"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus bracarense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba o val do Támega, contra a antiga Aquae Flaviae (actual Chaves, Portugal). Debido a dúbidas e discrepancias entre os diferentes estudiosos dos populi, este pobo aparece ás veces co nome de naebisocios.
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Obtivo grandes éxitos en tempos de Valentiniano III. Aspiraba ao Imperio e, como Capitán Xeneral dos exércitos romanos, tiña unha poderosa influencia na Corte. Para consolidar esta influencia procurou casar o seu fillo coa filla do Emperador, que estaba en loita con Atila e Xensérico, que tamén pretendía dominar o Imperio. Derrotou a Atila na batalla dos Campos Cataláunicos. Morreu asasinado no 454 nunha conxura da Corte por orde de Valentiniano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo ariano, orixinario de Antioquía. Consagrado durante o Reinado de Xuliano foi un hábil dialéctico. Xunto cos seus seguidores, chamados anomeos ou aecianos, ensinou que o Fillo é distinto do Pai: unha criatura, ben que a máis perfecta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica e práctica que permite o voo de aparellos mediante o emprego de balóns de gases menos pesados que o aire (aerostatos). Na obra de Francesco de Lana (1631-1687) Podromo overo saggio di alcune invenzione nuove, descríbese un proxecto de aeronave baseada no principio de Arquímedes e cunha forza ascensional que había de proporcionar unhas esferas de cobre baleiras de paredes moi finas. Aínda que a idea da esfera baleira era teoricamente válida, a imposibilidade de encontrar un material suficientemente lixeiro, e tamén, suficientemente resistente para impedir que a esfera fose estropeada pola presión atmosférica, fixo inviable a idea de Lana. Se ben Tiberio Cavallo comunicou, en 1871 na Royal Society de Londres, os experimentos con burbullas de xabón e con vexigas de animais cheos de hidróxeno. Foron os irmáns Joseph e Etienne de Montgolfier os que, tendo observado a diminución da densidade do aire cando se quenta, construíron un montgolfier duns 12 m de diámetro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para depurar augas negras mediante a inxección dunha corrente de aire na súa superficie; as burbullas formadas incorporan a sucidade que flota e pódese separar o conxunto escumando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moralidade ou explicación da fábula.
-
-
Alteración morbosa dalgún elemento ou función do organismo humano.
-
Inclinación, amor, afecto cara a alguén ou a algunha cousa, que se manifesta cun interese prolongado.
-
Modificación ou alteración producida nunha cousa por outra.
-
Conxunto de seguidores e partidarios dun deporte, dun equipo ou de calquera outra actividade.
-
-
-
de afeccionar.
-
Que ou quen ten afección a unha arte, a unha ciencia, a un deporte ou a outra actividade, e en xeral, que lle gusta asistir a presencialo.
-
Quen practica un deporte, que cultiva unha arte, unha ciencia por pracer e non profesionalmente.
-
Actividade teatral desenvolvida sen afán lucrativo. Os ámbitos nos que se sitúa o teatro afeccionado son diversos, desde os centros educativos ás aulas da terceira idade, se ben aquel que rexistra un maior pulo é o das asociacións culturais e veciñais. Ata finais da década de 1970 todo o teatro galego era afeccionado, pois non existían estruturas profesionais de produción, que principiaron a desenvolverse coa implantación da administración autonómica. O teatro afeccionado cumpriu un papel fundamental na configuración dun espacio cultural nacional, na defensa e promoción da lingua galega, na normalización cultural e no desenvolvemento do teatro profesional. Na actualidade constitúe un dos piares fundamentais do tecido teatral galego. Xunto ao traballo desenvolvido en moitos centros educativos, desde que Ricardo Carballo Calero traballara no Colexio Fingoi de Lugo, hai que salientar o labor de agrupacións históricas como o Grupo Airiños, de Asados (Rianxo), Cantigas e Agarimos...
-
-
-
Facer que alguén comece a ter gusto por unha cousa determinada.
-
Adquirir certa afección, gusto ou hábito.
-
Collerlle cariño a alguén ou algo.
-
-
-
Acción e efecto de afectar.
-
Artificiosidade ou carencia de naturalidade cando se realiza algo ou no modo de comportarse.
-
Uso dun estilo ou dun método que non combina co tema tratado, de maneira que o escrito reséntese de esaxeración ou de falta de naturalidade.
-
Presunción feita con base nunha serie de calidades que non existen.
-
Adxudicación dos resultados dun exercicio segundo que estean constituídos por perdas ou por ganancias nas diversas partidas representativas do patrimonio dunha empresa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
afeccionado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de afiliar ou afiliarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de afinar, especialmente aplicado á música.
-
-
Acción e efecto de afirmar ou afirmarse.
-
Proposición na que a cópula (a relación entre os dous termos) se introduce como existente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición de afixos para formar palabras novas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Causa e estado de quen está aflixido; padecemento dun gran sufrimento, pena ou abatemento de ánimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que determina unha falta crecente de vibracións vocálicas nun fonema ou nun grupo de fonemas.
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Pompeio designouno Lugartenente seu, fíxoo elixir Cónsul (60 a C) e enviouno a Hispania no momento máis crítico das loitas civís como comandante da Hispania Citerior. Xulio César venceuno na decisiva batalla librada ao S de Lleida (49 a C), na que loitaba xunto con Petreius. Morreu despois da Batalla de Tapsa (46 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo romano. Foi un dos creadores do teatro romano. Considérase que é o pai da comedia que se designa co nome de fabula togata, xénero no que se describen as clases medias urbanas.
VER O DETALLE DO TERMO