"COU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 304.
-
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín cuatu ‘lugar cercado’. Os topónimos homónimos designaron na súa orixe lugares acoutados, probablemente por pertenceren a un determinado mosteiro ou a un señorío laico. Xa se documenta no s XIII baixo forma latina: “Martinus Roderici de Cauto” (doc ano 1216 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 503); en romance atéstase no s XIV: “Johan Eanes do Couto” (doc ano 1300 en J. I. Fernández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 43).
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un castelo de pedra aclarado de sable e en punta, ondas de auga de azul e prata. Algunha variante trae, unha perna que sae do xefe, co seu pé, e por detrás dela, unha serpe erguida en actitude de trabar o pé.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escultor. Participou, entre outras mostras, na I Mostra Unión Fenosa (1989), na Bienal de Pontevedra (1989), na Mail Art Pontevedra Santiago (1989), na Semana Verde de Galicia en Silleda (1989), na Semana Cultural de Vila de Cruces (1988) e na Mostra Artistas do Deza (1993).
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Demarcación territorial que abranguía os lugares de Rubiás e Santiago (que constitúen a actual parroquia de Rubiás dos Mixtos) e o de Meaus (na parroquia de Tosende), no val do río Salas (comarca da Limia). Tiña como principal peculiaridade unha certa autonomía con respecto a España e Portugal (estados que compartían a súa soberanía nominal), feito que lles concedía aos seus veciños diferentes privilexios como a decisión da súa propia nacionalidade, a exención de tributos e obrigas persoais (servicio de armas), liberdade de cultivos e de comercio nos dous reinos, dereito á posesión de armas sen necesidade de licencia, etc.
VER O DETALLE DO TERMO
Particularidades administrativas e privilexios
O Couto Mixto gozaba dun réxime de amplo autogoberno, malia que os seus habitantes estaban sometidos no contencioso e no criminal á xurisdición dos xulgados de Montealegre e Xinzo de Limia, respectivamente e consonte á súa nacionalidade portuguesa ou española. Eclesiasticamente, pertencían á diocese... -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...
-
GALICIA
Mestre e xornalista. Dirixiu o xornal La Crónica del Magisterio (1865), no que publicou uns “Estudios ortológicos o razonamientos sobre el arte de leer en alta voz”, e colaborou nas publicacións El Ferrocarril Gallego (1861-1862), El Progreso (1865), El Derecho (1870), El Anunciador (1890) e La Unión Republicana (1892). En 1880, durante a súa estadía en Madrid, dirixiu El Mercado, un periódico de carácter económico escrito en castelán, francés, italiano, inglés e alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro republicano. Serviu de enlace entre as diversas agrupacións e incorporouse ao grupo do Foucellas en 1944, con quen participou en numerosos enfrontamentos coas forzas de seguridade. Sobreviviu á caída da Vª Agrupación e á captura do Foucellas en 1952.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Viviu en Oriente a maior parte da súa vida. Foi nomeado cronista de Indias por Filipe II e continuou as obras de Jõao de Barros Décadas e Ásia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador. Baixo a dirección de Domingo Antonio de Andrade traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela (1671-1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, escritor e xornalista liberal. Xuíz na Cañiza, Pontedeume, Lalín, Béjar e Pontevedra, foi presidente das xuntas revolucionarias pontevedresas dos anos 1843, 1846 e 1854. Colaborador dos periódicos pontevedreses Las Musas del Lérez (1842), La distracción (1852), El País (1857) e La Perseverancia (1859), foi ademais fundador e redactor dos semanarios El Ferrocarril Gallego (1853) e El Esquilón (1861), semanario satírico no que escribía baixo o pseudónimo de Frei Gustavo de la Fé. Foi o autor, xunto con Xosé López de la Vega, de Vida e viajes de los hermanos Bartolomé y Gonzalo Nodal e de numerosos escritos humorísticos publicados en El Cojo e El Cepo. Pouco antes da súa morte iniciou un Dicionario galaico portugués que non rematou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Cañiza baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción barroca situada a carón da igrexa de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal). A súa construción, promovida por don Francisco Valderrama e Mallou, data de 1717, segundo unha inscrición que se conserva na portada de entrada ao xardín. Trátase dun edificio con planta en forma de L, no que destaca unha gran balconada sobre canzorros que percorre unha das súas fachadas. Conserva os brasóns dos Valderrama e dos Mariño. Nos xardíns existe unha fonte barroca labrada en cantería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Fundada por Xoán de Seoane no s XII, reconstruíuse en 1825. Ten planta rectangular con dúas alturas, solaina e torre de tres alturas, xunto a ela está a capela que conserva un retablo barroco. No xardín hai diversas construcións adxectivas. Na fachada principal destacan os brasóns dos Sampaio, Lemos, Bermúdez, Enríquez, Sarmiento, Losada e Quiroga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Tomeza, entre San Martiño de Salcedo e San Miguel de Marcón (Pontevedra). É do s XVI con dous vans de medio punto de perpiaño e sen peitorís. Pertence ao antigo camiño de Pontevedra a Vigo.
-
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. Simbolista primeiro e vangardista despois, escribiu os poemarios Província (1933), Cancioneiro do Ausente (1943) e Entre Mar e Río (1952). Tamén publicou prosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. No muro occidental conserva unha porta románica de finais do s XII abucinada e rematada por dúas arquivoltas de medio punto, que descansan sobre os muros e sen tímpano. A rosca maior ten a aresta moldurada en bocel e seguida dunha media cana; arredor aparece unha chambrana de tacos. Baixo os beirís hai algún canzorro de factura sinxela.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e matemático. Dende a lóxica simbólica propugnou a formación dunha mathesis universalis e dunha lingua universal. É o autor de De l’infini mathématique (Do infinito matemático, 1896), La logique de Leibniz d’après les manuscrits inédits (A lóxica de Leibniz tralos manuscritos inéditos, 1901), L’algèbre de la logique (A álxebra da lóxica, 1905) e Histoire de la langue universelle (Historia da lingua universal, 1903), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi un dos primeiros representantes da opción academicista dentro do romanticismo. En 1847 presentou ao Salon de París a obra Romains de la décadence (Os romanos da decadencia) coa que obtivo a primeira medalla. Cultivou tamén o retrato. Entre os seus discípulos figuran Édouard Manet e Pierre Puvis de Chavannes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano e pintor francés. Codirixiu con Régamey a revista Arte Sacra (1937-1954). Promocionou as obras de Mattise, Braque, Le Corbusier, Léger, Chagall e Rovault, entre outros, nas igrexas católicas.
VER O DETALLE DO TERMO