"Lob" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 251.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino situado en Lobios (Sober). Foi incorporado ao mosteiro de San Paio de Antealtares en 1515 pola confirmación feita polo Papa Xulio II en 1504.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio de monxas beneditinas situado en Lobios (Sober), do que se descoñece a data da súa fundación. Por unha bula do Papa Xulio II de 1504, incorporouse ao mosterio de San Paio de Antealtares. Posuía un couto que no s XVI tiña 33 veciños que pagaban as rendas. Consérvase a igrexa románica dos ss XII e XIII con algún elemento gótico. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. A sancristía é posterior e a espadana é plenamente barroca. A portada principal está formada por catro arquivoltas e sobre ela sitúase unha fiestra enmarcada dentro doutra, con arcos apuntados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que, por mor dunha maldición e por ser o sétimo ou noveno fillo nacido dun casal con descendencia ininterrompida de fillos ou fillas do mesmo sexo, pode nacer coa fada de sufrir unha transformación en lobo ao cumprir unha determinada idade. A maldición pode chegar por procedementos máxicos, ser xerada polos propios pais ou mesmo por vontade do demo se é que a persoa incumpriu algunha promesa feita con el. Para que isto non ocorra o fillo afectado pola fada debe ser apadriñado polo irmán ou irmá máis vellos, segundo se trate de homes ou mulleres. A metamorfose acontece, segundo a crenza popular, pola noite e en lugares despoboados. Os primeiros síntomas da doenza maniféstanse nunha fonda melancolía. Un día determinado o sétimo descendente foxe da casa, pendura a súa roupa nunha árbore á beira dun río, envórcase no chan ou déitase na cama dun animal ou na lama, e adquire a forma dese animal; mesmo é frecuente o caso en que o home adquire fasquía de lobo (ou mesmo de porco, gato, asno,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre de Bohemia da que o nome procede do castelo de Lobkoviče, preto de Praga. En 1459 foron elevados á categoría de señores libres e en 1624 acadaron o rango de príncipes do Sacro Imperio.
-
-
-
Parte saínte dun órgano, dun apéndice ou dunha víscera que está limitada por un profundo corte e destaca pola súa forma redondeada. Os máis importantes son os lobos frontais, parietais, temporais e occipitais do cerebro, o lobo dereito, esquerdo, cadrado e caudal do fígado e os lobos anterior e posterior da hipófise.
-
Parte saínte e arredondada dunha folla ou dun pétalo. Nas plantas cómpre mencionar os lobos das follas dos xeranios e das malvas.
-
lobo polar
Lobo que se forma sobre o polo vexetativo cando comeza a segmentación e que é necesario para o desenvolvemento do mesoderma.
-
-
Pequeno arco circular que se utiliza na decoración e na arquitectura arábiga, románica e gótica.
-
Motivo arquitectónico decorativo que consiste nunha folla ou pétalo vexetal
-
Zona onde a radiación dunha antena é importante ao indicar sobre o diagrama a variación da potencia radiada coa dirección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre Libra, Escorpión, Sextante, Centauro e Compás. O astro principal é á-Lupi, de magnitude visual 2,89, que está situado a unha distancia de 820 anos luz.
-
-
Mamífero carnívoro de cabeza grande e redondeada, cos maseter moi desenvolvidos, orellas curtas e triangulares, pescozo robusto e patas lixeiramente fendidas. A pelaxe é gris parda, máis escura no pescozo, no lombo e na cola. As meixelas son brancas e, os ibéricos, presentan unha liña escura nas patas anteriores que pode chegar ao peito. Miden 100-140 cm de corpo-cabeza e 30-50 cm de cola, aínda que os machos son lixeiramente maiores ca as femias, e pesan entre 32 e 46 Kg os machos e entre 28 e 38 Kg as femias. O lobo é un carnívoro social que vive en mandas xerarquizadas, que se compoñen dunha parella reprodutora e as súas crías de varios anos. As mandas ocupan territorios de entre 100 e 500 Km 2 , que delimitan mediante unha marcaxe olfactiva (excrementos e ouriños) e ouveando, en que viven entre cinco e dez exemplares. Adoita ser nocturno para evitar o contacto co home, é moi adaptable, ten unha gran capacidade de colonización e o celo prodúcese entre xaneiro e abril. É esencialmente...
-
-
Figura que se distingue da do zorro polo feito de que leva o rabo erguido. Xeralmente represéntase pasante ou correndo. Tamén adoita aparecer espelicado e pintado de goles.
-
lobo cerval
Animal fabuloso con cabeza de lince posto de cara coas orellas dereitas, corpo de panteira e manchas e cola de gato de cor escura.
-
-
Gancho de ferro que se emprega polos sitiados para defenderse dos ataques con arietes.
-
coiote.
-
Mamífero carnívoro que mide entre 145-200 cm de lonxitude e pesa ata 100 Kg, sendo as femias de menor peso ca os machos. A pel é gris, castaña ou amarelada, salpicada por pequenas manchas. A cabeza é grande e redondeada, o fociño curto e ten as extremidades adaptadas á vida acuática, onde se desenvolve mellor ca terra, e polo que se despraza impulsándose coas extremidades anteriores. Aliméntase principalmente de peixes, dalgúns cefalópodos e crustráceos, e habita nas costas do Atlántico e do Pacífico N. En Europa está distribuído desde as costas de Portugal ata Islandia, ocupa zonas de augas pouco profundas e pode chegar a remontar algún río. Na Península ibérica, é a segunda especie con máis rexistros despois da foca cinsenta (Halichoerus gripus), procedendo estes principalmente das costas galegas e portuguesas. O seu principal depredador é o home, que o captura polo interese da súa pel, e porque comen peixes de importancia comercial, como o salmón.
-
Mamífero marsupial de 1-1,5 m de lonxitude, e 60 cm de cola, ríxida e rematada en punta. Ten un aspecto similar ao lobo pequeno, pero co corpo menos alongado, as patas máis curtas e o pelo pardo e curto con bandas negras no lombo. O último exemplar vivo é de 1933, polo que se cre que está extinto. Habitaba en Tasmania e a súa extinción puido deberse á competencia cos dingos e os cans, porque foi cazado por pastores de ovellas para evitar que mataran o seu gando ou tamén puido influir a destrución do seu hábitat. Intentouse criar en catividade, pero non se conseguiu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de illotes graníticos situados na costa dos concellos de Oia e Baiona que son unha prolongación de cabo Silleiro. Están desprovistos de vexetación.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Las Vegas del Guadiana (2.650 h [2001]). A agricultura de regadío desenvolveuse grazas á canle de Lobón, e destacan os cultivos de cereais, legumes, algodón, tabaco, hortalizas, viña e oliveiras. Posúe gandería e fábricas de elaboración de aceites e fariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pseudopodio dixitiforme e lobulado propio de certos protozoos como as amebas.
-
Pé dos onicóforos.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Filgueira (Lalín). O seu cumio acada os 762 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Torible (Lugo). O seu cumio acada os 601 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Ábedes e Cabreiroá (Verín). O seu cumio acada os 601 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sección cirúrxica dun lobo.
-
Técnica en desuso que consistía en seccionar as fibras nerviosas que unen a cortiza cerebral prefrontal coas formacións nerviosas da base do cerebro, co fin de corrixir certos trastornos mentais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é escuro ou sombrizo, polo que provoca tristura ou mesmo medo.
-
PRAIAS
Praia da ribeira dereita da ría de Arousa, situada entre as puntas de Leixón e Porto, na parroquia de Cespón (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicopedagogo. As súas liñas de traballo céntranse na inadaptación infantil, no fracaso escolar e na sexoloxía da mocidade. Das súas obras destacan La pédagogie institutionnelle (1965), La libération sexuelle (1975), Pour ou contre l’autorité (1973), Priorité à l’ éducation (1973), La psychanalyse (1995), Les pédagogies autogestionnaires (1995) e L’aventure humaine (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten lobos.
-
Que está dividido en lobos.
-
Que ten forma de lobo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao lobo ou ao lóbulo.