"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de home de orixe grega que significa ‘procedente da Arcadia’, rexión central do Peloponeso (Ảρκαδία).
-
PERSOEIRO
Emperador romano (395-408). Fillo de Teodosio I o Grande, a quen sucedeu aos 17 anos de idade no trono imperial. Foi o primeiro Emperador do Imperio Romano de Oriente, creado polo seu pai coa finalidade de simplificar a administración imperial e facela máis eficaz descentralizándoa de Roma. Fixou a capital en Constantinopla e estivo moi dominado polos círculos cortesáns. O seu reinado mantivo certa estabilidade grazas á actuación de Antemio, quen fortificou a fronteira do Danubio para defendela dos hunos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir cristián de Mauritania. Tivo que agocharse para fuxir da persecución do Emperador Valeriano pero, ao se enterar de que pola súa causa prenderan un parente seu, decidiu presentarse perante o tribunal. Como castigo recibiu tormento con garfos e fóronlle amputandos todos os membros. A súa festividade celébrase o 12 de xaneiro, o 4 de marzo e o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia literaria e artística cultivada nos séculos XVI e XVII, que se define pola temática bucólica, a asunción das máximas artísticas da antigüidade greco-latina, e a idealización da natureza e do amor. Nos países de lingua portuguesa, o arcadismo é unha corrente literaria que naceu a finais do XVII e continuou ata o XVIII, co fin de defender a estética neoclásica contra os excesos do Barroco. Desenvolveuse ao redor das academias literarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que leva un arco. OBS: aplícase especialmente ás divindades representadas con arcos.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Pequeno estado do Sacro Imperio situado no Eifel, entre Colonia e Jülich. No 1644 foi elevado a ducado como feudo inmediato do Sacro Imperio. No 1801 obtivo o rango de Ducado soberano, que perdeu no 1811, ocupado pola Francia napoleónica e incorporado ao Gran Ducado de Berg. No Congreso de Viena (1815), dispúxose que a maior parte do territorio quedase baixo soberanía do Reino de Hannover, e o resto baixo o Reino de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido en Escocia no 1701 a lord Archibald Campbell, décimo conde de Argyll. O condado fora creado no 1475 para Colin Campbell, lord Grande Chanceler de Escocia. Os condes de Argyll exerceron durante xeracións o cargo de Xustiza do Reino de Escocia ata que o oitavo conde dooullo ao Rei Carlos I de Inglaterra. Despois da execución deste Rei, coroaron ao seu fillo Carlos II (1650). Os duques de Argyll conservan o cargo herdado de Master da casa do Rei en Escocia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dignidade de arquiduque.
-
Territorio onde un arquiduque exerce o seu dominio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de ourivería destinada ao ornato corporal, característica da Idade do Ferro en toda Europa, con forma de pendente colgante. As máis salientables arracadas galegas son pezas da cultura material castrexa. No estudo analítico das pezas diferénciase unha parte proximal ou superior, unha medial ou central e outra distal ou inferior, que non aparecen en todos os tipos. A ornamentación presenta técnicas diferentes, fundamentalmente a filigrana, o granulado, o martelado, o repuxado e o punteado, que conforman fíos, gránulos e láminas como motivos decorativos, figurativos (animais, sobre todo aves acuáticas e insectos) ou xeométricos (triángulos, espirais, cadeas de eses, sogueados, campánulas, paralelas, zigzags e meandros). Os sistemas de suxección empregados son o de cordón ou cadea supraauricular, de presión e por perforación. Tipoloxicamente, repártense en tres grupos: Grupo I caracterízase por ter pouco desenvolvida a parte proximal, tendo a medial forma penalunar ou...
-
-
Posta en marcha dun vehículo, xeralmente brusca.
-
Labor agrícola que consiste en arrancar o liño da terra cando está cumprido.
-
Idea ou dito ocorrente e repentino.
-
Acción ou movemento brusco que se produce de súpeto.
-
-
-
Última rolda de viños ou copas que se toma antes de volver á casa.
-
Muller que ten por oficio arrancar o liño.
-
-
-
de arrancar.
-
Aplícase á planta ou tronco que presenta as raíces colgando.
-
Dise dos membros ou cabezas desprendidos de forma irregular e con fíos de sangue.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que arranca ou serve para arrancar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
recadar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrancada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arrancadeira.
-
-
de arriscar.
-
Que expón a perigos ou ofrece riscos, que está cheo de riscos.
-
Que afronta os riscos ou perigos que unha acción calquera poida implicar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de arrolicar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización mariñeira fundada en 1924 en Viveiro como consecuencia da crecente importancia da industria pesqueiro-conserveira na localidade. En Viveiro non existía ningunha organización mariñeira, e os elementos conservadores locais alentaron e organizaron esta sociedade para cubrir o baleiro deixado polo sindicalismo obreiro, tentando impedir a súa introdución neste porto, nunha etapa de grande espallamento do sindicalismo obreiro de clase (1910-1930). O obxectivo principal desta organización mariñeira era a beneficencia entre os asociados e a resolución cooperativa dos problemas do sector.