"Arad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Porqueira. Datada entre os ss XVIII e XIX, ten unha soa nave e a cuberta a dúas augas. No seu interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII, obra do entallador A. Rodríguez e con imaxes de Antón de Neira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ingresou na Congregación da Misión de San Vicente de Paúl en 1907 e dedicouse ao ensino e á investigación histórica. Escribiu numerosas obras, das que destacan Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (1923), El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros. Apuntes históricos (1929) e Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. T. I. (1702-1835) (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gaiteiro. Coñecido como Farruco Paradela, está considerado un dos intérpretes de gaita máis importantes de Galicia. Formou parte de numerosas agrupacións musicais, entre elas a Coral Cantigas da Terra, en que permaneceu 25 anos. Levou a cabo diversas gravacións, das que destaca a realizada en 1950 xunto ao etnomusicólogo Alan Lomax e o gaiteiro Fernando Álvarez. Recibiu a medalla Marcial del Adalid (1960) do Concello da Coruña en recoñecemento á súa carreira musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Barrio (A Pobra de Trives). Na súa orixe tiña planta en L pero engadíronselle varias construcións para uso agrícola na parte leste. Conta cunha capela nos arredores construída en cachotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Liñares en Paradela (A Estrada). Construída en cantaría, data do s XVIII, e ten un único van cun arco de medio punto. A calzada é de pedra. Atópase nun antigo camiño cara á Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Paradela. Foi construída no s XVIII e conserva a ábsida rectangular románica da fábrica primitiva, con bóveda de canón. No seu interior tamén destaca o arco triunfal románico, de medio punto e sección rectangular, con dúas arquivoltas. Conserva un retablo renacentista dos ss XVI-XVII e un altar pétreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado en Coles. Documéntase nunha doazón que don Munio e a súa dona Elvira fixeron ao mosteiro o 8 de marzo de 986. O 24 de marzo de 1003 foi doado a Celanova polos seus donos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Sarria. De estilo románico, data do s XII aínda que sufriu varias reformas e un incendio en 1934. Ten planta rectangular cunha soa nave e unha sancristía engadida en época posterior. No interior conserva un arco triunfal cunha arquivolta. Na fachada destaca a porta principal con arco de medio punto decorado con arquivoltas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado polo cemento, o periodonto e o óso da prolongación alveolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • parodontite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atrofia do alvéolo dentario e da enxiva que o recobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica en que se poñen en contraste palabras de significado moi semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo que está situado enriba do epidídimo, que consta de tubos cerrados e que representa o resto da porción posterior do corpo de Wolff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositora e pianista. Cega desde nena, formouse en Viena, onde escribiu sonatas para piano, a ópera Rinaldo und Alcina, música de escena e cantatas. Mozart dedicoulle un concerto de piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modelo ou exemplo de algo.

      1. Modelo perfecto e inmutable da teoría platónica que pertence ao mundo das ideas, á imaxe do que se fan os obxectos do mundo sensible.

      2. paradigma científico

        Marco conceptual de premisas teóricas ou principios metodolóxicos, dentro do que se desenvolve unha ciencia nun momento determinado, na terminoloxía de Th. S. Kuhn.

      1. Conxunto de formas que serven de modelo para os diversos tipos de flexión nominal (declinación) e verbal (conxugación), segundo a gramática tradicional.

      2. Conxunto de unidades lingüísticas que, segundo a lingüística moderna, manteñen unha relación de posible conmutación dentro da cadea falada, en diversos niveis posibles (fonolóxico: casa, capa, cala, etc; morfolóxico: ensinar, ensino, ensinamos, etc; semántico: ensinar, educar, instruír, formar, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paradigma.

    2. Relación que existe, na memoria dos falantes, entre elementos lingüísticos que se asemellan no seu aspecto fonético, morfolóxico ou semántico. As relacións paradigmáticas pertencen ao dominio do sistema da lingua, son virtuais e en ausencia: opoñen unidades lingüísticas presentes nun enunciado de fala dado con outras unidades ausentes neste enunciado, pero posibles de ser conmutados, segundo a intención expresiva do falante. F. de Saussure denominounas relación asociativa e cita o exemplo de ensinanza. Ensinanza está, desde o punto de vista do radical, en relación paradigmática con ensinar, ensinei, ensinaron, etc; desde o punto de vista do sufixo, en relación paradigmática con esperanza, confianza, etc; desde o punto de vista semántico, en relación paradigmática con instrución, aprendizaxe, educación, etc; desde o punto de vista fónico, en relación paradigmática con balanza, panza, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Estivo destinado en Portugal onde exerceu a cátedra de Teoloxía e foi misioneiro en América Latina. Exerceu de director xeral do Centro Gallego de Bos Aires e colaborou en distintas publicacións. Da súa produción destacan Cosas de ultratumba, Lirios negros e Apología de un ajusticiado.

    VER O DETALLE DO TERMO