"BS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 258.

    1. Que observa.

    2. Que ou quen é fiel á práctica dunha relixión ou dunha regra.

    3. Membro dunha rama franciscana que se caracteriza por unha observancia máis estrita da regra con respecto á pobreza, en oposición aos conventuais (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mirar unha cousa con atención continuada.

    2. Decatarse de algo.

    3. Facer unha observación ou comentario.

    4. Cumprir o que manda unha lei, un precepto, unha regra ou un costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar axeitado para facer observacións.

      2. observatorio astronómico

        Lugar desde o que se observan os astros, se determinan os movementos e se estudan as súas propiedades. Os primeiros observatorios dos que se teñen referencia histórica foron construídos por Nemrod en Mesopotamia, hai 2.500 anos, e consistían en grandes pirámides. O mesmo tipo de edificacións foron construídas séculos máis tarde en China e en América do Sur. Os aparatos que había nos primitivos observatorios eran moi simples: a clepsidra, o gnomon e a frecha astronómica ou bésta, que servía para medir a altura dun astro sobre o horizonte e para medir a distancia angular entre dous astros. Nos observatorios da época grega utilizouse tamén a armila, o cuadrante, o astrolabio e a regra paraláctica, que se empregou ata finais do s XV. Os árabes construíron diversos observatorios, entre os que destacou o de Samarcanda (s XV), que serviron para establecer un importante catálogo de estrelas. En Europa os primeiros observatorios importantes non se construíron ata finais do s XV. Cara a 1471 Johann...

      3. observatorio meteorolóxico

        estación meteorolóxica.

    1. Lugar apto para a observación a distancia dun sector. Adaptados de acordo coa función para os que se designan, sempre conteñen material óptico e topográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario británico fundado en 1791 por W. S. Bourne. Xurdiu como un dominical agresivo que desde mediados do s XIX mantivo unha posición crítica co goberno, defendendo a liberdade de prensa e cubrindo aquelas informacións máis polémicas. De tendencia liberal tras ser adquirido por David Astor (1948), a aparición de sucesivos competidores rematou coa súa compra por parte de The Guardian (1993). Dirixido por Roger Alton (1998), inclúe unha serie de coidadas seccións de política internacional e colaboracións críticas e literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idea, palabra ou imaxe que se apodera da mente con persistencia.

    2. Perturbación anímica que se produce por unha idea, palabra ou imaxe persistente que se impón con independencia da vontade e que só con dificultade pode ser eliminada da mente. Entre os diferente tipos están as intelectuais, as impulsivas e as inhibidoras. Acompañada de plena consciencia, a obsesión é propia de diversas neuroses e un dos síntomas da psicastenia. Para a psicanálise, a obsesión actúa como un mecanismo de defensa ao intentar afastar da conciencia o desexo inaceptable. Para os psicanalistas freudianos é unha regresión aos estados prexenitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obsesiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar obsesión algo en alguén.

    2. Pasar a ter unha obsesión por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á obsesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece obsesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • idro volcánico que se corresponde na súa composición coas riolitas. É de cor negra ou moi escura, e presenta unha fractura concoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao asedio dun lugar.

    2. coroa obsidional.

      1. Moeda de necesidade acuñada en tempos de guerra para circular especialmente nunha cidade ou unha praza forte asediada e, polo tanto, illada e imposibilitada de recibir os aprovisionamentos e as axudas normais do exterior. Fabricábase tanto nunha ceca oficial regular como nunha ceca provisional, e mesmo nunha de emerxencia.

      2. Toda moeda de necesidade, aínda que non se produza en condicións de asedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Testemuña, no dereito romano, que se pide para asinar e selar un testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de obsoleto.

    2. Depreciación dos bens de equipo como consecuencia do progreso técnico, materializado na superación dos mesmos equipos ou nunha innovación vantaxosa na organización do proceso global de produción pola utilización de novos medios. Este envellecemento relativo obriga ás empresas a afrontar a competencia do mercado e a substituír o equipo antes do termo de amortización natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu vigor ou validez e está en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer obstáculos a algo ou alguén.

    2. Ser ou constituír un obstáculo para algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cousa que dificulta ou impide o paso.

      2. Cousa que impide ou dificulta a realización de algo.

    1. Cada un dos accidentes naturais ou artificiais que presenta unha pista, en determinados deportes, e que deben ser superados polos participantes.

    2. Accidente do terreo, natural ou creado artificialmente, capaz de retardar ou de deter o avance inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituír algo un obstáculo para a realización doutra cousa. OBS: Adoita empregarse en terceira persoa e en oracións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que trata da xestación, o parto e o puerperio. O máximo impulso da obstetricia moderna remóntase á introdución do fórceps por Jean Palfyn (s XVIII), aos traballos do cirurxián Ambroise Paré e ao descubrimento da orixe da febre puerperal por I. F. Semmelweis (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. De tendencia simbolista, rompeu coa época naturalista no seu país. Da súa produción destacan Digte (Poemas, 1893), To novelletter (Dúas narracións, 1895), Korset (A cruz, 1896), a obra de teatro De røde dreaber (As gotas vermellas, 1897) e En praests dagbog (Diario dun pastor, 1900).

    VER O DETALLE DO TERMO