"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Émile Jacques-Dalcroze.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das xilariáceas, de corpos frutíferos coriáceos e globosos, de ata 50 mm de diámetro, que presentan na superficie numerosos poros que corresponden a cada un dos peritecios nos que se forman as esporas. En Europa está presente a especie D. concentrica, sobre madeira podre de árbores caducifolias, que presenta frutificacións coa superficie de cor negra, lisa e brillante, e a carne dura, de cor púrpura con aneis concéntricos máis escuros.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Doutorouse na Universidade de Cambridge en 1909. Dirixiu os Wellcome Physiological Research Laboratories (1906-1914), nos que realizou estudios sobre a composición e os efectos do cornizó, e traballou no National Institute for Medical Research (1914-1942), centro do que foi director dende 1928 ata a súa xubilación. Foi presidente da Royal Society (1940-1945) e membro da Comisión de Enerxía Atómica. Descubriu a histamina e a acetilcolina, molécula implicada na transmisión nerviosa. No 1936 recibiu, xunto con Otto Loewi, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polo descubrimento da acción dos neurotransmisores no impulso nervioso. No ano 1932 concedéuselle o título de sir e no 1944 a Orde do Mérito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro sueco. Realizou os seus estudios no Chalmers Institute de Gothenburg. Traballou na Gas Accumulator Company na que acadou o posto de enxeñeiro xefe (1906) e, posteriormente, o de director xerente (1909). En 1909 conseguiu sintetizar o agamassan, produto capaz de absorber o gas acetileno, feito que permitiu o seu transporte sen risco de explosión; tamén perfeccionou a turbina de vapor de Laval. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Física pola invención dun regulador automático empregado na iluminación de faros e boias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. Consérvanse unha decena de poemas da súa autoría. No ensanhament de Ramón Vidal de Besalú un xograr pregúntalle pola decadencia da poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta da preposición de + o cuantificador algún(s), algunha(s).
-
VER O DETALLE DO TERMO
James Andrew Broun Ramsay.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Yunnan, China, situada na marxe esquerda do lago Er Hai (136.554 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, decorador, artista gráfico e escritor. Formouse con Ramón Pitchot, que o introduciu no impresionismo, e despois con Juan Núñez en Figueres. En 1921 ingresou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando e na residencia de estudiantes coñeceu a Federico García Lorca, Luis Buñuel e outros membros da Xeración do 27. Interesouse nun primeiro momento polo cubismo e pola obra de Juan Gris para despois rexeitalo e achegarse á pintura metafísica. En 1922 expulsárono da escola de belas artes e en 1924 foi arrestado en Girona baixo a sospeita de axitación política. En 1925 realizou a súa primeira exposición universal nas galerías Dalmau de Barcelona. Ese mesmo ano regresou á escola de belas artes, da que foi definitivamente expulsado ao ano seguinte, e viaxou a París, onde coñeceu a Picasso. A pintura dos seus primeiros anos, o Manifest Groc (1928), os seus artigos, en revistas como L’Amic de les Arts, e as súas conferencias (1930), provocaron reaccións violentas entre os conservadores...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea do xénero Dahlia, da familia das asteráceas, de raíces fasciculadas. Presenta follas divididas en cinco ou sete folíolos ovais, de bordo dentado ou lixeiramente serrado e dispostas de xeito alterno; capítulos florais terminais ou axilares, con brácteas dispostas en dúas filas; e froitos en aquenio. Existen unhas 30 especies orixinarias de Centroamérica cultivadas en todo o mundo como plantas ornamentais das que se obteñen grandes inflorescencias de distintas cores e formas. As especies máis cultivadas son: D. coccinea, D. excelsa, D. imperialis e D. variabilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antopersónimo, nome propio de persoa baseado no nome dunha flor. O nome do xénero destas herbáceas, Dhalia, deriva do nome do botánico sueco Dahl, que a finais do s XVIII trouxo esta flor a Europa desde terras mexicanas.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Liaoning, en Manchuria, China, na aglomeración de Lüda (1.723.302 h [estim 1990]). É o principal porto do NL do país. Posúe unha industria moi diversificada na que destaca a metalurxia, o sector químico e a maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, accidentado pola serra de Gádor (3.590 h [1996]). A separación a finais dos anos oitenta do municipio de El Ejido cambiou a súa economía, que se centrou a partir de entón na agricultura e na minería (mármore). Do seu patrimonio destaca o xacemento arqueolóxico de El Cerrón, as fortalezas e os castelos árabes, e a igrexa de Santa María de Ambrox-Dalías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca de Andalucía, ao sudoeste da serra de Gádor. É unha área agrícola, de cultivos de regadío e de secaño (vide), e mineira (chumbo). O centro comarcal é El Ejido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bíblico do Antigo Testamento que procede do hebreo D’lilah, que talvez signifique ‘pobreza’. Segundo as Sagradas Escrituras, Dalila era unha fermosa muller da que se namorou Sansón, un dos xuíces bíblicos hebreos, famoso pola súa forza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller filistea da que, segundo o libro dos Xuíces se namorou Sansón, un dos xuíces bíblicos hebreos famoso pola súa forza. Cedendo ás suxestións dos príncipes filisteos e sabedora de que a forza sobrehumana do seu amante radicaba na súa longa cabeleira, cortoulle os cabelos mentres durmía. Deste xeito, Sansón perdeu a súa extraordinaria forza e, atado de pés e mans, puido ser apreixado polos seus inimigos, quen o desollaron e encadearon.
-
PERSOEIRO
Poeta e historiador sueco. Protexido pola princesa Luísa Ulrica, irmá de Federico o Grande de Prusia, foi preceptor do príncipe herdeiro (1750), historiador do reino (1755) e chanceler. Introduciu en Suecia a cultura francesa. Escribiu, entre outras obras, unha historia do Reino de Suecia (1746-1762), a traxedia Brynilda (1739) e o poema Den svenska friheten (A liberdade sueca, 1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Instruíuse con Antonio Illesberg en Trieste e logo estudiou composición con Casiraghi e Frazzi en Florencia. Nas súas primeiras obras empregou a linguaxe diatónica e, posteriormente, penetrou no dodecafonismo. Da súa produción destacan as óperas Volo di notte (Voo nocturno, 1940) e Il prigioniero (O prisioneiro, 1950); a música orquestral Picola musica notturna (Pequena música nocturna, 1954), Variazioni (Variacións, 1954) e Job (1950); e a serie de pezas para voz solista e conxunto 5 canti (5 cantos, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Texas, EE UU, drenada polo río Trinity (1.053.292 h [1997]). É a segunda cidade máis grande de Texas e a terceira de EE UU desde o punto de vista económico. A situación de Dallas corresponde a un antigo bosque coñecido como Cross Timbers. A medida que a poboación aumentaba, transformouse na Gran Dallas, formada por Dallas, os barrios de Arlington, Fort Worth e varias cidades pequenas unidas por autoestradas. Dallas e Fort Worth coñécense como o centro de Texas. Ocupa o lugar central da máis importante área produtora de trigo de inverno, algodón, petróleo e gas natural do S dos EE UU. O centro comercial está á beira do río Trinity, nos arredores están os slums, onde vive a poboación afroamericana e a de orixe mexicana. A metade da poboación activa traballa no sector terciario, que fixo de Dallas o primeiro centro comercial do S e o cuarto dos EE UU por volume de negocio. Posúe industria algodoeira, aeronáutica e petroquímica. Ten aeroporto internacional e centros de ensino...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión que se estende en dirección NO-SO pola costa do Mar Adriático, cunha superficie aproximada de 12.000 km2. Forma parte das repúblicas de Croacia e Bosnia-Herzegovina, situada entre os Alpes Dináricos e o Mar Adriático. Varias cordilleiras paralelas á costa álzanse a máis de 1.500 m de altitude. Na costa, diante da que hai numerosas illas, distínguense dúas partes: unha baixa ao NO e outra máis recortada, con acantilados, ao SO. O clima é subtropical, con veráns cálidos e secos, e invernos fríos e prolongados, pero sen grandes nevadas. Atravésana numerosos ríos, entre eles o Neretva, o Cetina e o Zrmanja. Tamén é unha zona con importantes lagos, entre os que sobresae o Ličko. A poboación é de orixe croata, bosnia e italiana, e existe unha pequena representación de poboación de orixe alemana. As maiores aglomeracións están na costa, onde radican as principais cidades: Split, Zadar e Dubrovnik. As actividades económicas máis importantes son a agricultura, a gandería e...
VER O DETALLE DO TERMO