"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as propiedades das drogas e os seus efectos sobre os organismos vivos. Estudia todas aquelas substancias que modifican as estruturas e as funcións da materia viva a todos os niveis de organización. A farmacoloxía pódese dividir en dúas ramas, a cualitativa e a cuantitativa. A farmacoloxía cualitativa ten como obxecto descubrir a acción e as propiedades das drogas sobre as estruturas, células, órganos, organismos, aparatos, etc. A busca destas actividades, mediante tests específicos, denomínase screening. A farmacoloxía cuantitativa establece a relación efecto-dose. As substancias farmacolóxicas teñen que experimentarse antes de chegar aos medicamentos que se empregan na curación das enfermidades humanas, dos animais ou dos vexetais, e este é o campo da farmacoloxía clínica, que se refire aos efectos das drogas que se empregan como tratamento de enfermidades, de cómo actúan, cáles son os mecanismos de acción, o metabolismo, a toxicidade, as indicacións terapéuticas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da ecoloxía que estudia as relacións entre os factores climáticos e as manifestacións estacionais ou periódicas dos organismos (xemación, floración, frutificación, caída de follas, migracións de aves, hibernación de mamíferos, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente filosófica que estudia os fenómenos e que mantén que o obxecto da filosofía é a captación intelectual das esencias das cousas. Considera a realidade como algo esencialmente relativo ou subxectivo, a diferenza dos positivistas ou da filosofía científica. Xurdiu como unha teoría do coñecemento pero derivou co paso do tempo cara a unha forma de idealismo. O primeiro en falar da fenomenoloxía do espírito, como a metamorfose da propia conciencia en itinerario cara ao saber absoluto, foi G. W. F. Hegel. Mais, foi coa obra de E. Husserl cando se desenvolveu como a ciencia que leva a cabo unha volta ou retorno ás cousas mesmas. M. Merleau-Ponty describiu a filosofía fenomenolóxica ou existencial como unha tarefa, non para explicar o mundo, senón para formular unha experiencia do mundo que preceda a todo pensamento sobre el. Trala Segunda Guerra Mundial converteuse nunha corrente filosófica de grande importancia e foi cultivada, entre outros filósofos existencialistas, por M. Heidegger...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que estudia as algas. O estudo das algas divídese en tres especialidades diferentes, o das algas continentais, tanto de auga doce como salobre, o das algas mariñas macroscópicas e o do fitoplancto mariño. O estudo das algas mariñas macroscópicas arranca da obra do francés J. Lamoroux e, sobre todo, da do sueco K. A. Agardh. O estudo do plancto mariño parte da obra de Ch. G. Ehrenberg. O das algas de auga doce comeza coa obra de J. P. E. Vaucher e de J. B. Bory de Saint-Vicent, e chegou á madurez coa obra de F. T. Kützing. As bases da taxonomía moderna expuxéronas G. L. Rabenhorst e, sobre todo, A. Pascher.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio científico do cine e da súa influencia sobre a vida social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia encargada de fixar, restaurar e comentar textos literarios, segundo a acepción clásica. Na súa versión máis ampla, o obxectivo final é coñecer as civilizacións pasadas a través dos documentos escritos que estas transmitiron, e que permiten comprender e explicar as correspondentes sociedades. Non obstante , na época contemporánea os seus obxectivos ampliáronse sensiblemente. Nesta acepción, a filoloxía ocúpase do estudo da linguaxe e mais da lingua, a literatura e as demais manifestacións da cultura dun determinado pobo, fundamentalmente a través dos textos escritos. Existe unha área común entre a filoloxía e outras ciencias, sobre todo a arqueoloxía e a lingüística. No que se refire á arqueoloxía, a diferenza radica en que esta última utiliza como material de traballo os vestixios materiais, mentres a filoloxía emprega sobre todo os testemuños escritos, e polo tanto converteuse en disciplina complementaria da historia, do mesmo xeito ca a epigrafía, a numismática, a codicoloxía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que se desenvolveu durante o primeiro período da Ilustración, que relaciona a perfección do mundo coa existencia de Deus.
-
-
Ciencia que estudia os fenómenos funcionais e os procesos vitais dos organismos animais (fisioloxía animal) ou dos vexetais (fisioloxía vexetal), e trata de establecer as leis que os regulan e os rexen.
-
Fisioloxía que se aplica aos animais en xeral. No caso particular en que o obxecto de estudio é o ser humano recibe o nome de fisioloxía humana. Como ciencia desenvolveuse a partir do s XVII, aínda que xa existían descricións do funcionamento dos organismos en textos médicos exipcios, babilónicos, árabes e asirios. Historicamente, a primeira vez que apareceu esta palabra foi no tratado De naturali parte medicinae (1542), de J. Fernel. Os estudios de A. Vesalius indicaron o comezo dunha anatomía moderna e contribuíron a favorecer as investigacións fisiolóxicas. M. Servet descubriu a circulación menor do sangue, e G. Fallopio estudiou o sistema nervioso e o aparato reprodutor. No s XVII xa existían tratados de fisioloxía que explicaban os coñecementos sobre a dinámica dos músculos, o funcionamento dos sentidos e os procesos dixestivos e respiratorios. W. Harvey interpretou a circulación do sangue e o papel do corazón e dos movementos cardíacos e creou a fisioloxía comparada. No s...
-
Parte da fisioloxía que estudia as funcións da célula, polo que investiga as características básicas comúns aos seres vivos.
-
Parte da fisioloxía que estudia unha determinada función orgánica comparativamente ao longo de toda a filoxénese. Integra e coordina as relacións funcionais e tenta atopar os camiños polos que os diferentes animais, con estruturas, necesidades e estratexias moi diferentes, solucionan a realización de funcións similares. A fisioloxía comparada é a historia fisiolóxica da evolución dos diferentes sistemas funcionais.
-
Disciplina que estudia as funcións dos organismos a nivel de ecosistema, investigando no plano fisiolóxico o porqué das necesarias adaptacións a medios variables.
-
Disciplina que estudia a resposta adaptativa do animal fronte a estímulos ambientais e axuda a coñecer os mecanismos polos que se determina o comportamento.
-
Ciencia que estudia as funcións alteradas dun organismo enfermo. Tamén recibe o nome de fisiopatoloxía.
-
Parte da fisioloxía que ten como obxecto de estudo os organismos vexetais. Considera principalmente os fenómenos de crecemento, o metabolismo e as interaccións co medio e os outros organismos: pode abarcar tamén aspectos especiais, comparados ou patolóxicos. Non ten un límite establecido coa bioquímica e relaciónase intimamente coas ciencias morfolóxicas (anatomía, citoloxía) polos lazos existentes entre forma e función. Constituíuse como ciencia no s XVIII coa obra de S. Hales Vegetable Staticks (1727), na que examina o crecemento das plantas, a perda de auga por evaporación e outros fenómenos. A finais do s XVIII destacou J. Ingenhousz, quen demostrou que as plantas verdes absorben dióxido de carbono e desprenden osíxeno durante a fase luminosa do día. No s XIX fixéronse estudios referentes á fotosíntese, á ósmose, á nutrición mineral, ao crecemento, etc. No s XX comezaron os estudios referentes á fotoperiodicidade, aos enzimas e aos procesos bioquímicos da fotosíntese. En 1937...
-
Disciplina científica que ten moitos puntos en común coa fisioloxía celular, pero que traballa nun nivel de integración superior. Estudia os mecanismos enzimáticos, a creación e a liberación de enerxía, os problemas do metabolismo intermediario, a regulación bioquímica, enzimática e hormonal, etc, no organismo considerado como un todo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que estudia as comunidades vexetais que se tipifican en asociacións, e as súas relacións co ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía vexetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estudia os vexetais, coñecida comunmente como botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paleobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as enfermidades das plantas. Xeralmente, a fitopatoloxía restrinxe o seu campo ás enfermidades que causan os virus, os parasitos vexetais (bacterias, fungos ou plantas superiores), os nematodos e os factores ambientais, e deixa para a entomoloxía e a zooloxía aplicadas as enfermidades causadas por artrópodos, moluscos e vertebrados. O nacemento da fitopatoloxía como ciencia tivo lugar na primeira metade do s XIX, grazas ao desenvolvemento da micoloxía e da entomoloxía e ás primeiras probas de control químico. No ano 1807 J. L. Prévost probou conclusivamente que a carie do trigo se debía a un fungo, Tilletia tritici, que produce unhas esporas que se podían destruír pola acción do sulfato de cobre. Os traballos de H. A. de Bary e doutros destacados fitopatólogos da segunda metade do s XIX levaron ao descubrimento das bacterias como parasitos vexetais. No ano 1898 M. W. Beijerinck identificou o axente do mosaico do tabaco como unha entidade infecciosa diferente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
fitocenoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da lingüística que se ocupa de estudar a compoñente fónica das linguas, é dicir, o uso lingüístico dos sons. Este termo empezou a utilizarse no s XIX para designar o estudo dos sons lingüísticos (equivalente á fonética lingüística), pero a partir de principios do s XX tomou un sentido máis especializado. A fonoloxía foi a disciplina que aplicou e desenvolveu con maior rapidez e éxito as ideas do estruturalismo lingüístico, sobre todo grazas aos traballos do Círculo Língüístico de Praga. Utilizando os criterios de conmutación e oposición, a teoría fonolóxica de Nikolaj S. Trubeckoj (Grundzüge der Phonologie, 1939) permite identificar os fonemas de cada lingua e establecer a rede de oposicións que forma con todos os outros fonemas que poden aparecer na súa mesma posición e contexto. Esta perspectiva tivo continuidade en Europa, coa chamada fonoloxía funcional. A partir dos mesmos conceptos básicos, Roman Jakobson desenvolveu unha fonoloxía máis centrada no estudo dos trazos distintivos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos que permiten obter, a partir das fotografías aéreas, datos sobre a xeoloxía dunha rexión (estereofotogrametría, fotogrametría). As fotografías aéreas mostran, en ocasións, detalles xeolóxicos difíciles de detectar sobre o terreo e son empregadas para facer cartografías xeolóxicas de zonas pouco accesibles. Para a interpretación dos fenómenos xeolóxicos a grande escala utilízanse fotografías realizadas dende satélites.
-
-
Conxunto de modos de expresión característicos dunha lingua, dunha época, dunha actividade, dun grupo ou dunha persoa.
-
Maneira peculiar en que un individuo, grupo ou lingua constrúe e ordena as oracións.
-
Conxunto de expresións fixas, como frases feitas, refráns e modismos, dunha lingua ou fala. En Galicia, os primeiros traballos fraseolóxicos recóllense en obras que non son especificamente fraseolóxicas, como poden ser vocabularios, dicionarios e gramáticas, e son produto do esforzo individual e do interese persoal dos seus autores. A falta de normalización da lingua galega fixo que ata o s XVIII non aparecesen as primeiras achegas á fraseoloxía galega: o traballo do Padre Sobreira (Papeletas de un Dicionario Gallego) e os de frei Martín Sarmiento (Colección de voces y frases gallegas, Catálogo de voces y frases de la lengua gallega e Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables), publicados todos eles por X. L. Pensado no s XX. No s XIX cómpre destacar o labor de Manuel Leiras Pulpeiro, primeiro en recoller sistematicamente frases feitas; o Compendio de gramática-gallega-castellana (1864), de Francisco Mirás, con...
-