1 lobo

1 lobo

(

    1. s m [ANAT]

      Parte saínte dun órgano, dun apéndice ou dunha víscera que está limitada por un profundo corte e destaca pola súa forma redondeada. Os máis importantes son os lobos frontais, parietais, temporais e occipitais do cerebro, o lobo dereito, esquerdo, cadrado e caudal do fígado e os lobos anterior e posterior da hipófise.

    2. s m [BOT]

      Parte saínte e arredondada dunha folla ou dun pétalo. Nas plantas cómpre mencionar os lobos das follas dos xeranios e das malvas.

    3. lobo polar [BIOL]

      Lobo que se forma sobre o polo vexetativo cando comeza a segmentación e que é necesario para o desenvolvemento do mesoderma.

  1. s m

    Pequeno arco circular que se utiliza na decoración e na arquitectura arábiga, románica e gótica.

  2. s m [ARQUIT]

    Motivo arquitectónico decorativo que consiste nunha folla ou pétalo vexetal

  3. s m [COMUN]

    Zona onde a radiación dunha antena é importante ao indicar sobre o diagrama a variación da potencia radiada coa dirección.