"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Johann Ulrich Megerle .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do hebreo ‘Abhrâm, formado por ab ‘pai’ e ram ‘alto, excelso’; xa que logo, ‘Abhrâm vén significar ‘pai excelso, de nobre estirpe’. Segundo a tradición bíblica, foi Iavé quen lle cambiou ao patriarca de hebreos e árabes, o nome en Abrahán (‘pai dunha multitude’). Como todos os nomes do Antigo Testamento, tivo especial vixencia a partir da Reforma Luterana. A festa de Abrahán celébrase o 16 de marzo. Abrahán é tamén un dos personaxes da “Festa da Eva”, antigo auto sacramental que se representa en Laza cada 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca dos pobos hebreo e árabe. Os hebreos considérano proxenitor a través do seu fillo Issac e os árabes, por medio do seu outro fillo, Ismael. Segundo o libro da Xénese pertencía ao clan de Terha, descendente de Sem (fillo de Noé). Viviu na rexión de Ur de Caldea (Mesopotamia) e recibiu orde de Iavé de emigrar coa súa familia a Palestina. Monoteísta dentro dun ambiente politeísta, chamouno Deus para que se trasladase a Caná. Obrigado por un período de fame emigrou a Exipto. Retornou a Caná e salvou o seu sobriño Lot, prisioneiro de Kedor-Laómer, Rei de Elam. Aínda que tivera un fillo, Ismael, da escrava Agar, Iavé aseguroulle que o ía facer pai dunha multitude de pobos. Así, cumprindo a promesa de Iavé, a súa esposa Sara, daquela vella e estéril, tivo a Isaac, do que nacería unha numerosa descendencia. Ficou, deste xeito, constituída a Alianza entre Deus e o seu pobo, e instituída a circuncisión, sinal desa alianza. Para probar novamente a Abrahán, Deus ordenoulle sacrificar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que abraia ou asombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador. Diplomado en Artes Aplicadas. Xunto con Miguel Anxo Prado, Juan Carlos Nazabal, Imanol Zinkunegi e outros traballa no eido da animación e ilustración (Estudio Tangaraño). Entre as súas publicacións destaca un Libro de Xeografía e Historia e diversas colaboracións en revistas e xornais (Repinaldo, Santiago 7 días, Azul y Blanco). Participante en exposicións colectivas (II e III Bienal da Caricatura, Ourense; Humor Gráfico Joven y Brillante 96, Alcalá de Henares; Salón del Humor, Madrid; I Premio XIV Concurso Galego de Cómic (Xuventude 98, Ourense) e II no certame ‘Humor Gráfico’ Casa do Humor (Fene 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se asemella ou tende ao branco.

    2. Que perdeu a cor da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de abrandar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que se torne brando.

    2. Moderar a intensidade dunha cousa ou a aspereza dunha persoa.

    3. Tornarse brando.

    4. Minguar a intensidade de algo.

    5. Mellorar a situación climática despois do mal tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chegar a coller algo.

    2. Rodear cos brazos.

    3. Conter en si algunha cousa como parte dun todo, dun conxunto.

    4. Alcanzar coa vista ou o pensamento unha cousa en toda a súa extensión.

    5. Ocuparse de varios asuntos ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do NL do distrito de Santarém, Portugal, na ribeira dereita do Texo (7.349 h [1981]). Antiga fortaleza, na actualidade é un nó de conexión por autoestrada e ferrocarril entre o litoral portugués e o interior do país e da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente da Casa Real de Portugal. As súas armas levan, en campo de azur, catro corvos voantes en cada cantón que alternan con catro flores de lis de prata, entre eles, e unha estrela de prata, en punta. Outra variante trae escudo partido onde a primeira partición, cuarteada en cruz, leva primeiro e cuarto, sobre campo de goles, un castelo de ouro, e segundo e terceiro, sobre campo de prata, un león rampante, de goles, en tanto que a segunda partición presenta, en campo de prata, as cinco quinas de Portugal; o bordo é de goles e leva sete castelos de ouro, dous en xefe, dous nos flancos e tres en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Filipe IV no ano 1642 ao nobre portugués Afonso de Lancaster e de Lancaster (morto no 1654), bisneto do Rei Xoán II de Portugal, primeiro marqués de Porto Seguro e de Sardoal, Xustiza Maior de Portugal e Capitán Xeneral das galeras reais, como compensación ás perdas que sufrira en Portugal ao permanecer leal ao Rei. O título pasou despois aos Carvajal, condes da Quinta de la Enjarada, e posteriormente aos Zuleta, condes de Belalcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome empregado por Laura Saint-Martin Permon, escritora francesa casada en 1799 co xeneral napoleónico Jean Andoche Junot, duque de Abrantes. Publicou diversas obras que reflicten os principais acontecementos da época. Destacan as súas Mémoires et Souvenirs d’une ambassade et d’un séjour en Espagne et Portugal (Memorias e lembranzas dunha estancia en España e Portugal, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que queima en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Corcubión. Relacionados con esta caste están os apelidos Abrótea e Abrota. As súas armas levan, sobre ondas de azur e prata, un abretán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor.
    Comezou a debuxar e pintar na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Emigrou a Arxentina en 1947 onde coñeceu a Demetrio Urruchúa, pintor e mestre con quen iniciou os estudos de pintura e traballou durante oito anos. En 1959 fundou e dirixiu a Escola de Belas Artes “Divisadero”. Exerceu a docencia xunto á súa muller, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente. Un ano máis tarde, xunto con Óscar Anadón, Rubén Molteni, Hugo Monzón, Carlos Gorriarena, Silvia Vera Ocampo, Elsa Pérez Vicente e Emilia Gutiérrez formou o Grupo da Prata, adherido ao movemento expresionista.
    Regresou a Galicia en 1973 e instalouse en Vigo onde coñeceu a Urbano Lugrís, Celso Emilio Ferreiro, Lodeiro, Oliveira e Xavier Pousa, entre outros. Recibiu a Primeira Mención en gravado, Salón Nacional de Bos Aires (1961); o Premio a Estranxeiros Pintura, Salón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, autor e director teatral que iniciou a súa andaina na Escola Dramática Galega en Vigo para despois pasar á compañía Ítaca e, en 1988, ao colectivo Avento. Con este último actúa nos espectáculos Imos botar, imos K Gar (1988) e Para ti, Shakespeare (1990). Dirixiu Rín, rín (1992) e Quen matou a Mari Lauri? (1996) textos da súa autoría. Outros espéctaculos que dirixiu son Monstros (2006), Humano.The game (2010), Fantasticks (musical, 2012), O Mago de Oz (musical infantil, 2015), Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016) e BU21 (de Stuart Slade, 2017).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (?1875 - 1955) Patólogo ruso. Describiu o tumor muscular que leva o seu nome e designa un tipo concreto de mioblastoma . Publicou Osnovy chastnoi patologicheskoi anatomii (Anatomía patolóxica dos ganglios simpáticos, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO