"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Calidade ou estado das persoas de idade avanzada, dos anciás.

    2. Período da vida no que unha persoa é considerada anciá.

    3. Calidade ou estado do que é antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma do estado español, situada ao sur da Península Ibérica (87.268 km2; 7.234.873 h [1996]).
    A xeografía física
    Andalucía é unha das rexións exteriores á Meseta; só penetra polo norte no zócolo herciniano, que lle pertence no seu extremo meridional. Resulta, así, un típico relevo mediterráneo, de extrema variedade pola súa orixe alpina, pola súa estrutura e pola súa morfoloxía. De N a S distínguense tres unidades de relevo: a Sierra Morena, a Depresión Bética e as Cordais Béticos. Todo o conxunto gaña gradualmente altitude de O a L e de N a S, acadando a máxima altitude no extremo SL, en Sierra Nevada (3.481 m no Mulhacén, máxima altitude peninsular). A Sierra Morena, ao N, é un cordal esgrevio aínda que de altitudes máis ben modestas (serra Madrona, 1.323 m) que constitúe o límite S da Iberia herciniana. Máis ao S, pero lixeiramente desprazada ao O, a Depresión Bética é unha ampla e triangular fosa alpina de orixe tectónica rechea de sedimentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1290-1301), derradeiro da dinastía de Árpád. Fillo do príncipe Estevo e de Tomasina Morosini, de familia veneciana, e sobriño de André II; sucedeu a Ladislau IV. Opúxose á nobreza e defendeu o Reino contra os Habsburgo e os Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario de orixe rioxana instalado en Santiago desde 1756, onde abriu unha tenda e un almacén. A partir dos anos sesenta do s XVIII desenvolveu unha importante actividade comercial con América e con outros puntos de Galicia e España ata converter a súa firma comercial nunha das máis importantes de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de organización social na que o goberno é exercido polos varóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de poligamia na que unha parte das plantas da poboación presentan flores hermafroditas e outras só flores masculinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nunha mesma planta de flores hermafroditas e de flores masculinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo bilingüe de carácter sindicalista aparecido en outubro de 1987 na Coruña. Incluía informacións referidas ao sindicato, aos mestres, ás eleccións sindicais e demais temas do mundo do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceleración da velocidade dunha certa reacción dunha molécula orgánica por efecto da participación dun grupo veciño do centro reactivo, que aparentemente non está implicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antecedente.

    2. Proceso polo que un curso de auga establecido antes dun alzamento tectónico mantén o seu curso durante ese alzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten lugar inmediatamente antes do casamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular de fonema ascendente polo que se caracteriza un bo número de construcións interrogativas absolutas en moitas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Barros Silvelo, editada en 1875 na Coruña, na que interpreta os restos arqueolóxicos de Galicia -tanto os megalíticos como os castrexos- como “recordo das primitivas razas célticas”. Trátase dunha obra modélica para a súa época, tanto polo contido (declaradamente celtista) como polas ilustracións (elaboradas segundo a súa visión romántica). Historiograficamente, cómpre salientar que abriu un camiño, que o tempo demostrou errado, na investigación arqueolóxica xa que consideraba que as semellanzas formais entre os monumentos, mesmo se estaban moi distantes no espazo e no tempo, eran o resultado dunha unidade xenética e dun parentesco entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Xosé Verea y Aguiar publicada en 1836. Encádrase dentro da corrente historiográfica romántica, iniciada por el mesmo na Historia de Galicia que escribiu, onde introduce por vez primeira o celtismo como modelo de explicación dos restos arqueolóxicos e dos feitos prehistóricos, co fin de subliñar o carácter diferencial da historia de Galicia, reivindicándoa como nación fronte a outros territorios da Península Ibérica. Principia así unha longa escola que guiará a moitos historiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de máxima impedancia nun circuíto resonante paralelo, como por exemplo unha indutancia e un condensador conectados en paralelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario á orde social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coloración anormal, violácea ou vermella escura, das follas ou doutros órganos, producida polo desenvolvemento anormal dos pigmentos antociánicos (antocianina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos sales (en xeral cloruros) de polihidroxiflavilio (polihidroxio-2-fenil-5,6-benzopirilio) que constitúen as agliconas das antocianinas e que son responsables da súa coloración. As coloracións dependen do pH do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dun grupo de pigmentos vexetais que proporcionan as coloracións vermellas, moradas e azuis das flores, de moitos froitos e dalgunhas follas, cortizas e raíces. Están constituídas por mono e diglicósidos dunha antocianidina, illable por hidrólise ácida.

    VER O DETALLE DO TERMO