"Iros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 271.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Construída no s XVIII en estilo barroco, consta de planta rectangular cunha soa nave. O arco triunfal é de medio punto. A cuberta realizouse a varias augas, con cuberta de tella curva. A espadana, dobre, remata en pináculos con bóla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xaponés. Formado no marxismo e influído polos escritores simbolistas franceses, as súas novelas, ambientadas no Xapón da posguerra, son antimilitaristas e antiautoritarias. Da súa produción destacan Kurai e (O cadro negro, 1946), Shinkû-chitai (Zona de baleiro, 1952) e Hokai kankaku (Sensación de catástrofe, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Freixo (Samos). O seu cumio acada os 897 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoos, nos ideais sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros desocupados colocáronse en obras públicas pero o seu traballo estivo mal organizado e non foi rendible. A súa disolución en xuño do mesmo ano, ocasionou violentos enfrontamentos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Asorei e Oirós (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 605 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Oleiros, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
GALICIA
Concello da comarca da Coruña, situado ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no O da provincia da Coruña ( 43° 19’ de latitude N e 8° 18’ de lonxitude O). Limita ao N co Océano Atlántico, ao L co concello de Sada, ao S cos de Cambre e Culleredo e ao O co da Coruña e a ría da Coruña, todos eles da comarca da Coruña. Abrangue unha superficie de 43,8 km 2 c unha poboación de 31.694 h (2007), distribuídos nas parroquias de Dexo, Dorneda, Iñás, Liáns, Maianca, Oleiros, Perillo, San Pedro de Nós e Serantes. A súa capital é o lugar do Real, situada na parroquia de Oleiros, localizada a 10 km da cidade da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A topografía é suavemente ondulada, cun dominio litolóxico xistoso, e está incluída dentro da chaira litoral das Mariñas. A superficie ten unha lixeira inclinación desde as pequenas alturas dos montes Morzán (148 m), Castelo (175 m) e Muíño (176 m), que o... -
VER O DETALLE DO TERMO
Título vinculado nun principio ao condado de Quirós, que foi concedido polo Emperador Carlos VI a un tío de Marcos Antonio Bernaldo de Quirós. En Castela, o primeiro conde de Oleiros foi Manuel de Losada Quirós (?-1809) -que casou con Manuela Nicolasa Ozores Espada- e o segundo foi o seu fillo póstumo, Joaquín de Losada Ozores (1809-1870), aínda que non quedou constancia de que utilizara oficialmente o título. En 1920 pediu a súa restitución, Álvaro Losada Fernández, sen éxito e o título quedou vacante.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Carballedo. Ten nave rectangular románica do s XII e presbiterio recto de estilo renacentista. No s XVI reformouse a capela maior e variou a súa planta. Na fachada principal ten dúas arquivoltas e tímpano debuxado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín olivarius ‘oliveira’. Presenta as variantes Oliverio e Oliver. A súa festividade celébrase o 11 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Deza en Prado (Lalín). Posiblemente de orixe medieval, realizouse con laxes de xisto e presenta dous vans. Atópase nun antigo camiño local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
osteoxénese imperfecta.