"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, drenado polo río Arlanza (655 h [1996]). Vila natal de Fernán Núñez, primeiro conde independente de Castela, acadou grande esplendor na Baixa Idade Media, como testemuña o seu patrimonio monumental, no que sobresae a súa igrexa-colexiata gótica (ss XIV-XV). No seu interior localízase a construción tradicional máis antiga de Castela e o museo parroquial, onde están os sepulcros de Fernán González e da súa filla, a Raíña Urraca, ademais do coñecido tríptico da Epifanía. Tamén cómpre mencionar a torre da Raíña Urraca, anexa ás murallas da vila. Filipe III escolleuna como sede do Arquivo Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e eclesiástico. Foi profesor da Universidad de Salamanca, bispo de Ciudad Rodrigo (1560) e de Segovia (1565), e presidente do Consello de Castela desde 1572. Participou na redacción dos decretos do Concilio de Trento. Pertenceu á escola de Salamanca e a súa obra recolleuse baixo o título de Opera omnia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e lexicógrafo. Ordenouse sacerdote (1567) e ocupou a canonxía da catedral de Cuenca a partir de 1579. Ademais, foi capelán de Filipe III e consultor da Inquisición. Versado en historia antiga, latín, grego e hebreo, publicou Tesoro de la lengua castellana o española (1611), primeiro dicionario monolingüe castelán do Século de Ouro, redactado, na súa maior parte, entre 1606 e 1610. Segue unha orde alfabética e contén ao redor de 7.000 voces. Aínda que a intención do autor era investigar a etimoloxía, en moitas ocasións as descricións aseméllanse ás dunha enciclopedia. Destaca do Tesoro a riqueza de frases, ditos populares, referencias a elementos e persoas da época, etc, e o tratamento que fai tanto dos neoloxismos ou estranxeirismos coma dos arcaísmos e voces dialectais, ademais de marcar o uso das voces (poético, vulgar, etc). Covarrubias baseouse nas fontes literarias e na súa experiencia como lingüista para publicar este Tesoro; unha vez editado, seguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou co debuxo de caricaturas, e en 1923 trasladouse a Nova York onde traballou como caricaturista en Vanity Fair. Recibiu unha bolsa da Fundación Guggenheim e viaxou por Asia, África e Europa. En 1939 realizou dous murais do mapa económico de América para a Feira Internacional de San Francisco. Foi profesor de etnografía na Escuela Nacional de Antropología e director da Escuela de Danza do Instituto Nacional de Bellas Artes. Escribiu, entre outros, o libro de caricaturas The Prince of Wales and Other Famous Americans (O príncipe de Gales e outros famosos americanos, 1925) e os de antropoloxía Mexico South (México sur, 1946), The Eagle, the Jaguar and the Serpent (A aguia, o xaguar e a serpe, 1954) e Indian Art of Mexicano and Central America (Arte indíxena de México e de América Central, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baile e ritmo popular colombiano con raíces na cultura africana.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Trátase dun templo románico de transición construído entre 1225 e 1230 do que só se conserva o arco triunfal e a nave. O arco é apuntado, dobrado e de sección rectangular, apoiado nun par de columnas con bases adornadas con zigzag, sogas e rombos. Os capiteis do arco presentan incisións que evocan elementos vexetais e volutas. No exterior destaca a porta principal, rematada nun arco de medio punto sobre columnas acobadadas con bases áticas, garras e decoración similares ás do arco triunfal; os capiteis presentan decoración incisa de tipo vexetal e unha figura humana simplificada. A portada norte coróase cun arco de medio punto que engloba un tímpano cunha cruz de brazos iguais ensanchados cara aos extremos e inscrita nun círculo. Nos cimacios e nunha das xambas aparece ornamentación xeométrica a base de arquiños, círculos e rectángulos axadrezados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rascar(se)’.
-
-
Relativo ou pertencente ao Danubio.
-
Que está bañado ou atravesado polo Danubio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron no s XIX os principados de Moldavia e Valaquia no Congreso de París (1856). Na Conferencia de París (1858), aceptouse o nome de Principados Unidos de Moldavia e Valaquia e, coa subida ao trono dos dous principados de Alexandru Ion Cuza (1859), produciuse a fusión que orixinou a creación do novo estado de Romanía (1861).
-
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘pemento picante’.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘pemento picante’.
-
-
-
Cambiar unha cantidade de diñeiro en moedas ou billetes máis pequenos.
-
Desfacer un cambio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que determina a perda do trazo normalmente labializado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas. Por exemplo, en galego perdeuse o elemento labial do grupo [k + w] latino en QUĬD > que e QUŌMŎDŎ > *QUOMO > como, e do grupo [(g) + w] xermánico, como en werra > guerra.
-
PERSOEIRO
Compositor checo. Alumno de V. Novak, cultivou un estilo neorromántico con influencias do folclore do seu país e escribiu algunhas pezas coa técnica de cuartos de ton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor costarriqueño. A súa obra é naturalista, cunha profunda preocupación social na que reflicte a situación do campesiñado costarriqueño. Publicou, entre outras obras, Ese que llaman pueblo (1942) e Una burbuja en el limbo (1946). Recibiu o Premio Magón 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución da antiga Grecia pola que os adolescentes se integraban nun servizo militar obrigatorio aos dezaoito anos, logo de ser inscritos como cidadáns durante un período de dez anos. Estableceuse ao redor do 338 a C, despois da Batalla de Queronea. O proceso comezaba cunha verificación das súas aptitudes físicas e, tras prestaren xuramento no templo de Aglauro, repartíanse en seccións baixo a dirección dun sofronista (censor) elixido pola tribo. Os efebos permanecían un ano nas gornicións no Pireo, onde se preparaban fisicamente e se adestraban no manexo das armas, baixo a dirección dos pedótribas. Ao remataren o adestramento recibían as súas armas e distribuíanse polas fortalezas nas fronteiras da Ática. A partir do ano 305 a C deixou de ser obrigatoria e reduciuse a un ano de duración (282 a C). A finais do s II a C perdeu as súas funcións militares, pero permaneceu como institución educativa ata o s III d C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión ao viño.
-
-
Causar rabia.
-
Sentir rabia por algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tornarse soberbio e orgulloso.