"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Rafael Canogar, foi discípulo de D. Vázquez Díaz en Madrid, onde tamén acudiu ao Círculo de Bellas Artes. Despois de desenvolver unha obra de características semellantes ás do seu mestre, interesouse pola obra de Picasso, Miró e outros vangardistas. Realizou a súa primeira mostra individual en 1954 e ao ano seguinte comezou a realizar as primeiras abstraccións que dende 1957 adquiriron un carácter informalista. En 1957 participou na fundación do grupo El Paso. En 1964 abandonou o informalismo e desenvolveu un novo realismo, cunha forte intención crítica ata que en 1975 retornou á abstracción xeometrizante. Participou en numerosas exposicións e recibiu, entre outros galardóns, o Gran Premio Internacional da Bienal de São Paulo (1971) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Secretario Xeral de Política Lingüística. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011) e presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) dende 1996 ata o 2002. En 2011 asume a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística e en xaneiro de 2012 foi nomeado Secretario Xeral de Política Lingüística.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios en Vigo. En 1949 trasladouse a París onde estudiou na École Nationale Supérieure de Beaux-Arts e en 1950 traballou en Londres co escultor Frank Dobson. Cunha obra de matices abstractos e xeometrizantes, as súas esculturas posúen valores expresivos en volumes avultados. Residente en Bos Aires, dedicouse á docencia e realizou diversas exposicións con obras de gran formato. Participou nas bienais internacionais de São Paulo, La Habana e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. O éxito do seu drama El trovador (1836) marcou un fito no desenvolvemento do drama romántico castelán e o tema da ópera de Verdi de 1853. Non obstante non tivo continuidade nas súas obras sucesivas: El rey monje (1837) ou Simón Bocanegra (1843), entre outras. Venganza catalana (1864) e Juan Lorenzo (1865) superaron defectos das anteriores e acadaron novos éxitos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pertencente ás Irmandades da Fala, dirixiu publicacións como Azul y blanco e Heraldo de Villalba. A súa poesía foi recollida postumamente en Charetas (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. De tendencia realista, da súa produción destacan Nuevas amistades (Premio Biblioteca Breve 1959), Tormenta de verano (Prix Formentor 1962), El gran momento de Mary Tribune (1972), Gramática parda (1982) e Muñeca y macho (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Catedrático de Pedagoxía en Madrid (1944), foi director do Instituto de Pedagogía San José de Calasanz e do seu órgano, a Revista Española de Pedagogía. Introduciu métodos experimentais e deu un novo acento á dimensión espiritual. Escribiu Pedagogía de lucha ascética (1944), Formulario y tablas de estadística aplicada a la pedagogía (1944), Normas elementales de pedagogía empírica (1946), Principios de pedagogía sistemática (1960), La educación personalizada (1971), La educación en la España del siglo XX (1980), Principios de pedagogía sistemática (1981), Organización y gobierno de Centros Educativos (1986), La práctica de la Educación personalizada (1988), La Educación del estudante en la familia (1990), Educación de la sexualidad (1990) e, conxuntamente con outros autores, La Educación en el nivel primario (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Galicia (1063-1071 e 1072-1073), fillo de Fernando I e de Sancha de León. Formado xunto ao bispo Cresconio na escola da catedral de Santiago de Compostela, recibiu do seu pai o Reino de Galicia, o condado de Portugal e as parias de Badajoz e Sevilla. Tras ser unxido e coroado rei de Galicia (1063), iniciou o seu reinado influenciado polos bispos de Santiago, Cresconio e Gudesteo, e desde o 1069 por un cortesán chamado Vérnula. A influencia destes sobre o monarca e a neutralidade de Galicia no enfrontamento entre os seus irmáns, Afonso VI e Sancho II de Castela, provocou unha crecente oposición dos seus súbditos, que se materializou na sublevación do conde Nuno Menéndez. Tras derrotar os sublevados entre Braga e o Río Cávado (1070), reuniu a nobreza no palacio de Francelos e iniciou unha dura represión, que levou a nobreza galega a solicitar a intervención de Afonso VI e Sancho II. Trala reunión que mantivo en Tui con Afonso VI (febreiro de 1071), trasladouse a Badajoz e no sitio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Castela (970-995), fillo do conde Fernán González. De nome García Fernández, formou no 975 unha coalición cos reis de Navarra e León e cos condes de Monzón e Saldaña co fin de se enfrontar a Almanzor. Tras tomar as fortalezas de Gormaz e Atienza, foron derrotados polos exércitos musulmáns na fortaleza de San Vicente (981). No 995 foi feito prisioneiro por Almanzor e trasladado a Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de León (910-914), fillo de Afonso III o Magno. Tras destronar o seu pai (910), repartiuse cos seus irmáns os seus territorios e recibiu o Reino de León. Durante o seu reinado trasladou a capital do reino a León e repoboou a liña do Douro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (852-882?), fillo de Íñigo I de Pamplona. De nome García I Íñiguez, rompeu a alianza do seu pai cos Banū Qasī e aliouse co rei asturiano Ordoño I (859). Tras avanzar cara ao S nas chairas do Arga e do Aragón, enfrontouse sen éxito ao exército de Mūsà ibn Mūsá Fortun, polo que Pamplona foi devastada e o seu fillo e herdeiro, Fortún Garcés, feito prisioneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarco-sindicalista. En 1922 integrou, con B. Durruti e F. Ascaso, o grupo Los Solidarios de Barcelona. No Congreso Nacional da CNT en Zaragoza (maio de 1936) propuxo a creación dun exército revolucionario. En novembro de 1936 aceptou o cargo de ministro de Xustiza, no goberno de Largo Caballero. Desde 1939 viviu no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Licenciado en Xeografía e Historia (1973) e licenciado (1974) e doutor en Historia da Arte (1979) coa tese La pintura en Galicia durante la Edad Moderna: el siglo XVI, pola que recibiu en 1980 o Premio Extraordinario e o Premio da Deputacion de Pontevedra. Catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea dende 1986. Foi bolseiro da Accademia de Belle Arti de Roma e do Instituto de Investigaciones Estéticas de México. Foi director do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM, 1993-1997) e dende 1996 é vicepresidente do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). As súas investigacións centráronse na arte galega. En 1974 comezaron os seus estudios sobre a pintura galega, especialmente a do Renacemento, entre os que destacan El pintor de Banga (1984), La pintura manierista en Galicia (1986) e Pinturas murais de Galicia (1989). Entre 1984 e 1990 a principal liña de investigación foi o Barroco. Froito destas investigacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Castela (1017-1029), fillo de Sancho I. De nome García II Sánchez, sucedeu a seu pai e gobernou, durante a súa minoría de idade, mediante un consello de rexencia formado por membros da alta nobreza castelá e pola súa tía e abadesa de Covarrubias, Urraca. Este feito foi aproveitado por Afonso V e por Sancho III de Navarra para aumentar a súa influencia en Castela. Trala súa maioría de idade (1026), acordouse o seu casamento con Sancha, irmá de Vermudo III de León, aínda que este enlace non se celebrou ao morrer asasinado pola familia Vela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (925-970) e conde de Aragón (García I), fillo de Sancho I de Pamplona e de Toda. De nome García Sánchez I, casou coa filla do conde de Aragón, Andregoto Galíndez, co que vinculou o condado aragonés ao Reino de Pamplona. Vasalo de ‘Abd al-Ra ḥ mān III durante a rexencia da súa nai, axudou a Ramiro II de León na Batalla de Simancas (939). Trala subida ao trono do califa al-Hakam, enfrontouse a el ao negarse a entregarlle o seu prisioneiro, o conde Fernán González. No 962 asinou unha alianza co rei de León e os condes de Castela e Barcelona contra o califa cordobés, o que provocou sucesivas acometidas musulmanas nas que se perderon varias prazas, como Atienza e Calahorra (968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? -? 1000?) Rei de Pamplona e conde de Aragón (García II 995?-1000?), fillo de Sancho II de Pamplona e de Urraca de Castela. De nome García Sánchez II, aliouse cos condes de Castela contra os musulmáns, polo que sufriu en represalia os ataques de Almanzor (994, 997 e 999).
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1035-1054), fillo de Sancho III de Navarra e de Munia. De nome García Sánchez III, herdou do seu pai Navarra, o País Vasco, La Rioja, a Bureba e os Montes de Oca. Colaborou co seu irmán Fernando I na loita contra Vermudo III de León, a quen derrotaron en Tamarón (1037), e enfrontouse a Ramiro I de Aragón, ao que venceu en Tafalla (1043). A caída do califato de Córdoba permitiulle avanzar cara ao S e recuperar Calahorra (1054). Posteriormente, enfrontouse a Fernando I por unha cuestión fronteiriza e foi derrotado en Atapuerca. Fundou en Nájera o mosteiro de Santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militante anarcosindicalista. Afiliouse durante os anos vinte ao Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita e exerceu como director do voceiro Solidaridad Obrera e como secretario da CRG dende finais de 1923. Foi encarcerado en outubro de 1924 como presunto responsable do asasinato do presidente da patronal ferrolá, Nicasio Pérez. Participou en 1930 no Pacto de Lestrove e, ao iniciarse o período franquista, foi expulsado do seu traballo e pasou varios anos na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Fundador da Agrupación cultural O Sacho, publicou o poemario Ata romper o ceo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO