"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • Indicador das variacións de prezos dos 35 valores máis líquidos entre os que cotizan no mercado continuo das bolsas españolas. Serve como referencia bolsista xeral e como subxacente nos mercados de opcións e futuros sobre índice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito sen deliberación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución española creada en 1979, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, que se ocupa de tarefas de cooperación entre España e os países iberoamericanos. Funciona a través de comisións mixtas que traballan con programas derivados dos Cumios Iberoamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xuvenil de carácter ácrata, organizada en Galicia por militantes da Federación Anarquista Ibérica (FAI), a partir de 1932. Os primeiros grupos xuvenís apareceron na Coruña, Ferrol, Vigo e Santiago de Compostela e, a finais de 1933, funcionou un Comité de Relaciones Regional Galaico na Coruña, que posibilitou un ano despois a creación da Federación Regional Galaica de JJ LL que, na Frente Popular, chegou a integrar arredor de medio millar de militantes. Durante a Segunda República implantáronse en localidades como Lugo, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Viveiro, Ribeira, O Grove, Moaña, Cangas, Marín ou Mugardos. A partir de 1935 tiveron como voceiro oficioso ao quincenario coruñés Brazo y Cerebro, moi influído polos activistas da FAI I. González e A. Furnarakis. Durante a Guerra Civil actuaron desde a clandestinidade tanto en diversos cuarteis do exército nacional da Coruña e Ferrol, tentando sen éxito o amotinamento da tropa, como na organización de fugas por mar. Como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Lesotho (2.828 km2; 349.500 h [estim 1995]). A capital é Leribe (9.595 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe libelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escrito, xeralmente breve, onde se difama algo ou a alguén.

    2. Escritura, no antigo Israel, pola que o marido repudiaba a muller e o matrimonio quedaba disolto. En Roma esixiuse a formalidade escrita a partir da lei Julia de adulteriis (o que non era preciso en Grecia).

    3. Documento que nos ss II-IV precisaban os cristiáns para acreditar que fixeran os sacrificios aos ídolos, e así fuxir das persecucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto, da orde dos odonatos, que presenta dous pares de ás membranosas, con venación complexa, antenas filiformes e curtas, ollos grandes e prominentes e abdome delgado. Tamén se utiliza para denominar a suborde dos anisópteros, que ten as ás anchas na base e adoptan unha posición horizontal cando o animal descansa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos libelúlidos.

    2. Insecto odonato da familia dos libelúlidos.

    3. Familia de insectos odonatos, da suborde dos anisópteros, que comprende individuos de dimensións medias e con coloracións non metálicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: floema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Remixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro publicado polo matemático italiano L. Fibonacci (1202) en que introduce o sistema de numeración árabe, ata entón ignorada en Europa, e pon fin á numeración romana. Ademais, resolve moitos problemas de análise indeterminada, e outros relacionados co comercio, e expón a sucesión que leva o seu nome. Esta obra deu un importante pulo ao desenvolvemento da álxebra e, en xeral, das matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leccionario na liturxia romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leccionario da antiga liturxia visigoda que contiña as lecturas da misa (profecía, apóstolo e evanxeo) e, excepcionalmente, homilías ou lecturas do oficio dominical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de leis realizada no s VII, no Reino Visigodo, por iniciativa de Recesvinto no VIII Concilio de Toledo (653) para unificar a lexislación dos godos e dos hispano-romanos. Dividíase nun título preliminar e 12 libros, subdivididos en 54 títulos e 578 leis. Os diversos elementos que o integran conservan a súa personalidade e a súa indicación de procedencia. Contiña 324 leis procedentes do anterior código godo, denominadas antiquae; 99 leis elaboradas en vida de Khindasvinto, 87 leis propias de Recesvinto, 3 leis de Recaredo, e 2 de Sisebuto. Ocúpase do dereito político, civil, penal e procesual e afecta a algúns aspectos do dereito eclesiástico. Con Ervixio producíronse importantes modificacións nas leis do código, polo que desde esa época pasou a denominarse Código de Ervixio. En Castela o Liber Iudiciorum foi coñecido tamén como o Forum Iudicum ou Lex Visigothorum, satisfixo plenamente as necesidades lexislativas e coexistiu durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manual notarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro litúrxico do antigo rito visigótico que estaba destinado á celebración dos sacramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO