"Anda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 490.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prepositiva, correspondente ao adverbio cando, que expresa simultaneidade na acción e que, polo tanto, equivale á expresión ‘ó mesmo tempo ca’ (
-
-
GALICIA
Parroquia do concello de Mezquita, a. baixo a advocación de San antón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Narrador e dramaturgo galego. Colaborador na prensa galega da época, arredor de 1923 dirixiu o semanario Noticiero del Avia, en Ribadavia, no que publicou os seus “Paliques” satíricos, en galego, e a revista Mar, de Pontevedra. Foi o autor da novela Argentina (1895), do volume de narracións breves Luz y sombra (Cuentos y novelitas), editado en 1901, e de numerosas pezas teatrais, entre as que destaca a comedia Caminos de Damasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Narrador e dramaturgo galego. Fillo do tamén narrador Emilio Canda, licenciouse en Filosofía e Letras. Fundou a revista Finisterre (1943), en Pontevedra. Publicou a obra narrativa Consigna (Memorias de un alférez provisional) (1942), a comedia En un cuarto de hora e a farsa dramática Maese recuerdo (1943).
-
GALICIA
Poeta. Publicou o poemario Cantigas e cantares (1928), con prólogo de Eladio Rodríguez, onde se atacan as correntes anovadoras de principios de século das que se desmarca o autor, inserido nas tendencias da literatura galega finisecular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Etiopia. Organizou un ataque contra as tropas romanas entre o 25 e o 22 a C. O seu nome deu o título para todas as raíñas etíopes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario, porta, etc. Consiste nunha caixa que contén os mecanismos de fechadura e da que saen os dous extremos dunha barra, polo xeral en forma de U, un articulado e o outro provisto dunha fenda onde encaixa o pasador. Os mecanismos de fechadura poden ser substituídos por unha combinación que, por medio dun xogo de fendas e saíntes, traba o brazo articulado da barra.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica que está formado sobre a base prerromana *cand ‘pedra’. Documéntase no s XVIII: “Vicente Candal” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 158).
-
Liñaxe natural da Coruña, desde onde unha rama pasou a Nápoles. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, con tres paos de goles; segundo e terceiro, en campo de ouro, con dúas vacas da súa cor, con cadanseu colar de goles, postas unha sobre a outra.
-
-
-
Aparello, pendurado nun pau ou colocado horizontalmente entre dous paos inmediatos, utilizado para levantar e mover determinados pesos, como poden ser os botes.
-
Cada un dos cabos que move ese aparello.
-
Cada un dos cabos que serven para cargar o velame.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, regado polo Nalón, augas arriba da súa confluencia co Narcea (2.688 h [1996]). A economía baséase na agricultura, coa produción de patacas e millo, e na gandería vacúa e porcina. Dentro do termo está a cova de San Román, mostra da arte rupestre cantábrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Deza pola esquerda. Nace a 735 m de altitude, no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos, concello de Silleda, na vertente nororiental da serra do Candán. O seu curso adopta unha dirección O-L, coa que penetra nas parroquias de Parada, concello de Silleda, e Vilatuxe, concello de Lalín, onde desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e cámara de televisión. Realizou estudios de fotografía científica submarina no Museu de Zoologia de Barcelona en 1992 e de fotografía submarina en 1993, na Escola d’Imatge da FASCV, en Alacant. Colaborador en revistas especializadas como Muy Interesante, Imagina, Apnea e Scuba, realizou numerosos traballos fotográficos para o Acuarium Finisterrae da Coruña, o Acuario de Madrid e para a axencia Naturpress. Participou como cámara no programa de TVE La España salvaje e como fotógrafo na Guía dos peixes de Galicia (1983). Nos Campionatos de España de fotografía submarina obtivo o I Premio de fotografía de fauna (1998), creativa (1999) e macro (2000). Foi tamén campión galego de fotografía submarina (1997 e 1999). Membro da selección española de fotografía submarina (1999-2000), foi nominado mellor deportista do ano 1999 pola Federación Gallega de Actividades Submarinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Cadea montañosa que se estende en dirección NO-SL polas parroquias de Aciveiro e Millarada, no concello de Forcarei, Refoxos e Parada, no concello de Silleda, e Vilatuxe, no concello de Lalín. Érguese sobre xistos micáceos e cuarcíticos. A súa máxima altitude correspóndese cos 1.000 m do monte Candán, situado no límite entre as parroquias de Aciveiro, Millarada, Parada e Vilatuxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación de montaña do Pireneo aragonés, no municipio de Canfranc (Aragón), a 1.560 m de altura e a 1 km de Somport. Posúe numerosas pistas de esquí.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rairiz de Veiga baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas: cinco estrelas, postas en aspa, e unha espada no medio coa punta para arriba.
-
PERSOEIRO
Médico. Estudiou na Escola de Medicina de Rio de Janeiro e doutorouse en Saúde Pública na Johns Hopkin’s University en Baltimore. Entre 1934 e 1950 ocupou distintos cargos no Servicio de Saúde Pública no estado de Rio de Janeiro. En 1950 entrou na OMS como director da División de Organización de Servicios Sanitarios; en 1953 foi director xeral, cargo no que foi reelixido en 1963 e 1968 e que ocupou ata 1973, ano en que o nomearon director xeral emérito. Ocupouse principalmente dos problemas de enxeñería sanitaria, a loita contra a fame e a tuberculose, a unificación da terminoloxía médica e a mellora das condicións sanitarias dos países do Terceiro Mundo.
VER O DETALLE DO TERMO