"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • La dame aux camélias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Golfo Pérsico, situada no emirato de Abū Ẓ abĩ, Emiratos Árabes (25 km2). Diversos oleodutos unen a illa cos importantes xacementos submarinos de petróleo de Umm Shaif e Zakum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego editada a partir de xullo de 1989 en Santiago de Compostela, co apoio da concellería de Xuventude do concello de Santiago. Dirixida por Arturo L. Regueiro, contaba coa colaboración de Margarita Ledo Andión, Suso de Toro, Xaquín Marín, Helena de Carlos, Tino Viz, Fernando García Varela e outros. Encargouse da dirección artística Fausto C. Isorna e do deseño gráfico Xosé Salgado. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Castrondouro”, “Historieta” e “Relato”. Incluía artigos de carácter cultural con fotografías en branco e negro, acompañados de cómics e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Paco Martín publicada en 1985 que conseguiu o Premio O Barco de Vapor (1984), o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria (1985) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986). Ademais en 1986 formou parte da Lista de Honra do IBBY e en 1988 foi seleccionada para a lista White Ravens da Biblioteca de Múnic. Traducida ao asturiano, castelán, catalán e éuscaro, nela cóntanse, a través de oito relatos nos que se mesturan fantasía, realidade, tenrura, humor, absurdo e certo espírito crítico, retallos da vida de Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante de soños por encargo que representa unha forma de ser e de entender a vida baixo do seu espírito irónico e retranqueiro. Por medio deste personaxe sábese da chegada do Reparante á cidade, un misterioso ser que fala en chairego antigo e que só esperta cada seiscentos noventa e seis anos, e cómo Lamote intenta avisar o Rexedor. A nova esténdese decontado pola cidade e todos se preparan para a súa chegada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Ana Romaní en 1994. Obra de carácter intimista e temática amorosa e existencial, tenta atopar unha linguaxe poética innovadora que reflicta unha nova mentalidade sobre a muller. De aí, a reelaboración de tópicos literarios con valores diferentes dos que sinala a tradición: as historias míticas de Penélope e Ulises, o río, a auga, o mar, o tecer, etc. Neste sentido, a simboloxía mariña que emprega, presente xa no seu primeiro libro Palabra de mar (1987), amosa significativas coincidencias coa de Cristina Peri Rossi nos poemas de Descripción de un naufragio (1975) e coa de Carme Riera en relatos como “Te deix, amor, la mar com a penyora” e “Jo pos per testimoni les gavines”. Na súa construción dun eu lírico feminino propio, entronca tamén coa poética de soidades, sombras, derrotas e desterros de Emily Dickinson e Edith Södergran, ás que se lles engade a figura de Rosalía de Castro e outras voces máis achegadas no tempo, como a de Xohana Torres en Tempo de ría. O percorrido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bengalí. Dedicouse ao ensaio e ao xornalismo. Publicou Dhusar Pandulipi (A escritura gris, 1936) e Banalata Sen (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Cursou estudios en Verín, Barcelona e Ourense, onde se diplomou por maxisterio en filoloxía galega, española e inglesa. Discípulo de Xesús Taboada, comezou a colaborar dende o ano 1978 na prensa de Galicia (A Nosa Terra, A Peneira, Faro de Ourense, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Xornal do Támega) con artigos referentes á etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía, e en revistas especializadas (A Nosa Memoria de ANT, Revista Galega de Educación, A Peneira, O Irmandiño, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Escaramuza). Publicou, entre outras obras, Os outros vigos. Coruxo (1987), 70 anos de fútbol en Verín (1990), O entroido en terras de Monterrei (1990), Monterrei, 5 séculos de cultura (1994), García Barbón e o colexio de La Salle no centenario da súa fundación (1995),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘queixo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo común na filosofía da existencia, con significación diversa. Para Martin Heidegger designa o ser humano, o modo de ser exclusivo deste; para Karl Jaspers, a condición de dar o ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e historiador. Relacionou a tradición filosófica india, particularmente co neorrealismo angloamericano e o evolucionismo. É autor de A History of Indian Philosophy (Historia da filosofía hindú, 1922-1955), obra en cinco volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio das montañas do Simen, o máis elevado de Etiopia, con 4.620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo gramatical usado para indicar un son aspirado rudo (espírito áspero). Represéntase por ‹ (medio H) nos manuscritos latinos antigos e medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dasiátidos.

    2. Peixe da familia dos dasiátidos.

    3. Familia de raias, da suborde dos dasiatoides, caracterizadas por presentar as aletas pectorais que se xuntan por diante do fociño formando unha máscara. Posúen, ademais, ollos e espiráculos dorsais, numerosos dentes dispostos en fileiras transversais, a pel lisa e carecen de aleta dorsal. Pertencen a esta familia os xéneros Dasyatis e Gymnaura, coñecidos popularmente como ferreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dasicladais.

    2. Alga da orde das dasicladais.

    3. Orde de algas verdes, de talo cenocítico constituído por un eixo uninucleado con ramificacións verticiladas, propia de mares quentes ou mornos, á que pertence o xénero Acetabularia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo ou estrutura que aparece cuberto dunha densa pilosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica silva e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Martin Gomez da Silva” (doc ano 1288 en E. Portela Silva, La región del obispado de Tuy en los siglos XII-XV, 1975, en Compostelanum XX, p 370). Adoita grafarse Da Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia dos dasipódidos.

    2. Mamífero da familia dos dasipódidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos xenartros. Caracterízanse pola presenza dunha coiraza que lles cobre gran parte do corpo. Son insectívoros e vexetarianos. Esténdense desde a parte meridional dos EE UU a todo o S do continente americano. Tamén se denominan armadillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dasipróctidos.

    2. Mamífero da familia dos dasipróctidos.

    3. Familia de rilladores á que pertencen os agutis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dasiúridos.

    2. Mamífero da familia dos dasiúridos.

    3. Familia de mamíferos marsupiais caracterizados por presentar tres pares de incisivos na mandíbula inferior, fociño longo, ollos e orellas grandes, extremidades anteriores con cinco dedos e as posteriores con catro ou cinco, sempre con todos os dedos independentes e a cola longa. Teñen o marsupio en posición moi posterior e, os máis deles, son pequenos, de menos de 100 g, principalmente insectívoros e de actividade nocturna. Distribúense por Australia e Nova Guinea, e aínda que algúns representantes desta familia, que abrangue máis de medio centenar de especies, habitan en medios moi diversos, están especialmente asociados ao deserto rochoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa e escritora. Comezou a publicar baixo o pseudónimo de Unha muller rusa e foi responsable da saída do prelo do primeiro gran dicionario de ruso. Contribuíu á entronización de Catarina II, foi directora da Academia Rusa de Ciencias (1783) e fundadora da Academia Rusa da Lingua. Colaborou na revista Nevinnoje upražnenije. Tamén escribiu Memoirs of the Princess Dashkow Written by Herself (Memorias da princesa Dashkow escritas por ela mesma, 1840), obra escrita orixinariamente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO