carcinoma mamario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico inglés. Discípulo de Hunter, foi o primeiro en describir un cadro patolóxico que el denominou shaking palsy (‘parálise axitante’) e que hoxe leva o seu nome (enfermidade de Parkinson). Foi tamén un naturalista destacado e publicou Organic Remains of a Former World (1804) e Elements of Orictology (1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Monte (Chantada). O seu cumio acada os 599 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Deputado e gobernador de Tennessee e líder dos demócratas do sur, foi elixido presidente de EE UU en 1845. Favoreceu a expansión estadounidense cara ao O e entrou en guerra con México (1846-1848). Ao rematar a guerra a fronteira estadounidense trasladouse ao río Bravo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Jacques Pradier.
-
PERSOEIRO
Dermatólogo escocés. Estudou en París, Viena e Berlín. Describiu en 1890 o adenoma sebáceo (adenoma de Pringle), a linfaxite tubercular e a actinomicose (1895), o lupus eritematoso (1900) e o pénfigo (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bioquímico. Especializado en hematoloxía, estudou o mecanismo da coagulación do sangue e estableceu uns tests para determinar o tempo de coagulación dun plasma descalcificado (tempo de Quick ou de protrombina). Descubriu o factor V da coagulación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Colaborou no proxecto Manhattan (1942), que creou á bomba nuclear. Profesor do departamento de física da Columbia University, en 1975 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto a A. Bohr e B. Mottelson, polos seus traballos sobre os núcleos atómicos e as súas partículas e o desenvolvemento dunha teoría da estrutura do núcleo atómico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos faraóns exipcios de nome Ramsés e ao seu período histórico coas súas manifestacións culturais.
-
Período da historia exipcia dominado polos faraóns de nome Ramsés e que cobre as dinastías XIX e XX. No interior, exceptuando os casos de Sethi I, Ramsés II, Merenptah e Ramsés III, a autoridade do faraón decaeu rapidamente, o que favoreceu a ascensión dos sacerdotes de Ammón. No exterior, o campo de batalla pasou á rexión de Libia con ataques dos pobos do mar e de diversas tribos libias. No campo cultural, a decadencia tamén foi evidente, tanto na relixión como na arte e no campo lingüístico (a ortografía e a sintaxe do neoexipcio, en uso desde o reinado de Akhenaton, apareceron inutilmente recargadas). Pola contra, a literatura do período foi rica, foi a idade de ouro do conto e da poesía amorosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo funerario de Ramsés II situado na beira oeste do Nilo, fronte a Luxor. Comprendía dous patios, rodeados de columnas, precedidos cada un por un pilono ou porta monumental; unha sala e dous vestíbulos hipóstilos; unha sala e, finalmente, o santuario, con catro columnas cadradas. Fóra había diversas construcións destinadas a almacéns, cuartos dos escribas e dos funcionarios e un arquivo, o palacio de Ramsés II e un santuario de Sethi I.