"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

    1. Conxunto dos dez mandamentos da Lei Mosaica. A tradición bíblica afirma que esta colección de preceptos llos entregou Deus a Moisés no Sinaí, inscritos en dúas táboas de pedra, as Táboas da Lei. O texto destas obrigas e o xeito en como foron comunicadas están recollidos en dous dos libros do Pentateuco: Éxodo 20, 2-17 e Deuteronomio 5, 6-21. Nos seus respectivos catecismos, a Igrexa católica adoptou a orde dos mandamentos proposta por santo Agostiño de Hipona, mentres que a Igrexa reformada adoptou unha versión de Oríxenes, quen pensaba que o Ex 20, 3-6 contiña dous mandamentos diferentes: para manter o decálogo o versículo 17 soamente podía ter un mandamento.

    2. Conxunto de dez normas, consellos ou principios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de decalvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a propiedade de facer caer o cabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rasurar a cabeza a unha persoa, normalmente adoitaba ser un castigo por mor dun delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos composta por Giovanni Boccacio entre 1348 e 1350, aproximadamente. Consta de cen relatos que se dividen por temas en dez xornadas, precedidas dunha introdución xeral e enmarcadas respectivamente por dez proemios e epílogos. A introdución conta o encontro nunha igrexa de Florencia de sete mulleres e tres mozos durante a peste de 1348, que deciden retirarse xuntos ao campo para evitar o contaxio e afastarse da atmosfera de dor e depravación moral que domina a cidade. Durante dúas semanas -agás venres e sábados- deciden entreterse narrando contos por quenda e ao final de cada sesión cantan unha balada. Tratan posibles aspectos da vida humana: avatares da fortuna; aventuras de amor que rematan infeliz ou felizmente; agudezas que exemplifican a habilidade e axilidade do enxeño, xogos burlescos e, tras unha recapitulación dos motivos máis destacados, preséntanse casos exemplares das principais virtudes cabaleirescas. A obra é unha manifestación das correntes de pensamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia moi potente, similar ao curare, que actúa como relaxante da musculatura esquelética. Unha dose de 0,003 g por vía endovenosa produce no home unha parálise muscular total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de lonxitude que equivale a dez metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de decampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantar un campamento o exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou dignidade de decano.

    2. Período de tempo durante o que o decano exerce as súas funcións.

    3. Despacho ou oficina na que exerce as súas funcións o decano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta dez estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo da serie dos alcanos presente no petróleo. É un líquido incoloro que funde a -30°C e ferve a 174°C. Emprégase en espectroscopia e en cromatografía como substancia de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é o membro máis antigo ou máis vello dun grupo ou colectividade.

    2. Membro dunha corporación ou profesor dunha facultade universitaria, elixido ou designado para presidila.

    3. Presbítero que ten ao seu cargo unha circunscrición diocesana equivalente ao arciprestado, por delegación do bispo. A partir do concordato de España coa Santa Sé de 1851, polo que se crearon novos arciprestados, o nome de decano reservouse para as antigas circunscricións diocesanas.

    4. Dignidade do cabido dunha catedral ou colexiata que comporta o dereito de presidencia.

    5. Cardeal máis antigo, por consagración episcopal, entre os cardeais-bispos, e titular da súa suburbicaria de Ostia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino e branco, que funde a 31,5°C. Os seus ésteres empréganse na fabricación de perfumes e aromatizantes alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de decantar ou decantarse.

    2. Selección, a partir da medida e do peso específico, efectuada sobre as partículas transportadas por unha corrente de auga ou de aire. Tamén existen procesos de decantación no seo dos magmas.

    3. Operación que consiste en separar pola gravidade dúas ou máis substancias inmiscibles entre elas, sempre que teñan distintas densidades e que, polo menos, unha sexa líquida. Para eliminar as materias sólidas que un líquido ten en suspensión, déixase que se acumulen no fondo e logo inclínase o recipiente, para deixar saír o líquido, ou aspírase. Para separar líquidos inmiscibles de diferente densidade hai que esperar a que se separen as dúas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato ou instalación empregados para decantar un líquido e separalo da materia sólida que leva en suspensión. O funcionamento pode ser continuo ou intermitente. Poden ser mecánicos, cando dispoñen dun sistema lento de axitación, ou non mecánicos, cando lles falta ese dispositivo; nos dous casos, o líquido entra de xeito continuo dentro dun tanque, as partículas tenden a pousarse no fondo e o líquido claro sae polas beiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. erter o líquido dun recipiente inclinándoo de xeito que o pouso do fondo non saia e se poida separar do líquido.

      2. Separar un líquido do sólido que leva en suspensión ou ben, separar dous líquidos inmiscibles de diferente densidade, deixando o sistema en repouso e facendo saír o líquido menos denso polas beiras do recipiente.

    1. Pousarse unha substancia sólida que estaba en suspensión.

    2. Tomar partido por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de decapar.

    2. Acción e efecto de decapar.

    VER O DETALLE DO TERMO