"Bes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 224.

  • GALICIA

    Filólogo. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Semítica, pola Universidad Complutense de Madrid. Foi bolseiro na Universidade do Cairo (1955 e 1957) e, en 1970, gañou a praza de profesor adxunto de lingua árabe da Universidad Autónoma de Madrid. Desde 1973 é catedrático de lingua árabe e árabe vulgar na Universidad de Granada. Especialista no estudo da cultura árabe, o Islam e Al-Andalus, investigou, sobre todo, a filoloxía e os repertorios biobibliográficos e pertence ao equipo investigador da Escuela de Estudios Árabes, dependente do CSIC. Publicou, entre outros libros, Elencos biobibliográficos arábigoandaluces. Estudio especial de la “Fahrasa” de Ibn ‘A Palatino; ṭ iyya de Granada (1971) e, con Celia Álvarez de Morales, Las Kulliyyāt de Averroes (1987). Ademais cómpre destacar as súas traducións Reglas para la edición crítica de textos árabes (1958), de S. al-Dīn al-Munaŷŷid, La ciudad inicua (1963), do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Alto Sena, Francia, situada ao NO da área metropolitana de París (24.181 h [1999]). Núcleo da industria do automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884). Afiliado ao Partido Conservador, ocupou varios cargos como gobernador de Pontevedra e da provincia da Coruña, subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrución Pública e deputado, representando o distrito de Cambados (1899-1907, 1918-1919) e o de Lugo (1916-1918). Foi nomeado por R. Fernández-Villaverde ministro de Facenda (1903) e ministro de Gobernación (1905), e co goberno de A. Maura ocupouse dos ministerios de Fomento (1907-1908) e Facenda (1908-1909, 1918). Colaborou en prensa e publicou estudios sobre temas literarios e económico-políticos, como Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), Historia crítica de la Literatura Gallega. Edad Antigua (2 volumes, 1887) e Memoria sobre el proyecto de Ley de Colonización Interior (1919). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española, da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Formado na University of Oxford, na súa filosofía combinou o método indutivo co dedutivo-matemático desde unha concepción xeral materialista. Considerou que a materia e o movemento son as únicas realidades constatables polos sentidos e desenvolveu o psiquismo da sensación como un puro movemento cerebral. Declarouse nominalista e concibiu a ciencia como unha síntese de elementos convencionais e de elementos empíricos. Das súas obras destacan De corpore (1665), De homine (1657), De Cive (1642) e Leviathan (1651).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa obra, estruturada ao redor do xudaísmo, a lingua e a historia, destaca Je bâtis ma demeure (1959), Le livre des questions (1963-1973), Le livre des ressemblances (1976-1980), Le livre des marges (1985) e a triloxía de Yael (1967), Elya (1969) e Aely (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Queixeiro, Arcos e Peibás (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 649 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Creador da integral que leva o seu nome, abriu novas perspectivas na teoría de funcións. Entre as súas obras destacan Leçons sur l´intégration et la recherche des functions primitives (1904) e Leçons sur les séries trigonométriques (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Gañou en Praga o campionato de Europa en 50 km marcha (1978), especialidade en que tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Licenciada en Ciencias da Educación e diplomada en Psicoloxía, foi inspectora de Educación e inspectora xefe delegada provincial da Consellería de Educación en Lugo. Deputada autonómica desde 1990 (III lexislatura), revalidou a súa elección na IV, V e VI lexislaturas. Foi Conselleira de Familia, Muller e Xuventude (1993-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora portuguesa. Cultivou unha fórmula narrativa influída polo expresionismo do absurdo, á maneira de Kafka e tamén escribiu teatro e dúas biografías. Da súa produción destacan A sibila (1954), Ternos guerreiros (1960), O sermão de fogo (1963), a triloxía As relações humanas (1964-1966), As fúrias (1977),   O mosteiro (1980), O Concerto dos Flamengos (1994) e Memórias Lamentinas (1996). Tamén escribiu teatro e dúas biografías. Recibiu o Prémio Camões (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fomentou a Encyclopédie, traballou pola liberalización da censura e adheriuse ás queixas contra o aumento dos impostos. En 1792 defendeu a Luís XVI diante da Convención e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. De familia militar, foi condenado a morte por discutir a divinización do emperador. A súa festividade celébrase o 12 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático estadounidense. Escribiu Equilibrium points in N-Person Games (1950) e en 1994 foille outorgado o Premio Nobel de Economía, compartido con J. C. Harsanyi e R. Selten, polos seus estudos do equilibrio na teoría dos xogos competitivos, onde se analizaban as situacións en que un ou máis axentes económicos toman decisións independentes que afectan ao seu benestar. O punto de equilibrio prodúcese en situacións estáticas, cando algún dos axentes económicos non ten incentivos para cambiar de estratexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación excesiva de graxa, que provoca un aumento do peso corporal. Considérase que comeza a haber obesidade cando o individuo ten un exceso de peso superior ao 10-15% do que teoricamente lle corresponde, considerando os factores condicionantes de raza ou sexo. Segundo a súa etioloxía, a obesidade pode dividirse en constitucional, sintomática esóxena (consecuencia da sobreinxesta e do sedentarismo) e sintomática endóxena (orixinada por trastornos endócrinos e metabólicos). Entre os perigos que reporta, está o dunha incidencia maior de diabete, un aumento da frecuencia de hipertensión arterial e un claro aumento da mortalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sofre obesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Arqueólogo de profesión, ocupou diversos cargos políticos e diplomáticos de importancia. As súas obras baséanse en temas históricos, e delas destacan Mihnea-vodă cel Rău (1857), Doamna Chiajna (1860) e Pseudo-Kinegheticos (Falso tratado sobre a caza, 1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, debuxante e deseñador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, onde se instalou definitivamente. As súas obras presentan formas con trazos surrealistas e conseguen conxeniar o naturalismo e a expresión abstracta. Traballou a madeira, o ferro e, sobre todo, os metais preciosos e o bronce, onde desenvolveu formas naturalistas e fantásticas ou fantasiosas, e deu vida ao seu particular bestiario, poboado de curuxas e outras aves nocturnas, simios, corvos e cabras. Deseñou xoias, tecidos e diversos obxectos. A súa obra está presente, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lebres (Trasmiras). O seu cumio acada os 782 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO