"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De orixe románica, ten elementos góticos dos ss XIII e XIV e fachada barroca do s XVIII. Ten planta de nave única rectangular con capela maior rectangular, ambas as dúas decoradas con pinturas, e sancristía pegada. A porta principal é dunha soa arquivolta de arco apuntado enmarcado cunha orla decorada con zigzags, apoiada sobre columnas acobadeladas. Sobre a porta ábrese unha ventá e sobre esta unha espadana de tres corpos decrecentes. No muro sur ábrese unha porta con dúas arquivoltas apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis vexetais. Ao seu redor celébrase a romaría dos Gozos, os dous domingos seguintes ao de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1442 por Xoán II a Diego Pérez Sarmiento, señor de Santa Marta de Ortigueira, Ribadavia e outros lugares, adiantado maior de Galicia. O II conde de Santa Marta de Ortigueira foi o seu neto Francisco Sarmiento de Zúñiga , que preiteou co seu tío Bernardiño Sarmiento, I conde de Ribadavia. A III condesa de Santa Marta de Ortigueira foi Isabel Sarmiento de Zúñiga , que casou con Álvaro Pérez Osorio, polo que o condado quedou unido ao condado de Trastámara e ao marquesado de Astorga. A XIII condesa de Santa Marta de Ortigueira, Ana Nicolasa de Guzmán Dávila Osorio , casou en 1707 con Antonio Gaspar Osorio de Moscoso e Aragón, VIII conde de Altamira e os títulos permaneceron unidos ata que á morte do XIX conde de Santa Marta de Ortigueira, Vicente Pío Osorio de Moscoso e Ponce de León , o título reverteu na coroa. Restituíuno en 1915 o tataraneto deste, Fernando Osorio de Moscoso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao SL da cidade de Salamanca e delimitado polo río Tormes (12.090 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas suxeitas unha detrás doutra mediante un fío, arame, corda ou cadea.

    2. Conxunto de cousas non materiais que van unha despois doutra.

    3. értebra ou óso do espiñazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Corme e Laxe situada na parroquia de Cesullas (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia aillada rodeada de ladeiras boscosas, situada no concello de Bueu e protexida como Espazo Natural.
    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 100 metros ANCHURA MEDIA: 10 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Rochas CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Si
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do extremo N de Colombia que se estende desde a costa do mar Caribe ata a serra de Perijá (Andes Orientais). Formada por rochas cristalinas paleozoicas (granitos, gneis e xistos), a máxima altitude está no pico de Cristóbal Colón (5.780 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Spartakunsbund Grupo político alemán que deu orixe ao espartaquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Xava, Indonesia (518.600 h [1996]). Situada no centro da illa, á beira do río Solo, destaca a industria téxtil do algodón e mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun talabarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou arte de talabarteiro.

    2. Obradoiro de artesanía onde se fabrican obxectos de coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan con forma redonda e aplanada que case non ten miolo.

    2. Doce grande, redondo e plano, que se serve en porcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolò Fontana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Fórmula que dá a solución da ecuación de terceiro grao ax3 +bx2 +cx+d=0 para coeficientes a, b, c e d reais. A substitución da incógnita x pola incógnita auxiliar y tal que x=y-b/3a converte a ecuación nunha do tipo y3 +py+q=0, cuxas raíces se obteñen pola fórmula de Tartaglia a partir dos novos parámetros p e q:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición triangular de números enteiros que en liña horizontal dá ordenadamente os coeficientes da potencia n-ésima do binomio (a+b). Establecidas as dúas primeiras liñas, as sucesións obtéñense colocando a unidade como primeiro e último elemento, e como elementos intermedios os números resultantes da suma dos dous elementos contidos da fila anterior. OBS: Tamén se denomina triángulo de Pascal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto pterigoto co segmento abdominal soldado no metatórax e separado do segundo segmento por unha estrangulación moi acentuada. Vive no tronco podre das árbores e aliméntase doutros insectos e zumes doces.

    2. herba rateira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Niño de tártagos, xeralmente feito de troncos podres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da fala que se caracteriza pola dificultade que ten unha persoa para emitir certos sons e polas repeticións e interrupcións involuntarias na emisión dos sons, sílabas ou palabras. A súa orixe pode ser psíquica ou orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO